lunes, 22 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014


EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014 from ceip sobrada on Vimeo.

Xa estamos de vacacións, datas nas que gozar do tempo libre e de lecer desexando que que todos o aproveitemos moito e ben, deixamos neste video unha chea de ideas! Son todas vosas, outro ano máis a vosa participación fixo posible a exposición de inverno.
 Moitas grazas e Bo Nadal!

viernes, 12 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN DE INVERNO


Atención familias!!!!!!! Xa podedes visitar a exposición de inverno, este ano relacionada co tempo de lecer. 

Dende o luns, a partir das 13.15h, abrirase a aula antiga de Educación Infantil para que poidades visitala.

Agardamos a vosa visita!!! =)


jueves, 13 de noviembre de 2014

MAGOSTO



E así foi como celebramos todos e todas o Magosto no Monte Aloia!!!! ;)

viernes, 31 de octubre de 2014

HALLOWEEN HISTORY


HALLOWEEN HISTORY from csobrada on Vimeo.

O alumnado de 5º cóntannos un pouquiño sobre a festividade de Halloween.

Very good job, kids!!!

HALLOWEEN JOKES


HALLOWEEN JOKES from ceip sobrada on Vimeo.

Alumnado de 4º cóntannos algúns chistes relacionados coas persoaxes de Halloween.
Good job, kids!!!

jueves, 30 de octubre de 2014

HALLOWEEN KIDS


HALLOWEEN KIDS from ceip sobrada on Vimeo.

Aquí temos un vídeo protagonizado polo alumnado de 4º no que nos contan o que soen facer os nen@s en Halloween.
 Congratulations, kids!!!

martes, 28 de octubre de 2014

VOLVEN AS SEMENTES LECTORAS

Lembrade que este xoves 30 de outubro comezan as sesións de contacontos das Sementes Lectoras na nosa biblioteca. Desta vez é con motivo do Día das Bibliotecas Escolares que se celebraron o pasado venres.

Podedes consultar a temática e o horario no BLOG DA BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do noso centro.

Agardámosvos!!!

lunes, 27 de octubre de 2014

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

·         Luns 27 outubro:
o   Comunicado inicio proceso/taboleiro
·         Martes 28 outubro:
o   ás 16:00h Elección por sorteo da xunta electoral e posterior comunicado á familia.
o   Envío de citacións para a constitución da xunta electoral
·         Martes 4 novembro:
o   Constitución Xunta electoral ás 16:30h/Aprobación do calendario
o   Expoñer censo familias
o   Cartel tabolerio comunicado do proceso e resultado do sorteo da xunta electoral.
o   Comunicado da xunta electoral con toda a información
·         Venres 7 novembro:
o   Envio impreso candidatura ás familias
·         Luns 10 novembro:
o   Envío convocatoria para a celebración da 2º reunión da Xunta E
·         Luns 17 novembro :
o   Reunión Xunta electoral:
§  Reclamación ao censo, aprobación e modelos papeletas, sobres,…
§  Proclamar candidaturas
§  Sorteo mesa electoral
o   Comezo das distintas campañas electorais.

·         Martes 18 novembro:
o   Envio ás familias que sairon no sorteo para a mesa electoral./Taboleiro.
o   Convocatoria do Claustro extraordinario para o 25(información ao claustro ás 17:00h)
o   Circular ás familias anunciando ás candidaturas do sector/Taboleiro.
o   Convocatoria da xunta electoral para o xoves 20

·         Xoves 20 novembro:
o    Resolver reclamacións ás candidaturas (Xunta Electoral)
·         Viernes 21 novembro:
o   Envio das papeletas para votar as familias
·         Luns 24 novembro:
o   Recordar a votación para o martes 25
·         Martes 25 novembro: Votacións
·         Mércores 26 novembro:
o   Xunta Electoral ás 16:00h para:
§  Proclamar candidatos
§  Elaborar nota informativa
§  Convocatoria do Consello escolar para o 2 de decembro
§  Traslado das actas ao titular da delegación.
·         Día 2 de decembro:
o   Constitución do Consello Escolar
§  Comisión económica
§  Comisión de Convivencia
·         Antes do 20 de decembro:
o   Envío á xefatura territorial do formulario.

viernes, 12 de septiembre de 2014

FESTIVO LOCAL

Lembramos que o vindeiro luns 15 de setembro non haberá clases por ser festivo local no concello de Tomiño. 
 Vémonos o martes 16.

martes, 9 de septiembre de 2014

COMEZA O CURSO!!!

O mércores 10 de setembro comezan as clases do vindeiro curso escolar 2014-2015. Preparad@s???



martes, 26 de agosto de 2014

URXENTE: AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE TOMIÑO

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS DO ALUMNADO DE CENTROS DOCENTES PUBLICOS DE EDUCACION INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACION PRIMARIA E SECUNDARIA OBRIGATORIA, CON ENDEREZO EN TOMIÑO, PARA O CURSO 2014-2015.

Bases da convocatoria

Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra Xoves 14 de agosto de 2014 ( Páxinas 31 a 35 )

Facer clic en onde pón ENLACE para acceder á convocatoria e ás bases.

Solicitar no centro o certificado de escolaridade.

Data límite ata o 3 de setembro






martes, 1 de julio de 2014

VIDEO RESUMO DO CURSO 2013-2014


E... isto foi o que deu de sí este fantástico curso 2013-2014, adicado á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE AMBOS SEXOS e á COEDUCACIÓN. Aquí tedes un resumo en imaxes.


ATA O VINDEIRO CURSO!! (Que seguro estará cheo de sorpresas e novas actividades)



VIDEO RESUMO CURSO 2013-14 from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 30 de junio de 2014

TURONIA 2014

Chegando o mes de xuño agárdanos o TURONIA unha actividade escolar que xa está consolidada, e que mantén o seu interese entre o noso alumnado ano a ano, polo que supón de diferente sobre o traballo escolar habitual.
Considerando a riqueza natural, arqueolóxica e pasaxística da nosa terra, este ano quixemos salientar  o legado en pedra dos antepasados destas terras.
Por primeira vez esta actividade conxunta logrou reunir ós cinco centros do Concello de Tomiño:  Barrantes,  Tebra,  Pedro Caselles, Pintor A. Fernández e Sobrada. Tivemos a oportunidade de coñecer ós futuros compañeiros de instituto en dúas intensas xornadas de convivencia e intercambio de experiencias.
Salientar o gran apoio que recibimos por parte do Concello, Comunidades de Montes, Anpas... para que esta actividade poidera levarse a cabo. 


domingo, 29 de junio de 2014

XOGOS POPULARES, POPULARES


No último día do curso, os alumnos e alumnas de 6º organizaron un circuito de xogos populales, e coma sempre o fixeron de maravilla, lograron captar a nosa atención e animáronnos  a xogar; non houbo tempo para aburrirse.

jueves, 26 de junio de 2014

ANIMACIÓNS

Neste curso viñeron “animarnos” a elaborar “stop motions” o colectivo Illa Bufarda, e como nos empuxaron tanto fixemos os primeiros traballos sobre o tema co noso alumnado. Deixámosvos aquí as animacións feitas, esperamos que vos gusten e que disculpedes os nosos erros de principiantes.

 A PRIMAVERA  (infantil 3 anos)



A PÓCEMA MÁXICA (primeiro)









O TARDO (cuarto)








APALPADOR (quinto)






BISBARDOS (quinto)
 





CASTELO DE AMORÍN (quinto)





A VELLA DO ANGAZO (quinto)








XACIA (quinto)






FLOWER (Taller de informática, quinto e sexto)






IGUALDADE (Taller de informática, quinto e sexto)





viernes, 6 de junio de 2014

MULLERES GALEGAS NO SÉCULO XX



Presentación realizada polo alumnado de 4º sobre as mulleres galegas no século XX.

MULLERES GALEGAS NA EMIGRACIÓN



Presentación feita polo alumnado de 4º sobre as mulleres Galegas na emigración dos séculos XIX e XX.

MULLERES CIENTÍFICAS



Presentación elaborada polo alumnado de 4º sobre as mulleres científicas.

AS MULLERES DO SÉCULO XX




Traballo realizado polo alumnado de 4º de primaria.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO

Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convovan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 14/15.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE  LIBROS DE TEXTO  para o curso 14/15.

Exclusivamente libros de texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).  Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
Para o alumnado de 1º, 2º, 3º 4º 5º e 6º de E.P.  (Alumnado que repita 4º e/ou 6º curso non ten  dereito a axuda).
O prazo remata  o 2 de xullo. As axudas son de 170 ou 90 euros segundo  renda per cápita familiar no ano 2012.
Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar ata 6000 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 euros: 90 euros.
Resto das familias:
Renda per cápita familiar ata 5400 euros: 170 euros.
Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90 euros.

*Para calcular a renda hai que sumar os recadros 455 e 465 e dividir entre os membros da familia. (Se hai algún membro con discapacidade igual ou superior ao 33 % con pensión por incapacidade ou coa condición de pensionista computarán por dous). No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

DOCUMENTACIÓN
- Cubrir solicitude Anexo I (Pódese recoller na Secretaría do centro)
- Fotocopia libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar fora diferente en día 31 de decembro de 2012 documentos que o acrediten. Certificado de empadroamento ( no caso de que existan outros membros que non figuren no libro de familia).
-        No caso de discapacidade, documentación que o acredite.
-        No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

A instancia  xunto coa documentación entregarase no centro.

Para máis información podedes visitar o seguinte enlace   http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria  

Para descargar os impresos facer clic AQUÍ.

COMICS

Aquí vos deixamos os COMICS elaborados polo alumnado do 3º ciclo no TALLER DE INFORMÁTICA sobre os roles de xénero:

YESSICA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

NICO E ANTONIO

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

ALEXIA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

VERÓNICA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

YESENIA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

ALEJANDRO G.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

MIGUEL G.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARLA C.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

KIYA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

ÁNGEL

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

OLALLA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARLA L.

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CANDELA

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

CARMEN

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

GUILLERMO

Voki feito polo alumnado do terceiro ciclo no taller de informática.

lunes, 2 de junio de 2014

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO

Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convovan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 14/15.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE  LIBROS DE TEXTO  para o curso 14/15.

Exclusivamente libros de texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).  Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
Para o alumnado de 1º, 2º, 3º 4º 5º e 6º de E.P.  (Alumnado que repita 4º e/ou 6º curso non ten  dereito a axuda).
O prazo remata  o 2 de xullo. As axudas son de 170 ou 90 euros segundo  renda per cápita familiar no ano 2012.
Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar ata 6000 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 euros: 90 euros.
Resto das familias:
Renda per cápita familiar ata 5400 euros: 170 euros.
Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90 euros.

*Para calcular a renda hai que sumar os recadros 455 e 465 e dividir entre os membros da familia. (Se hai algún membro con discapacidade igual ou superior ao 33 % con pensión por incapacidade ou coa condición de pensionista computarán por dous). No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

DOCUMENTACIÓN
- Cubrir solicitude Anexo I (Pódese recoller na Secretaría do centro)
- Fotocopia libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar fora diferente en día 31 de decembro de 2012 documentos que o acrediten. Certificado de empadroamento ( no caso de que existan outros membros que non figuren no libro de familia).
-        No caso de discapacidade, documentación que o acredite.
-        No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

A instancia  xunto coa documentación entregarase no centro.

Para máis información podedes visitar o seguinte enlace   http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria  

Para descargar os impresos facer clic AQUÍ.

FROITA NA ESCOLA








Volve a froita ó noso cole!!
 Durante esta semana máis a que vén teremos froita no recreo gracias á actividade "Aliméntate Ben".