Mostrando entradas con la etiqueta Normalización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Normalización. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de marzo de 2016

CURUXO ANDA A AXEXAR

Ola!!! 
Son o trasno Curuxo.
Levo tempo con vós e non me perdo ningunha das actividades que se fan no colexio: obradoiros,patios,clases... pero nas que mellor o paso é nas CELEBRACIÓNS como por exemplo "O ENTROIDO".
 Mirade se me atopades! 
Abride ben os ollos! 
De seguro que estou! 
Unha aperta do trasno 
 CURUXO






martes, 3 de marzo de 2015

O TEMPO DE OCIO E LECER


 Durante o primeiro trimestre deste curso, nos talleres "O TESOURO DA INFORMACIÓN" e "O PRACER DE MIRAR E DE CREAR", os nenos e nenas levaron a cabo un proxecto relacionado co tema transversal da escola neste ano académico "O TEMPO DE OCIO E DE LECER".

Buscaron información sobre cales eran os entretenementos antes e agora, nas vilas e nas cidaes, as coleccións, os xogos, os parques, os lugares de reunión...
Bueno, o mellor é que vexades este video con imaxes de todo o proceso e os resultados.

Tamén podedes visitar a nosa exposición no primeiro andar do colexio, ou pedirnos que vos demos unha conferencia sobre o aprendido!

Esperamos que vos guste.

domingo, 27 de abril de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Xa non queda nada para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano.
Aquí vos deixamos algúns recursos sobre o autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro. 
Non vos esquezades de que hai uns enlaces con máis recursos na columna da dereita, arriba.



jueves, 13 de febrero de 2014

XA CHEGA O ENTROIDO

Xa chega o Entroido!!!


Todo o colexio xa está a preparar os seus disfraces que porán en escea o día do desfile de Entroido, o vindeiro venres 28 de febreiro.

Mentras tanto, aquí podedes atopar información sobre o Entroido tradicional galego e tamén algúns recursos educativos.









RECURSOS DIDÁCTICOS









miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITANDO CELSO EMILIO FERREIRO

Co gallo do centenario de Celso Emilio Ferreiro, o 12 do 12 do 2012 e ás 12 horas, o alumnado do noso cole homenaxeou ó escritor galego recitando.




CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO from ceip sobrada on Vimeo.

martes, 15 de mayo de 2012

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro xoves, día 17 de Maio, festexamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Esta celebración foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e polo seu compromiso na defensa do noso idioma.
Elixiuse esta data, o 17 de Maio, porque tal día coma ese, no ano 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural do galego.
Como sabedes, este ano homanaxeamos a un autor pontevedrés: VALENTÍN PAZ ANDRADE, un home loitador, defensor a ultranza dos seus ideais, que contribuiu enormemente á modernización do xornalismo en Galicia.
Para coñecer mellor a este autor, aquí vos deixamos os carteis que, sobre a súa traxectoria, elaborou o alumnado do cole e unha presentación confeccionada con eses mesmos carteis acompañados da interpretación de cada un deles para entender mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade:


miércoles, 11 de abril de 2012

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis, achegámonos ao DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de Maio), unha data instituída dende o ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa da lingua galega.
Este ano, o autor homenaxeado é VALENTÍN PAZ ANDRADE, do que vos deixamos unha serie de ligazóns e recursos de interese para coñecer mellor a súa vida e obra:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - GALIPEDIA
HISTORIA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - GALICIA DIXITAL
VALENTÍN PAZ ANDRADE - GALIPEDIA
BIOGRAFÍA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE
VALENTÍN PAZ ANDRADE - GALEGOS
WEB DE VALENTÍN PAZ ANDRADE
VALENTÍN PAZ ANDRADE - FARO DE VIGO
VALENTÍN PAZ ANDRADE - EL CORREO GALLEGO
VALENTÍN PAZ ANDRADE - LA VOZ DE GALICIA
ENTREVISTA A ALFONSO PAZ ANDRADE (FILLO DO HOMENAXEADO)

Ademais, se pinchades na seguinte imaxe poderedes acceder á páxina do SEMINARIO GALÁN onde, coma todos os anos, atopamos unha ampla variedade de materiais imprimibles para traballar ó autor axeitadas tanto para educación infantil como para cada ciclo de educación primaria, así como actividades en liña para o encerado dixital interactivo, información sobre o Día das Letras Galegas, ligazóns de interese, etc.

FICHAS, INFORMACIÓN E ACTIVIDADES EN LIÑA:

BIOGRAFÍA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE (SEMINARIO GALÁN):


DOCUMENTAL SOBRE A VIDA E A OBRA DO AUTOR:
"COMPROMISO CON GALICIA"

domingo, 4 de diciembre de 2011

PREMIADOS NO CERTAME LITERARIO

Esta é a relación de participantes premiados no IX CERTAME LITERARIO do Ceip de Sobrada.
Os premios e diplomas entregaranse o día 21 de decembro.
Parabéns para o alumnado premiado!

ALUMNADO PREMIADO DO CEIP DE SOBRADA:


ALUMNADO PREMIADO DOS CENTROS PARTICIPANTES DO CONCELLO:

jueves, 10 de noviembre de 2011

A LINGUA SABE A PAN

Dende o ceip de Sobrada queremos felicitar ó alumnado e profesorado do CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea (Ourense), que elaboraron este impresionante video, coa participación de todo o colexio, no que fan unha versión do Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Noraboa por este marabilloso traballo!


lunes, 24 de octubre de 2011

BASES DO CERTAME LITERARIO

Aquí vos deixamos as bases para participar no IX CERTAME LITERARIO do colexio.
Coma en anos anteriores contades con distintas modalidades de participación: poesía, narrativa, banda deseñada, murais... e xa sabedes: SEMPRE EN GALEGO!
Non deixedes de participar!! Os premiados recibirán un estupendo agasallo!
A data límite de presentación dos traballos é o 18 de Novembro.

Picade na imaxe para facela máis grande

miércoles, 15 de junio de 2011

XORNAL DO CERTAME LITERARIO

Aquí tedes o xornal do VIII CERTAME LITERARIO. Nel aparece todo o alumnado que resultou premiado (do noso centro e dos centros do concello participantes) así como as súas creacións literarias. Non deixedes de botarlle unha ollada porque non ten desperdicio! A imaxinación e creatividade dos nosos nen@s non ten límite!
Os premios divídense en catro categorías:
NARRACIÓN INDIVIDUAL
NARRACIÓN COLECTIVA
POESÍA INDIVIDUAL
POESÍA COLECTIVA
Tamén tedes o xornal editado e impreso na biblioteca do centro á vosa disposición. A entrega de premios efectuarase o vindeiro día 22 de Xuño na festa de fin de curso.
NORABOA ÓS PREMIADOS!

lunes, 6 de junio de 2011

ALUMNADO PREMIADO NO CERTAME LITERARIO!

Aquí podedes consultar a relación dos premiados no VIII CERTAME LITERARIO do CEIP DE SOBRADA. Se resultaches premiado, NORABOA!! e se non, non te preocupes!, para o vindeiro curso haberá outra oportunidade para ti!



ALUMNADO PREMIADO DOS CENTROS PARTICIPANTES DO CONCELLO DE TOMIÑO

Nos vindeiros días publicaremos todos os traballos que resultaron premiados no blog do cole e editarase un xornal con todos eles, que estará á vosa disposición na biblioteca do cole.
Os premios entregaranse o día 22 de Xuño, en que rematan as clases.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE!!


BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO

Neste video, o alumnado de 6º de Primaria, narra a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.

martes, 17 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011

ALGO MÁIS SOBRE A SÚA VIDA...

Unha viaxe a través do tempo sobre a vida de LOIS PEREIRO:

RECURSOS SOBRE LOIS PEREIRO


Se pinchades na imaxe poderedes acceder a recursos e materiais imprimibles para traballar nas aulas ó autor homenaxeado este ano co gallo do Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.
Ademáis atoparedes información sobre a importancia desta data ó longo da historia, actividades axeitadas a cada ciclo, biografía do autor, acceso ó seu blog...

miércoles, 4 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO: AS ARMAS DA PAIXÓN

Achegándose o 17 de Maio, data na que a Real Academia da Lingua Galega homenaxea a LOIS PEREIRO, queremos facervos chegar dende aquí información sobre a vida e obra deste autor do Incio. (Tamén podedes visitar a páxina oficial de Lois Pereiro facendo clic na imaxe que tedes na parte dereita do blog)