Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas Culturais 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas Culturais 2011. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de junio de 2011

O FESTIVAL EN IMAXES


Aquí tedes un pequeno resumo do que deu de sí o Festival das Letras Galegas deste curso. Noraboa a todo o alumnado e profesorado que nos fixo pasar unha desas mañás inesquecibles.

RAP


A derradeira actuación do festival fíxoa o alumnado do 3º ciclo amosándonos as súas dotes de rapeir@s.

AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS TERRAS


AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS... por ceipsobrada
Obra de teatro do 3º ciclo en onde nos contas as disparatadas aventuras de Don Quixote por estas terras, cheas de coches e semáforos.

THE TIME OF MY LIFE


Alumnado do 3º ciclo representa unha coreografía da canción "The time of my life" versioneada polo grupo The black eyed peas.

DANZA ANTIGA


BAILE DO 3º CICLO por ceipsobrada
O alumnado do 3º ciclo interpreta unha danza tradicional.

RECITAL DE POESÍAS


RECITAL DE POESÍAS por ceipsobrada
Recital de poesías acompañado dunha proxección audiovisual a cargo do alumnado do 3º ciclo de primaria.

UNHA VIAXE POR ESPAÑA


UNHA VIAXE POR ESPAÑA por ceipsobrada
O alumnado do 2º ciclo levounos a través dunha viaxe pola xeografía española.Partindo dende o Val Miñor lévannos atravesando distintas cidades, amosándonos os seus aspectos máis interesantes e dándonos a coñecer as súas manifestacións culturais máis típicas, a través de bailes, xogos, etc.

O CARTEIRO SIMPÁTICO VAI CANTAR


O CARTEIRO SIMPÁTICO VAI CANTAR por ceipsobrada

Obra de teatro adaptada polo alumnado do 1º ciclo. Uns carteiros moi simpáticos van repartindo cartas de porta en porta, atopándose en cada casa cunhas persoaxes ben curiosas que rematan cantándolle unha canción ó carteiro acompañados dos teclados da mestra Esperanza.

TEATRO DE TÍTERES: "A NOITE DAS MUDANZAS"

Obra de teatro, adaptación dun conto, interpretada e cantada polo alumnado de educación infantil do ceip de Sobrada no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou no auditorio de Goián o pasado día 27 de maio.

Nas semanas previas á representación da obra "A NOITE DAS MUDANZAS", na que participou todo o alumando de Infantil, os nenos e nenas de 5 anos traballaron moitísimo para que todo o decorado estivera preparado: pintaron, recortaron e fixeron colaxe, debuxaron...e velaquí está o resultado do seu traballo:

PREPARANDO O DECORADO DA OBRA



lunes, 6 de junio de 2011

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO

Neste video, o alumnado de 6º de Primaria, narra a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.

TEATRO LUME

miércoles, 1 de junio de 2011

RAQUEL A CONTACONTOS


Raquel contounos contos a todos os alumnos e alumnas do colexio, axudándose dunhas marionetas de man e dunhas imaxes proxectadas.

martes, 31 de mayo de 2011

ACTIVIDADE MUSICAL NA BIBLIOTECA



Os docentes da escola de música de Amorín quixeron participar nas Xornadas Culturais deste ano. O alumnado de infantil e de primeiro ciclo puideron disfrutar coa música, sendo eles os protagonistas.

CONTACONTOS MARIONETO


As xornadas culturais deste ano no noso colexio abríronse con este contacontos chamado Marioneto, que nos abraiou a todos e a todas coas súas historias e os seus bonecos.