lunes, 29 de abril de 2019

25 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS NAS TIC

A tecnoloxía xa é unha faceta máis nas nosas vidas. Hai un montón de actividades que non poderíamos levar a cabo... Por exemplo este blog! É por este motivo polo cal o CEIP de SOBRADA leva un montón de anos intentando facer, que os nenos e nenas do colexio sexan cidadáns competentes dixitalmente. Ao igual que ocorre noutros ámbitos da vida, é preciso visibilizar o labor da muller e das mozas na tecnoloxía xa que non é que non estean...É que ás veces non as vemos! É por este motivo que vos deixamos un interesante vídeo de tres docentes e investigadoras da Universidade de Vigo. Quen foi a primeira programadora? Ánimo chicas: ESTAMOS E ESTAREMOS!


DEIXANDO PEGADA: PINTURA MURAL DO ALUMNADO DE 6º E.P

Dende fai algúns cursos, os nenos e nenas que marchan da nosa escola para continuar a súa andaina no instituto, pintan un mural para deixar unha lembranza no seu colexio. Con pintura ou sen ela sempre terán un espazo entre nós e as portas abertas. Neste curso continuamos coa actividade, coa novidade de deseñar dende o principio o que ímos pintar no muro da pista deportiva. Por este motivo o pasado día 23 de abril, Basilio Calzado (pintor de Tomiño), conversou co alumnado de sexto para achegar os seus coñecementos e escoitar aos nosos nenos e nenas, para que o deseño final leve o máis posible as súas ideas, inquedanzas e personalidade. Volverá para estar con nós dentro dun mes e así amosarlle as nosas ideas.Basilio é unha persoa xenerosa e implicada coa educación e formación cidadá. Despois desta segunda visita, no mes de xuño nos veredes mans á obra, fronte ao colexio. Vai ser moi emocionante! Mentras tanto, aquí tedes o vídeo coa intervención do curso pasado e unha imaxe da visita deste curso.

martes, 23 de abril de 2019

ENTREVISTA ÓS IRMÁNS RODRÍGUEZ HUERTAS.

Iria, Uxía e Roi, os irmáns Rodríguez Huertas,  exalumnos do cole; foron entrevistados recentemente polo xornal Atlantico de Vigo polos seus logros deportivos, que non son poucos. Como fieles seguidores das vosas traxectorias deportivas, alegrámonos moito dos vosos éxitos.


viernes, 12 de abril de 2019

CHARLA SOBRE ALGAS E PLANTAS ACUÁTICAS EN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado día 4 de abril tivemos a oportunidade de que, un auténtico experto, pai dunha compañeira de clase, déranos unha conferencia sobre a importancia nas nosas vidas destes seres vivos.

A verdade é que foi moi interesante xa que, José María Sánchez Fernández profesor na Universidade de Vigo, amosounos moitas cuestións sobre este tema. Tamén respondeunos ás dúbidas que tiñamos sobre as algas e as plantas acuáticas.

Aprendimos que son, como se comportan nos distintos medios, os tipos que existen, onde podemos atopalas na vida cotiá, os beneficios que aportan ao noso medio e a importancia de respectalas.

Agora co aprendido, seguiremos a investigar para realizar o noso propio traballo. Xa vos contaremos noutro momento como avanzamos no noso proxecto.

Moitas grazas por todo, Pepe!


jueves, 11 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS.Xoves 11, xogaloita.

O alumnado de 4º participou na actividade de Xogaloita que forma parte do calendario de actividades de XOGADE de actividades deportivas para escolares de primaria. Este formato de iniciación ós deportes de agarre ten un enfoque lúdico, onde prima a máxima participación e a posta en práctica de valores deportivos. Esta é unha actividade con moi boa acollida entre o alumnado, poñendo a proba a forza, rapidez e traballo en equipo. Participaron todos os nenos e nenas que estudan en 4º de primaria de Tomiño e do CEP Altamira de Salceda.

miércoles, 10 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS: Mércores 10 de abril,"Ioga"

O alumnado de 1º participou nunha sesión de Ioga impartida por unha nai do noso centro, á cal lle agredecemos de corazón a súa colaboración.
Moitísimas gracias Ana!!!

XORNADAS CULTURAIS: Martes 9 de abril. "Compostaxe"

O alumnado de 3º e 4º de primaria puxemos de novo en funcionamento o composteiro que tiñamos esquecido no colexio.
Isto foi posible gracias á colaboración de persoal do concello que nos veu botar unha man e lembrarnos a importancia de ter un composteiro, como empregalo e como coidalo.
Recollemos lixo, seleccionámolo, desmontamos o composteiro, volvemos montalo noutro lugar máis axeitado, e comezamos a empregalo.

XORNADAS CULTURAIS: Martes 9 de abril, "Froita saudable"

O alumnado de 1º ciclo tivemos unha charla, con degustación incluida, sobre distintas variedades de froitas.

lunes, 8 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS: Luns 8 de abril,Receitas Inclusivas

Este luns visitáronnos tres nais de alumnado de 1º ciclo para ensinarnos a cociñar unhas receitas inclusivas libres de glute.
Elaboramos e degustamos madalenas e pizza. Mmmmmm, riquísimas!!!
Gracias a Begoña, Lorena e Belén.

XORNADAS CULTURAIS. VENRES 5

SAÍDA AFUNDACIÓN VIGO

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu a obra de teatro: Eu cociño, ti cociñas?

Sinopse:

Timoteo estaba preocupado porque os nenos e as nenas comesen saudable, ata montou un blog para dar a coñecer receitas saudables feitas con ingredientes moi especiais...


CHARLA COLOQUIO ONG


O alumnado de 3º e 4º participou nunha charla coloquio que impartiu unha persoa que traballa en proxectos humanitarios. Falounos  da influencia do noso comportamento no medio ambiente.
Mostrounos varias imaxenes e vídeos onde puidemos observar  as consecuencias destas condutas. Foi clarificador e permitiunos valorar a importancia do noso comportamento: "Moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo". Eduardo Galeano.

domingo, 7 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS, XOVES 4 de ABRIL. FORMACIÓN SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS.

Nestas sesións adicadas aos diferentes cursos do colexio, dende E.I ata 6º de primaria, tivemos a oportunidade de coñecer como traballa o persoal de emerxencias e as súas "vitais accións".

Non foi soamente isto, ensináronnos como reaccionar ante distintas situacións de urxencia para a vida das persoas.

É moi importante ter algúns coñecementos de primeiros auxilios, pero tamén saber onde pedir axuda:

   112  e  061 / Dous números amigos.


Demostración práctica manobra de Heimlich, o que debemos facer ante un atragantamento.

Demostración práctica RCP Práctica RCP

jueves, 4 de abril de 2019

TORNEO ESCOLAR ERGÓMETRO. VILANOVA DE CERVEIRA

Varios alumnos do cole lograron clasificarse para participar no Torneo Escolar Remo Indoor- Torneo da Amizade que reuníu a 100 xovenes nados entre o 2001 e 2008, os tres mellores resultados de Vinanova de Cerveira e  de Tomiño por idade e xénero. Toda unha grande experiencia que viviron os nosos alumnos que fomentou o achegamento  entre os escolares de ambos lados da fronteira. 

Participarón Gisela e Irene, categoría feminina nados  no 2008; Adrián, Fabián e Antonio categoría masculina 2008  e Yeray e Matteo categoría masculina nados 2007.


Matteo e Yeray no podio categoría nados 2007

Adrián no podio categoría nados no 2008

Noraboa pola vosa participación, animación, esforzo e polos vosos podios.

martes, 2 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS. MÉRCORES 3 DE ABRIL

No segundo día das Xornadas Culturais, continuamos co obradoiro sobre a igualdade dirixido a Educación Infantil.
Desta vez foron os alumnos de 2º de primaria que guiados por unha experta en alimentación, coñeceron e degustaron un almorzo saudable.
Para finalizar, sempre un bo cepillado de dentes.
O alumnado de 3º e 4º asistiu ó obradoiro de "Alimentación sá" dirixido por unha pediatra que nos animou a poñer en práctica habitos saudables para crecer fortes e sans.

lunes, 1 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS.

EMPEZAMOS AS XORNADAS CULTURAIS!!


Hoxe luns as nenas e os nenos de 1º aprendemos a importancia de tomar un "Almorzo Saudable", a mellor forma de comenzar o día con enerxía!.




O alumnado de infantil tivemos a primeira visita de Noemí e Juanma, que veñen do Concello para falar con nós sobre a igualdade. Hoxe contáronnos o conto de "Rosa Caramelo".





TENIS DE MESA

O 27 de marzo comenzamos coa actividade de tenis de mesa que se desenvolve no pavillón de Sobrada.Participan colexios da zona do Baixomiño dende a categoría benxamín ata a categoría cadete. As dúas primeiras xornadas serán clasificatorias para a final que se celebrará o mércores 3 de abril.