lunes, 30 de septiembre de 2013

lunes, 16 de septiembre de 2013

FORMACIÓN DE EQUIPOS COOPERATIVOS EN INFANTIL

Na aula de 5 anos, o primeiro día do curso, fixemos unha actividade de APRENDIZAXE COOPERATIVA. Como na clase traballaremos moito en grupos cooperativos, axudándonos os uns aos outros, tiñamos que formar os EQUIPOS, é dicir, os nen@s que compartirán mesa ó longo do primeiro trimestre. Para facelos, cada neno/a colleu unha peza correspondente a 1 dos 5 puzzles distintos que se tiñan que crear (xa que este ano na clase haberá 5 equipos). Unha vez que todos tiñan a súa peza, debían levantarse e buscar aos compañeiros que tiñan as outras pezas parecidas a súa e que serían os seus compañeiros de equipo. Despois, entre todos, comentamos as imaxes de cada puzzle, todas elas alusivas ao tema da coeducación.

FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from ceip sobrada on Vimeo.
Ao día seguinte, puxémoslle nome a cada equipo coa estructura cooperativa "FOLIO XIRATORIO" (cada membro do equipo escribiu nun folio como lle gustaría que se chamase o seu equipo. Despois tiveron que poñerse de acordo para escoller o nome de equipo definitivo entre todos os membros do equipo). Estes foron os escollidos:

domingo, 8 de septiembre de 2013

VOLTAMOS!!



Como pasa o tempo... Xa estamos de volta das vacacións de verán!


O vindeiro MÉRCORES, DÍA 11 DE SETEMBRO esperámosvos a todos e todas para dar comezo ao novo curso escolar 2013-2014, que este ano adicaremos á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE AMBOS SEXOS e á COEDUCACIÓN. Ímolo pasar xenial!!

Vémonos axiña!!