viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012


Un breve resumo en imaxes do que deu de sí o desfie de Entroido deste ano.

jueves, 23 de febrero de 2012

O MUNDO DA SEDA



O proxecto "Enredando, artesanía na escola" da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, chegou ó noso cole en forma de charla demostrativa e exposición de traballos relacionados coa seda.

miércoles, 22 de febrero de 2012

HARDWARE

Traballos realizados polo alumnado do 2º ciclo no taller de informática. Desmontaron un ordenador, aprenderon algunhas das súas partes, sacaron fotos e elaboraron unha presentación powerpoint con Open Office Impress.
É unha mágoa que ó subir as presentacións ó blog perdan todas as transicións e os efectos que lles puxeron tanto ás letras como ás imaxes... De todos xeitos, saíron uns traballos curiosos.
Como non se poden publicar os 45 traballos do ciclo, elixiuse un dos que mellor quedaron ( ó xuizo do mestre,jej..) que foi o de Carmen de 4º.
Nembargantes, se cada un quere ver como quedou o seu, non ten máis que facer clic enriba do seu nome.
ALUMNADO DO 2º CICLO

miércoles, 15 de febrero de 2012

PARA O XOVES, O MECO PRONÚNCIASE:


Así que xa podedes sacar do armario a roupa do verán, porque mañá chega xuño anticipadamente ao ceip de Sobrada e... espéranse temperaturas elevadas!! Vémonos mañá co bikini e as chanclas. Ah! E non vos esquezades do antifaz!!

martes, 14 de febrero de 2012

lunes, 13 de febrero de 2012

ORDE DO MECO PARA O MARTES:

Esta é a orde do Meco para mañá, Martes 14 de febreiro. Así que, xa sabedes, cando espertedes pola mañá para vir ó cole, deixade posta unha parte do pixama, que o Meco mándanos traela!!

2ª Receita: ARROZ 3 DELICIAS

DESTA VEZ VIAXAMOS ATA O CONTINENTE ASIÁTICO, FACENDO UNHA PARADA EN CHINA PARA PREPARAR UNHA COMIDA MOI TÍPICA COMO É O ARROZ 3 DELICIAS.

domingo, 12 de febrero de 2012

ORDE DO MECO PARA O LUNS:

O venres pasado, chegou o MECO ó noso cole coma todos os anos por estas datas de ENTROIDO. O Meco ordéanos vir cada día á clase cunha cousa diferente que teña que ver co entroido e tamén co eixo transversal que ocupa o centro dos nosos traballos e proxectos durante este curso 2011-12: EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA.
Esta é a mensaxe que nos deixou para o
LUNS, 13 de febreiro:

O luns, todos e todas, temos que vir ao cole coa CARA PINTADA da raza ou a cultura que máis nos guste!

viernes, 10 de febrero de 2012

INFANTIL BAILA MÚSICA DOS 70!

Aquí tedes a segunda entrega dos videos do taller de CABARET INFANTIL, nesta ocasión adicado á inesquecible música dos anos 70. Artistas como Boney M, o grupo ABBA ou os BEE GEES non podían faltar. Unha mostra máis do efecto que ten a música sobre os pequenos. Bendita música!!!


miércoles, 8 de febrero de 2012

WORLD PEACE SYMBOLS


Traballo realizado polo alumnado de 3º no que recoñecen distintos símbolos mundiais da paz, e tamén deseñan o seu propio símbolo pacífico do seu equipo.

lunes, 6 de febrero de 2012

PEACEFUL FEELINGS


Pupils of the fifth year perform some peaceful feelings in front of the camera.

TEATRO POLO DÍA DA PAZ



O pasado luns o alumnado de 2º ciclo escenificaron pequenas obriñas teatrais, coa temática da paz, traballadas no taller de dramatización. Os títulos destas obras foron: "Definimos la guerra y la paz", "Todas las cosas se piden por favor" y "Un saludo inicia una amistad".
Sentimos non poder amosar os vídeos que se rodaron porque accidentalmente se perderon.
Sobresaínte para os participantes.

domingo, 5 de febrero de 2012

ACTIVIDADES INTERACTIVAS DA PAZ

Aquí vos deixamos unha serie de actividades relacionadas coa PAZ e a TOLERANCIA para que xoguedes na casa. As voces que explican o que hai que facer son dalgúns nen@s de 3 anos e, ainda que as actividades son moi sinxelas, podedes probar e animarvos a xogar!



CONTO SOBRE A PAZ

jueves, 2 de febrero de 2012

O NOSO DÍA DA PAZ



Desta maneira tan divertida celebramos o Día da Paz no noso cole. Cantamos, bailamos e demos unha morea de apertas.
TOD@S XUNT@S sempre é MOITÍSIMO MÁIS DIVERTIDO!!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Bertín, un gusano de seda

UN PROYECTO REALIZADO POR LOS NIÑOS/AS DE 4 AÑOS QUE NARRA EL CICLO VITAL DE UN GUSANO DE SEDA...