viernes, 23 de marzo de 2018

XX XORNADAS CULTURAIS


 

Este ano as Xornadas Culturais fan 20 anos, sendo xa un sinal de identidade do noso centro. Este curso xiran arredor do tema transversal “Educación para a Paz e a Tolerancia” dentro do Proxecto Documental Integrado do centro “Ponte nos seus zapatos” que pretende dar visibilidade e poñernos no lugar dos nenos e nenas refuxiados, e sitúanse temporalmente a finais de marzo e comezos de abril, aínda que por necesidades de axenda dos distintos convidados estas datas pódense pospoñer a maio.

Este ano contamos con moitas e diversas actividades para alumnado e familias; como exemplos podemos mencionar:
  • Charla para alumnado de Educación Primaria impartida por representantes de UNICEF “Ponte nos seus zapatos”, trata dar visibilidade á problemática dos refuxiados
  • Carreiras Solidarias a favor de UNICEF
  • Charla da tradutora goianesa María Alonso Seisdedos, Premio Nacional de Tradución, que nos vai contar a súa experiencia arredor do Libro “O lapis máxico de Malala”
  • Contacontos a cargo de “Caxoto” e Celtia Figueiras traballando temas de igualdade e coeducación
  • Obradoiros de Igualdade e Saúde afectivo-sexual a cargo da matrona de Tomiño Ana Forneiro para alumnado de 6º de Educación Primaria
  • Obradoiros de Igualdade para alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria a impartido polo gabinete de psicoloxía A Carón
  • Obradoiros de Resolución de Conflitos, Asertividade, Habilidades Sociais… a cargo de Érguete Baixo Miño para alumnado de 5º E.P.
  • Charla destinada ás familias: “Achegamento á linguaxe de programación e robótica; posibilidades educativas”
  • Visita da escritora Ledicia Costas; Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
  • Saídas didácticas ao Museo Provincial




jueves, 22 de marzo de 2018

XOGALOITA

O pasado martes 20 de marzo celebrouse no pavillón de Goián a primeira xornada de iniciación a deportes de agarre e loita. Participaron alumnos e alumnas de 4º de primaria dos colexios  de Goián, Barrantes, Tomiño,  Salceda de Caselas e Sobrada. Nos múltiples combates tiveron que poñer en practica técnicas para conseguir derrubar, expulsar ou roubar con rapidez un elemento. Cada equipo tivo unha proba común de unión de forzas e coordinación no tradicional xogo do sogatira.
Esta competición xerou  un grande interese entre os participantes nun ambiente cordial e respetuoso entre tódolos equipos.
E coma sempre agradecemos a AGRUDEBAM a organización deste evento e o seu compromiso pola promoción deportiva entre os escolares da zona.

jueves, 8 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Real Academia Galega define o FEMINISMO como: Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller.

martes, 6 de marzo de 2018

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/19



Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión ( alumnado que non fixo reserva de praza ) ata o 20 de marzo. 

 A continuación deixámosvos o enlace onde descargar o impreso ED550B



Máis información nos seguintes documentos

 

TRAILER DOCUMENTAL "01:05:12. UNA CARRERA DE FONDO"


TRAILER DOCUMENTAL  " 01:05:12. UNA CARRERA DE FONDO" from Ruben San Bruno on Vimeo.

TRAILER DOCUMENTAL  " 01:05:12. UNA CARRERA DE FONDO" from Ruben San Bruno on Vimeo.
Poden unhas pernas cambiar o mundo? así comenza o documental basado nas victorias de centos de atletas keniatas e etíopes que están transformando, a golpe de zancada, o panoráma socioeconómico dos países de arraigada tradición machista. Homes que cociñan e mulleres que levan a casa o sustento son os novos roles deste maratón hacia a igualdade.

01:05:12 Una carrera de fondo.
Dirección: Rubén San Bruno e Javier Triana
Guión e idea original: Javier Triana
Fotografía,edición e postproducción: Rubén San Bruno
Narración: Fernando Jurado
Música: Josh Woodward e Kevin Mac Leod
Género: Documental

ENTROIDO 2018

jueves, 1 de marzo de 2018

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 18-19



Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión ( alumnado que non fixo reserva de praza ) ata o 20 de marzo. 

 A continuación deixámosvos o enlace onde descargar o impreso ED550B



Máis información nos seguintes documentos