Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria fomos de excursión aos muíños de Porto en Vilameán. Alí vimos como funciona un muíño, centrándonos así no PROXECTO DO MILLO, e como os grans de millo se convertían en fariña.
Logo, fomos a pasear e a merendar ao Monte Tetón, onde vimos PETROGLIFOS.
Pasámolo con moita calor pero, divertímonos moito!
Saída 1º ciclo Muíños e Monte Tetón from ceip sobrada on Vimeo.
viernes, 26 de abril de 2013
Campionato provincial de BÁDMINTON en Tomiño
O día 27 de abril terá lugar no Pavillón Municipal de Tomiño o campionato provincial de Bádminton no que participarán os mellores xogadores de toda a provincia, das categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete; tanto femenina coma masculina. Entre eles, van tres nen@s do noso cole que resultaran clasificados.
ÁNIMO E SORTE PARA TOD@S ELES!
A xornada terá lugar en horario de 10.00 a 20:30 horas e os participantes comerán alí coa comida que lle facilitará a organización.
Tedes máis información na páxina de AGRUDEBAM.

Etiquetas:
E.Fisica,
Ed. Física
martes, 16 de abril de 2013
SEMANA DA DEGUSTACIÓN DE COMIDAS
Do 19 ao 22 de marzo tivemos a SEMANA DA DEGUSTACIÓN DE COMIDAS no noso cole. Cada ciclo encargábase de preparar para o resto do cole alimentos que no recreo iamos comer.
DEGUSTACIÓN IOGUR from ceip sobrada on Vimeo.
BOCATAS QUEIXO E MARMELO from ceip sobrada on Vimeo.
BROCHETAS from ceip sobrada on Vimeo.
Os nen@s de Infantil fixeron IOGUR, que podiamos acompañar de cereais ou froitos secos, os de 1º ciclo BOCATAS DE QUEIXO E MARMELO, os de 2º ciclo ENSALADAS e os de 3º ciclo BROCHETAS DE FROITAS VARIADAS.
TODO TIÑA BOA PINTA E ESTABA RIQUÍSIMO!
AGRADECER AO SUPERMERCADOS FROIZ DE TUI DA RÚA CASAL ABOY POLA SÚA COLABORACIÓN!
DEGUSTACIÓN IOGUR from ceip sobrada on Vimeo.
BOCATAS QUEIXO E MARMELO from ceip sobrada on Vimeo.
SEMANA DEGUSTACIÓN COMIDAS - ENSALADAS - 2º CICLO from ceip sobrada on Vimeo.
BROCHETAS from ceip sobrada on Vimeo.
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
3º ciclo,
Xornadas Culturais 2013
lunes, 15 de abril de 2013
Comenza o tenis de mesa
O pavillón de Sobrada acollerá unha vez mais a competición de tenis de mesa que se vai a desenvolver durante os días 17 e 24 de abril e o 8 de maio.Poderás seguir os resultados na páxina da agrupación deportiva do Baixo Miño www.agrudebam.es
Agardamos que se sexan estas, unhas animadas xornadas deportivas para todos e todas e ANIMO CAMPIÓNS!
E seguimos a facer deporte! Carreira de San Telmo
O pasado domingo día 7 de abril, celebrouse en Tui a tradicional carreira de San Telmo. O alumnado do centro amosou unha grande deportividade ademáis de tesón e esforzo personal, xa que o día non estaba moi agradable para correr.
Ademáis, nas distintas categorías, quedaron moi ben clasificados, aínda que xa saibamos que o importante é participar e pasalo ben. Vos deixamos unha pequena montaxe coas fotos que tiñamos.
ÁNIMO E ATA OUTRA CARREIRA!
Carreira San Telmo 2013 from Esperanza Vázquez López on Vimeo.
resultados das carreiras
E para non perder a forma pronto haberá outra carreira na zona, esta vez será en Salceda de Caselas o domingo 6 de maio, aquí atoparedes toda a información.Ó igual que na carreira de San Telmo, o Centro colabora na inscricción. I CARREIRA CONCELLO DE SALCEDA
miércoles, 10 de abril de 2013
CARREIRA VACACIÓNS EN PAZ
Aquí vos deixamos un video coas fotos da carreira que tivo lugar en febreiro e que como xa dixeramos nunha entrada anterior, o noso cole conseguira recadar 658,14 euros para nen@s saharauis.
CARREIRA SOLIDARIA VACACIÓNS EN PAZ from Agrupación Baixomiño on Vimeo.
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
3º ciclo,
ANPA,
Ed. Física
domingo, 7 de abril de 2013
7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Dende 1948, o Día Mundial da Saúde vense celebrando cada 7 de abril. Todos os anos elíxese para esta xornada un tema de saúde específico a fin de destacar un área prioritaria de interese para a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE (O.M.S.)
Este día brinda unha oportunidade de ámbito mundial para centrar a atención en importantes cuestións de saúde pública que afectan á comunidade internacional.
Durante este día, centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
A saúde debe ser unha compañeira máis no día a día, esa persoa coa que tamén convivimos e á que hai que mimar
constantemente. Fundamentalmente porque dela depende a nosa vida.
Pero isto, a grande parte das veces, non é así. Por iso, unha vez ao ano, celebrase o Día Mundial da Saúde, para promover conciencias, e
cada año cun tema central. Nesta ocasión, o tema é a HIPERTENSIÓN.
A hipertensión, tamén coñecida como a "tensión arterial alta", aumenta o risco de infartos de miocardio, accidentes cerebrovasculares e insuficiencia renal.
Un de cada tres adultos do mundo padece hipertensión. Esa proporción aumenta coa idade.
Por én, a hipertensión pódese previr e tratar. O risco de padecela pódese reducir:
Un de cada tres adultos do mundo padece hipertensión. Esa proporción aumenta coa idade.
Por én, a hipertensión pódese previr e tratar. O risco de padecela pódese reducir:
- diminuíndo o sal
- seguindo unha dieta equilibrada
- evitando o uso nocivo de alcol
- facendo exercicio con regularidade
- mantendo un peso saudable
- evitando o consumo de tabaco.
miércoles, 3 de abril de 2013
MATRÍCULA 2013-2014
Para ver mellor as imaxes facede clic enriba delas.
Se queredes descargar o impreso de admisión podedes facelo facendo clic AQUÍ
martes, 2 de abril de 2013
DÍA MUNDIAL SOBRE A CONCIENCIA DO AUTISMO
A asamblea xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo", para poñer de relevo a necesidade de axudar a mellorar as condicións de vida dos nenos e adultos que sufren este trastorno.
A nosa ANPA quixo lembrar este día decorando o colexio con globos azuis.
Non deixedes de ver este fermoso conto proposto polo noso equipo de biblioteca e Normalización lingüística.
Etiquetas:
ANPA,
Conmemoracións 2013
lunes, 1 de abril de 2013
EDUCACIÓN!!
Invitarvos a ver un vídeo de youtube no que se observa o que fan algúns cativos para poder ir a escola. Un "Dereito" recollido na "Declaración Universal dos Dereitos Humáns" como un DEREITO FUNDAMENTAL de todo individuo.
Como non me deixa cargalo vos deixo o enlace. Titúlase "Os nenos do cable" http://www.youtube.com/watch?v=qfuDTwanjaw
Como non me deixa cargalo vos deixo o enlace. Titúlase "Os nenos do cable" http://www.youtube.com/watch?v=qfuDTwanjaw
1 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
Hoxe máis que nunca defendamos unha Educación Pública e de Calidade de tod@s e para tod@s.
viernes, 22 de marzo de 2013
SAÍDA AO VIVEIRO
O pasado 15 de marzo, os nenos e nenas de 1º ciclo fomos de excursión. Fomos ao VIVEIRO VIDAPLAN. Antes de ir, os nenos e nenas de 1º e 2º Primaria chamaron ao propio viveiro para acordar o día que podiamos e encargar o material para facer a nosa plantación no cole.
Coñeceron o viveiro e mercaron eles mesmos as plantas (alegrías, petunias e xeranios), terra e macetas. Logo, nesta semana fixemos a plantación. No 3º trimestre centrarémonos na observación e rexistro da plantación que fixemos.
Só tedes que ver o vídeo coas fotos da chamada, da saída e da plantación!

VIVEIRO from ceip sobrada on Vimeo.
jueves, 21 de marzo de 2013
RECEITAS CON MILLO: AREPAS
Outra visita que tivemos a sorte de recibir os peques de Infantil foi a de ROBERTO, o papá de ALEXIA, de 4 anos, que viu a facer AREPAS! Trátase dun prato típico de Venezuela: unhas tortas feitas con fariña de millo blanco que están de vicio! Pódense acompañar de fiambre, carne, ensalada...O que queiramos!! Que boa pinta tiñan! Os peques de Infantil non deixaron nin as migas!!!
GRACIÑAS, ROBERTO, POR VIVIR ESTA EXPERIENCIA CON NÓS!
AREPAS from ceip sobrada on Vimeo.
RECEITAS CON MILLO: POLENTA
Neste mes de marzo, como os peques de Infantil estamos estudando o MILLO, recibimos a visita dalgúns familiares que nos veñen a facer receitas con este cereal. O día 8 de marzo viu a mamá de ALBA e IRIA, de 3 e 4 anos respectivamente, a facer unha receita especial: POLENTA: Un prato orixinario do norte de Italia moi difundido na Arxentina. Resultou unha experiencia moi proveitosa para nós xa que moleu o millo na clase e vímolo converterse en fariña! Que maxia! Despois ensinounos os pasos para facer a POLENTA: Unha especie de puré feito con sémola de millo, caldo, tomate e queixo. Estaba riquísimo!!
MIL GRAZAS, ANA, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA!
POLENTA from ceip sobrada on Vimeo.
miércoles, 20 de marzo de 2013
PEQUECONTADORES DE HISTORIAS: OS ANIMAIS FANTÁSTICOS
Alejandro Gonzalez Jimenez
Curso: 5º
Érase unha vez un planeta chamado Mátrix. Tiña moitos animais de distintas especies chamadas: Flores. Esta flor cómese aos invasores e alimenta a outras que viven no país das flores. Golen: Están feitos de neve e se protexen uns a outros do fogo. FuegoLobos: viven no país da neve e se divirten queimando cousas que viven no país do fogo.
Pero un día foron atacados por Tormenta o animal máis perigoso de todos.
E lles dixo: Obedecédeme e non vos pasará nada.
Pero houbo un animal que non lle rendía homenaxe chamado Músculo.
Estes dous; Tormenta e Músculo enfrentáronse e despois dunha feroz loita Músculo conseguiu gañar e recuperar a paz que antes tiñan no seu planeta chamado Mátrix.
AS TRES RATAS E O GATO
Autores:
Alexia Durán Diz
Christian Macedo Carnero
Andrés García Martínez
Ángel Calzado Barreiro
Érase una vez tres ratas llamadas Andrés, Alexia y Christian.
Vivían en sus casitas en un callejón. Andrés era el más vago y vivía en una caja de zapatos. Christian no era ni vago ni muy trabajador y vivía en un agujero que había decorado a su gusto. Alexia era la más trabajadora que vivía en una casita de cartón muy duro que habia echo ella misma. Pero un día las ratas descubrieron que vivía un gato callejero llamado Ángel en el mismo callejón. Las ratas pensaron: "y si nos come, ¿qué haremos?".
Un día alguien tocó a la puerta de Andrés. Era el gato. Andrés le abrió y le dijó el gato: "!te voy a comer!" y entonces él se escapó por un agujero de la caja y corriendo llegó a la casa de Christian . El gato volvió a tocar la puerta, abrieron y les dijo el gato a Christian y a Andrés "!os voy a desayunar con galletas y leche!". Como se asustaron mucho se escaparon por la ventana y fueron a casa de Alexia. Cuando volvió a llamar en la puerta era el gato Ángel. Alexia no le abrió entonces se marchó con la barriga vacía y con las tripas haciendo ruidos muy agudos. Desde entonces nunca más les volvío a molestar, y vivíeron felices y comieron perdices.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)