martes, 26 de octubre de 2010

PASOS DE CROCODILO EN PAMPLONA

Tendo en conta a nosa dedicación á educación vial durante este curso, debemos estar informados sobre o que acontece noutros lugares con respecto a este tema. Un exemplo é o que está a acontecer en Pamplona, xa que os pasos de peóns na contorna de 42 colexios de Educación Primaria de alí estanse a pintar coas formas de crocodilos e cans para sensibilizar aos nenos e á poboación en xeral sobre a necesidade de ser prudentes á hora de cruzar a estrada.


Para pintar cada animal, aproveitouse unha das bandas brancas rectangulares do paso como corpo da figura, polo que o resultado final é unha forma de crocodilo ou de can moito máis grande que as liñas estándar dos pasos, coa boca aberta, para chamar a atención do peón.
O seu creador comentou que, con esta campaña, téntase transmitir a mensaxe do perigo dos pasos de peóns "cunha linguaxe ao que os nenos están afeitos".
O obxectivo desta iniciativa, explicou, é que, cando o pai ou a nai acode co seu fillo ao colexio e lévao da man, "advírtalle de que debe ter coidado á hora de cruzar e o neno, ao ver un monstro, comprenda perfectamente a mensaxe".

A campaña tamén vai a dirixida aos adultos, baixo a lema TEN COIDADO COA ESTRADA. Nela recoméndase "cruzar sempre polos pasos de peóns e antes de cruzar non deixar de mirar a ambos os dous lados, asegurarse antes de cruzar de que os condutores che viron; levar aos nenos colleitos da man para cruzar a estrada sempre polos pasos de peóns; non pasar entre os vehículos estacionados xa que a visibilidade é reducida tanto para peóns como para condutores"; e para os ciclistas, recomendan que antes de cruzar boten o pé a terra e asegúrense de que os condutores lles viron.

A que estaría xenial que esta medida se tomase tamén en Galicia?

lunes, 25 de octubre de 2010

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Como xa se está achegando a data, aquí tedes algunha información interesante para todas e todos que participen nesta experiencia.

domingo, 24 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase en España o DÍA DA BIBLIOTECA, promovido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e apoiado polo Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Esta iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

A biblioteca escolar é un espazo educativo cheo de oportunidades para a formación persoal e académica e de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para facerse preguntas e atopar respostas, e para o desenvolvemento das competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social.


martes, 5 de octubre de 2010

5 DE OUTUBRO: DÍA DOS DOCENTES

No ano 1994, a UNESCO instaurou o 5 de outubro como o DÍA MUNDIAL DO DOCENTE. Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en aras da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación pensa firmemente que este Día dos Docentes debería ser internacionalmente recoñecido e celebrado en todo o mundo.
Pero temos que ter en conta diferentes datos que nos terían que facer reflexionar sobre a situación dos docentes no mundo.
En celebracións como as de hoxe, non nos podemos restrinxir ao localismo que, normalmente asumimos como realidade absoluta.
Os datos a analizar e sobre os que reflexionar son os seguintes:

* 99 países necesitan 1,9 millóns de mestres máis nas aulas para o ano 2015 para ofrecer educación primaria de calidade para todos.
* A metade dos mestres necesítanse no África subsahariana.
* No continente africano necesítase contratar 306 mil profesores ao ano para universalizar a educación primaria (cousa que na nosa contorna parece que sexa normal) e, para compensar o desgaste polo cal os docentes se xubilan ou abandonan (é moi duro exercer a docencia en determinados países), etc.



Habemos de mirar ao exterior, pero sen esquecer o que está a suceder nas aulas do noso país e, nos problemas educativos que nos estamos atopando. A celebración do día, como recoñecemento e para mirar as dificultades da nosa función, pode ser máis ou menos discutible, pero cada día do ano tería que ser o Día da Educación, e sentirnos orgullosos da nosa Educación (como docentes, alumnos, pais e, calquera outro elemento humano que forme parte do sistema educativo).

Os docentes adiantámonos ao noso tempo e reciclámonos cada ano. Os métodos antigos están en desuso e a inclusión das Novas Tecnoloxías na educación require de nós un esforzo para mudar a nosa metodoloxía e mellorar.