Mostrando entradas con la etiqueta E.F.18/19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E.F.18/19. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de junio de 2019

TURONIA 2019

E un ano máis... chegou o Turonia! Esa actividade que nos permite convivir con nenos doutros centros; que nos convida a axudar, a aprender, a observar e pensar dun xeito diferente, desfrutando do noso entorno. E coma vimos facendo noutras edicións, as protagonistas seguen a ser as rutas a pé e en bicicleta, a través das que imos descubrindo e valorando toda esa riqueza que agocha o noso concello. 

Detrás deste proxecto atopamos a vontade e dedicación de moitas persoas e entidades ás que nos mostramos moi agradecidos: profesorado, expertos en distintas materias (Jesús, Jose, María, Alfonso...) cociñeiros, Concello de Tomiño , Anpas, Comunidades de montes, Protección Civil, panadería Currás, bar la Picadita, fiambres Argal y Tamuche e Auga Disgobe.


martes, 23 de abril de 2019

ENTREVISTA ÓS IRMÁNS RODRÍGUEZ HUERTAS.

Iria, Uxía e Roi, os irmáns Rodríguez Huertas,  exalumnos do cole; foron entrevistados recentemente polo xornal Atlantico de Vigo polos seus logros deportivos, que non son poucos. Como fieles seguidores das vosas traxectorias deportivas, alegrámonos moito dos vosos éxitos.


jueves, 4 de abril de 2019

TORNEO ESCOLAR ERGÓMETRO. VILANOVA DE CERVEIRA

Varios alumnos do cole lograron clasificarse para participar no Torneo Escolar Remo Indoor- Torneo da Amizade que reuníu a 100 xovenes nados entre o 2001 e 2008, os tres mellores resultados de Vinanova de Cerveira e  de Tomiño por idade e xénero. Toda unha grande experiencia que viviron os nosos alumnos que fomentou o achegamento  entre os escolares de ambos lados da fronteira. 

Participarón Gisela e Irene, categoría feminina nados  no 2008; Adrián, Fabián e Antonio categoría masculina 2008  e Yeray e Matteo categoría masculina nados 2007.


Matteo e Yeray no podio categoría nados 2007

Adrián no podio categoría nados no 2008

Noraboa pola vosa participación, animación, esforzo e polos vosos podios.

lunes, 1 de abril de 2019

TENIS DE MESA

O 27 de marzo comenzamos coa actividade de tenis de mesa que se desenvolve no pavillón de Sobrada.Participan colexios da zona do Baixomiño dende a categoría benxamín ata a categoría cadete. As dúas primeiras xornadas serán clasificatorias para a final que se celebrará o mércores 3 de abril.

viernes, 8 de marzo de 2019

CONVIVIR DEPORTIVO. RADIO GALEGA

O xoves 8 de marzo  a radio galega adicou o seu programa, Convivir Deportivo a Agrupación Deportiva Baixo Miño dirixido por Alfonso Pardo.
Emitíuse dende o auditorio de Goián, e alí estivemos presentes, como participantes ou organizadores. Falamos da historia da Agrupación, as actividades que realizamos durante o ano, e os proxectos para o futuro.
Tamén participaron deportistas, e persoas vinculadas coa nosa Agrupación.
Non te perdas o programa, que se emite na radio galega na mañá do sábado.

lunes, 19 de noviembre de 2018

APLAZADO CAMPO A TRAVÉS DO ROSAL

Informamos de que o cross escolar que estaba anunciado para o día 24 de novembro, queda aprazado en previsión da mala climatoloxía que se espera para este día. Comunicaremos a través do alumnado a nova data na que se celebrará este cross.

O vindeiro sábado celebraremos outra proba de cross desta vez participarán as categorías benxamíns nenos nados no ano 2010 ata a categoría cadete nenos/as nados no ano 2005. Será en Tabagón  a ubicación do circuito poderedela atopar na seguinte direción web de agrudebam


CAMPO A TRAVÉS DE GUILLAREI

O pasado 16 de novembro participamos na primeira edición de campo a través por equipos  nos niveis de 2º e 3º de primaria.
Guillarei foi o escenario que acolleu ós escolares de Tomiño, Tui e Salceda.
Pola implicación dos nenos e nenas do cole a experiencia foi moi positiva; todos correron con gañas para axudar  co seu posto a súa clase e  chegaron moi ben situados!. Pronto poderemos consultar as clasificacións finais na páxina  web agrudebam.

                VIDEO (agrudebam)   FOTOS ( agrudebam)