lunes, 23 de noviembre de 2015

Campo a través na Macoca

Pazos de Reis foi o lugar escollido nesta tempada para o inicio da campaña de deporte escolar  co sempre tan agardado campo a través que consegue reunir  a unha gran cantidade de colexios e asociacións deportivas da zona do Baixo Miño e de Vigo.
O  gran ambiente deportivo presente, permitíu o disfrute dos nenos/as e do público. Esta actividade supón unha oportunidade máis para acceder ó deporte e descubrilo, lembrarvos que este foi o inicio na zona des destacados atletas, as  internacionais Leticia Fernández e Uxía Pérez e os nosos exalumnos medallistas en campionatos de España e de Galicia;  Roi Rodríguez, Iria Rodríguez e Eva Cid.
 Noraboa a tódolos  nenos e nenas do centro, que correron xenial, e moi especialmente ó equipo alevín masculino composto por Iker, Jorge, Fabián, Adrián e Hossuam que co  esforzo conxunto acadarón o terceiro posto por equipos do podio, noraboa a Uxía Rodríguez (atl. Porriño) 3ª alevín feminina que parece que segue os pasos dos seus irmáns.