lunes, 30 de marzo de 2020

Aviso Importante: APP Abalar Móbil

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE 3º E 4º PRIMARIA


MARTES 13 DE ABRIL.
SOLUCIÓN AS ÚLTIMAS ADIVIÑAS E NOVAS PROPOSTAS.




MARTES 13 DE ABRIL
A CABEZA NON PARA, CANTA CREATIVIDADE HAI AQUÍ...






SOLUCIÓN AS ADIVIÑAS E NOVAS PROPOSTAS.



O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA TRABALLA SEN PARAR!



APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS E SOCIAIS. 
4º EDUCACIÓN PRIMARIA.



 APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS, SOCIAIS.
3º EDUCACIÓN PRIMARIA. O APARATO LOCOMOTOR

PROPUESTA PARA 3º E 4º DE PRIMARIA. LENGUA CASTELLANA. 
ESCRIBIMOS SOBRE...


RESPOSTA AS ADIVIÑAS DA SEMANA PASADA E NOVAS PROPOSTAS.



          PROPOSTA 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA. LINGUA GALEGA. 


PROPOSTA 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA. 
MATEMÁTICAS PRÁCTICA DE CÁLCULO MENTAL. 

Recomendacións do 3º ciclo para o período de escolarización na casa

O profesorado mantén contacto co alumnado de 5º e 6º empregando o correo electrónico e o espazo EVA. Agás a área de música que ten as propostas neste blog.
Revisade os correos electrónicos porque tedes tarefas asignadas.

Proposta de traballo do 1º Ciclo

Recomendacións dende a área de Inglés para o período de escolarización na casa

INGLÉS ED.INFANTIL E 1º 





INGLÉS 2º





INGLÉS 3º





INGLÉS 4º


PROPOSTA ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA


1ºCURSO e 2ºCURSO


 3º CURSO E 4º CURSO


 


 


PROPOSTAS DE ACTIVIDADES ED. INFANTIL

Aquí vos deixamos unha serie de propostas para facer na casa. A primeira é para facer todo Infantil e despois tedes propostas para cada idade. Estamos desexando vervos para darvos un achuchón enorme!! Moito ánimo, familias! 

PROPOSTA PARA AS TRES AULAS 
   PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 4 ANOS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 5 ANOS

viernes, 27 de marzo de 2020

INDICACIÓNS PEDAGÓXICAS PARA O PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA


Estas son as indicacións pedagóxicas que o profesorado decideu para que o alumnado siga o período de escolarización nas súas casas. Xa están publicadas por ciclos máis abaixo, pero a modo de resumo e para que sexa máis doado de atopalas, poñemos os diferentes niveis con un enlace para que vos leven directamente ós que vos interesen. Só tedes que facer clic enriba do ciclo desexado.


TRABALLOS EDUCACIÓN INFANTIL (actualizado a día 21/03/20)




Tamén están   publicadas na páxina web do centro.




Aquel alumnado que teña problemas para visualizar algún tipo de contido online dende unha tablet ou dispositivo Android, recoméndase que descarguen o navegador Puffin Web Browser e abran ese contido con este navegador, xa que é un dos únicos que coñecemos que pode soportar arquivos flash.


Gracias a unha das familias do centro que nos informou do problema e nos propuxo unha solución.

O ALUMNADO DO 1º CICLO CREA, PINTA E CONSTRUE DINOSAURIOS. MÁIS TRABALLOS DO NOSO PROXECTO "AS PEGADAS DO PASADO"

Hoxe traemos aquí os creativos traballos do alumnado de 1º ciclo. Os levaron a cabo nun dos talleres que teñen lugar os mércores.
Investigaron sobre os tipos de dinosaurios, as formas e tamaños...
Primeiro fixeron a silueta en plano, despois os pintaron e finalmente déronlles volume.
Fixádevos ben nestas obras de arte, porque cada dinosaurio ten a súa paisaxe, a súa contorna. Pegáronlles ata pedriñas de verdade. Cobraron tanta vida que a exposición é un parque xurásico, ata falan entre eles!

Agradecerlles ás nenas e nenos voluntarios da biblioteca e ao alumnado de 4º de E.P que elaborou a chulada de cartel que anuncia a exposición. Tamén ás familias que realizaron as maquetas da exposición de inverno que continua a ambientar as nosas instalacións.


lunes, 23 de marzo de 2020

APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS E SOCIAIS?3º de Educación Primaria. A LOCALIDADE.

Os nenos e nenas de 3º estabades a traballar en Ciencias Sociais sobre O QUE É UNHA LOCALIDADE e COMO É A LOCALIDADE ONDE VIVIMOS. Que non lembras nada? Non te preocupes! Aquí tes uns enlaces cos que poderás facer memoria.
 Chicago, Estados Unidos, América, Ciudad, Rascacielos Paisaje, El Otoño, Crepúsculo, Montañas

A LOCALIDADE E OS SEUS SERVIZOS.

Despois de ver a animación, nun folio ou nunha libreta podes contestar a estas preguntas. Que non eres capaz de mirala? Non te preocupes!Observa atentamente as imaxes que están encima.

a) Que é unha localidade?
b) Que tipos de localidades hai?Como podemos diferencialas?
c) Que son os servizos públicos?
d) Cal é a túa localidade?Como é?(grande, pequena, rural, urbana, ten moitos servizos, poucos...)
e) Debuxa no mesmo folio (ou na mesma páxina da libreta) unha cidade e un pobo. Que diferenzas hai entre as dúas?

Despois de facer os exercicios propostos, podes repasar o que aprendiches nestes enlaces:
A LOCALIDADE. TIPOS DE LOCALIDADES.
Recomendámosche ata a páxina número 17. O resto xa o aprenderás máis adiante!
 O CONCELLO.
Recomendámosche ata a páxina número 12.
 Resultado de imagen de mapa de tomiño
TOMIÑO O NOSO CONCELLO
Na páxina do Concello de Tomiño, podes atopar moitísima información e mapas para saber máis cousas da túa localidade.

E se queres traballar un pouquiño máis...AQUÍ DEIXÁMOSCHE ESTES RECORTABLES!

 
Imprimibles recollidos de 20 manualidades para hacer con tus hijos.

APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS E SOCIAIS?4º de EDUCACIÓN PRIMARIA. APRENDEMOS SOBRE A AUGA E OS RÍOS.1ª PARTE.

Lembrades que na clase estabamos a realizar unha investigación moi interesante sobre o ciclo da auga na natureza e os ríos de Galicia?
Ímos lembrar as cuestións sobre as que traballábades:

1.- O CICLO DA AUGA.

2.- RÍOS DE GALICIA.

3.- PARTES DUN RÍO.

Se xa non lembras nada ou cústache facer memoria, non tes por que preocuparte. Esta entrada do blog é a primeira parte do tema. 
1.- O CICLO DA AUGA

A AUGA NA NATUREZA.ESTADOS DA AUGA.

ANIMACIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA.
Se non consegues ver os enlaces, non pasa nada, aquí tes unha imaxe sobre a que podes traballar:
Nun folio ou nunha libreta, contesta a estas preguntas:
a) Cal é o percorrido que realiza a auga?Explícao do mellor xeito posible coas túas palabras
b)Observa as frechas do debuxo. Cando a auga penetra na terra prodúcese a: 
fertilización, irrigación, infiltración. Copia a palabra correcta.

Nesta outra imaxe aparecen os estados da auga:
Nun folio ou nunha libreta, contesta a estas preguntas:
a) Escribe unha situación na que a auga vólvase sólida.
b) Que temos que aplicarlle para que volte ao estado líquido?
c) Escribe unha situación na que a auga convírtase ao estado gasoso.

Se aínda queres saber máis cousas sobre a auga, aquí tes este outro enlace. O que conta é máis complicado, pero pode ser do teu interese:
INFORMACIÓN AVANZADA SOBRE A AUGA.

Xa sabedes que a maior parte do planeta Terra é auga, de feito tamén é chamado "O PLANETA AZUL".
Unha das reflexións que fixemos na clase é a de que: "A AUGA É UN BEN LIMITADO E QUE TEMOS QUE COIDALA", que a teñamos en abundancia onde vivimos, non quere dicir que a poidamos despilfarrar.
Tamén é de vital importancia coidar os medios acuáticos.
Para reflexionar, deixovos este vídeo:
NENOS E NENAS PODEDES SER AXENTES MEDIOAMBIENTAIS. SODES O PRESENTE E O FUTURO.

Que tampouco o podes ver?...Tranquilidade!Aquí tes unha imaxe:
Para reflexionar:
a) Fai unha lista con medidas que todos podemos tomar para que os nosos ríos, mares e calquera espazo acuático non acaben deste xeito.
b) Debuxa un cartel que poñerías nunha área recreativa (praia fluvial, praia de mar, lagoa, paseo marítimo ou fluvial...)co fin de concienciar ós e ás visitantes de que coiden a contorna.

Bueno, isto é todo sobre a auga. Espero que realices algunha das propostas. MOITO ÁNIMO!.

RESPOSTAS ÁS ADIVIÑAS DA SEMANA PASADA E NOVAS PROPOSTAS.

Bo día a todos e todas. Houbo nenos e nenas que animáronse a respostar ás adiviñas propostas dende o blog do cole. Para os que non conseguíchedes ter a solución as respostas son as seguintes:

Adiviña 1: A ÁRBORE.

Adiviña 2: A LARANXA.

Adiviña 3: AS UVAS.

MATEO de 4º de Educación Primaria contestou a todas correctamente, incluso na árbore citou ao castiñeiro. CAMPEÓN DE ADIVIÑAS!

TEO da mesma aula, tamén respostou correctamente. Na primeira engañouse un pouco, porque opinaba que era o espantallo. Podería ser, porque no inverno non se lle fai moito caso e no verán o poñemos na leira todo chulo. Pero a 2ª e a 3ª xenial!

Para estes dous nenos teremos un detalliño cando esteamos todos xuntos no cole outra vez. 

Estas son as propostas desta semana:
ADIVIÑA 1: 
NO ALTO VIVE,
NO ALTO ESTÁ,
TECENDO ARREO 
SEN LIÑO E SEN LÁ. 
ADIVIÑA 2:  
NON É UN PAXARO.
TAMPOUCO É UN RATO.
PASA O DÍA DURMINDO
E BOTA A NOITE VOANDO. 
ADIVIÑA 3:
MADRUGADOR CANTAREIRO,
FACHENDOSO, PRESUMIDO,
REI NO MEDIO DO SEU REINO
E DE REMENDOS VESTIDO.

   Pistas do morcego Roque: - Nas adiviñas hai un animaliño invertebrado e dous vertebrados. Eu ahí o deixo!
  O PRÓXIMO LUNS RESPOSTAS!
Adiviñas recollidas dun traballo de Mon Daporta (COUSAS DAS COUSAS).

miércoles, 18 de marzo de 2020

INDICACIÓNS PEDAGÓXICAS PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA


Estas son as indicacións pedagóxicas que o profesorado decideu para que o alumnado siga o período de escolarización nas súas casas. Xa están publicadas por ciclos máis abaixo, pero a modo de resumo e para que sexa máis doado de atopalas, poñemos os diferentes niveis con un enlace para que vos leven directamente ós que vos interesen. Só tedes que facer clic enriba do ciclo desexado.


TRABALLOS EDUCACIÓN INFANTIL (actualizado a día 21/03/20)




Tamén están   publicadas na páxina web do centro.




Aquel alumnado que teña problemas para visualizar algún tipo de contido online dende unha tablet ou dispositivo Android, recoméndase que descarguen o navegador Puffin Web Browser e abran ese contido con este navegador, xa que é un dos únicos que coñecemos que pode soportar arquivos flash.


Gracias a unha das familias do centro que nos informou do problema e nos propuxo unha solución.

APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS E SOCIAIS?...TAMÉN MOITO VOCABULARIO!

Bo día nenos e nenas! Andamos atarefadas buscando materiais cos que poidades aprender, estar entretidos e entretidas e pasalo ben.
Nesta búsqueda dimos cunha fantástica páxina creada por Adela Leiro. Dentro dela, atopamos: moita información, contos, adiviñas e personaxes moi simpáticas coas que ímos aprender:
OLA SON ROQUE!












Hoxe ímosvos deixar, para todo o alumnado do 2º ciclo, un enlace chulísimo co que podedes repasar o que xa sabedes sobre as plantas e aprender cousas novas.
No caso dos nenos e nenas de 4º, serviravos para comprender mellor a experiencia científica que realizamos todo o 2º ciclo cando TINGUIMOS FLORES. Lembrades todas as CONCLUSIÓNS ás que chegamos?


COUSAS DAS PLANTAS








Algunhas actividades interesantes para facer serían:
- Debuxar unha árbore nas catro estacións.
- Debuxar unha planta e poñer as súas partes.
- Apuntar as palabras que non coñecías e buscar no dicionario.
- Se tes un xardín na túa casa, fixarte en como son as follas das distintas plantas. Podes facer copia delas debuxando ou recortando.
- Observar as formas e a textura de froitas que tes na casa. Como as describirías?

Para rematar, deixámosvos tres adiviñas, a ver se sodes capaces de resolvelas. Podedes escribir as respostas nos comentarios desta entrada ou enviar un correo electrónico á túa profe. Se non conseguiches averigualas, o luns o "Morcego Roque" darache a resposta.
Adiviña nº 1:   NA HORTA DA MIÑA CASA
                       VIVE UN VELLO CABALEIRO
                       QUE SE VISTE NO VERÁN
                       E DESVÍSTESE NO INVERNO.

Adiviña nº 2:   SON REDONDA, BRILLANTE,
                       TAN LUCIDA COMO UN SOL.
                       A MIÑA COR E O MEU NOME
                       A MESMA COUSA CHE SON. 

Adiviña nº 3:   PEROLIÑAS ENGARZADAS
                      CHEAS DE DOCE DE MEL.
                      NACEN CANDO MORRE MAIO
                      E CÓLLENSE POR SAN MIGUEL.

APRENDE E REPASA AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR.

Seguindo co traballo nas aulas, as nenas e nenos de 3º curso teñen que aprender e repasar as táboas de multiplicar. No caso de 4º curso, serviralles para afianzalas.
Poden acceder ao seguinte link de "Xogos Infantís" para practicar.

PRACTICA LAS TABLAS DE MULTIPLICAR

martes, 17 de marzo de 2020

E SE SEGUIMOS A IR Á BIBLIOTECA?...HOXE TOCA!


Resultado de imagen de axexo imágenes


Todos os días, trataremos de subir ao blog da biblioteca algún recurso de: lectura, información, peli, cancións...Para que segas a disfrutar da compaña das historias e a imaxinación, aínda que non poidas estar alí...Nós queremos estar na túa casa!



https://bibliotecaceipdesobrada.blogspot.com/

AS INVESTIGACIÓNS DOS MÁIS PEQUES DO COLEXIO: OS DINOSAURIOS.

Nas aulas de Educación Infantil, ademáis duns excelentes arqueólogos tamén son PALEONTÓLOGOS. Intentan coñecer como eran os DINOSAURIOS, eses increíbles animais prehistóricos.

Neste caso achegámosvos as actividades da aula de E.I de 3 anos. Estes nenos e nenas, xunto coa profe Mabel: CONTARON, AGRUPARON, CLASIFICARON...E iniciáronse na ACTIVIDADE CIENTÍFICA traballando cos ovos de xeo e os ovos de auga.

Unha aprendizaxe baseada na manipulación e a experiencia, que é a que realmente lémbrase sempre.




CORREOS ELECTRÓNICOS DAS TITORAS DO 2º CICLO DE E.P

Bo día. Por se algunha familia, durante estes días, precisa poñerse en contacto coas titoras de 3º ou 4º, aquí tedes os nosos correos electrónicos:

3ºA CARMELA: m.carmenperez@edu.xunta.es
3ºB MELANIA: melania.coya@edu.xunta.es
4º ESPERANZA: evlopez@edu.xunta.es

Golpe de codo. Nuevo saludo novedoso para evitar la propagación del coronavirus. Dos amigas se encuentran en una calle británica con las manos desnudas. En lugar de saludar con un abrazo o apretón de manos, en su lugar se golpean los codos.Recibide un cordial saúdo.
Resultado de imagen de ilustración corazón                                                                                       https://www.pinterest.ch/pin/471681760959186034/

lunes, 16 de marzo de 2020

INDICACIÓNS PEDAGÓXICAS PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA


Estas son as indicacións pedagóxicas que o profesorado decideu para que o alumnado siga o período de escolarización nas súas casas. Xa están publicadas por ciclos máis abaixo, pero a modo de resumo e para que sexa máis doado de atopalas, poñemos os diferentes niveis con un enlace para que vos leven directamente ós que vos interesen. Só tedes que facer clic enriba do ciclo desexado.










Tamén están   publicadas na páxina web do centro.

INDICACIÓNS DENDE A ÁREA DE INGLÉS PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

INGLÉS  INFANTIL  E  1º





INGLÉS  2º





INGLÉS  3º





INGLÉS  4º

INDICACIÓNS DO 3º CICLO PARA O PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

Durante este periódo empregaráse a plataforma Edixgal, por
favor estade  pendentes dos  vosos correos, donde recibiredes instrucións sobre as tarefas a realizar.
E na medida do posible tratade de consultar a páxina web o  blogue nas que  poderedes atopar plataformas educativas interesantes para tódolos niveis.
Moito ánimo

INDICACIÓNS DO 2º CICLO PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA.

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (alumnado de 3º e 4º) Indicacións de traballo escolar para o período de anulación de aulas presenciais con motivo das medidas de prevención para evitar a propagación do COVID-19.

 Ola familias!, as mestras e mestres queremos animar aos nenos e nenas a que, todos os días, manteñan as súas rutinas de sono, aseo persoal, alimentación e hábitos de estudo.  
Por este motivo, preparamos tarefas e buscamos enlaces que poden facilitarvos este período de “escolarización na casa”.  

A tarefa para realizar estes días, consiste en actividades de repaso, conceptos xa traballados nas aulas, para que sexa máis doado que traballen de xeito autónomo. 

QUE FAGAN TODOS OS DÍAS UN POUQUIÑO. SE HAI ALGO QUE NON COMPRENDAN, Á VOLTA TRABALLARÉMOLO TODOS XUNTOS.

O alumnado de 3º de E.P que asistíu ao colexio o venres 13 de marzo xa levou as tarefas. O alumnado de 4º tamén as ten.

Para realizar as fichas non é necesario imprimilas se non teñen os medios. No caso das actividades de Matemáticas, as nenas e os nenos poden copiar as operacións e problemas en algún folio ou folla e realizalos.
No caso das actividades de Lengua e Comprensión Lectora poden anotar únicamente a resposta, indicando a súa correspondencia co número de folla e número de exercicio.

3º DE PRIMARIA:

MATEMÁTICAS 2º CICLO 
MATEMÁTICAS 2º CICLO, fichas de las páginas: 9(ficha 5), 10(ficha 6), 11(ficha 7), 12(ficha 8), 33 (ficha10).

MEJORA DE LA LENGUA
MEJORA DE LA LENGUA 3º de PRIMARIA, fichas de las páginas: 8 (ficha1), 10(ficha3), 11 (ficha 1) y 16 (ficha 3).

COMPRENSIÓN LECTORA 
COMPRENSIÓN LECTORA 3º de PRIMARIA, fichas de las páginas: 40-41 (ficha CL1), 42-43 (ficha CL2) y 44-45 (ficha CL3).



4º DE PRIMARIA:

MATEMÁTICAS 2º CICLO 
MATEMÁTICAS 2º CICLO, realizarán os seguintes números de fichas:

* OPERACIONES: 6, 7, 15, 16, 17, 18, 19.

* PROBLEMAS: 1, 2, 3.

AS FICHAS DE LINGUA GALEGA CORRESPONDEN ÁS SEGUINTES IMAXES:
 OS COMENTARIOS DE LECTURAS SON OS DAS SEGUINTES IMAXES:

Lectura 1: escribir un conto.
Lectura 2




 
EDUCACIÓN FÍSICA
Na medida do posible é importante que vos manteñades activos, podedes apoveitar para saltar a comba, xogar co balón os que poidades e realizar algunhas das rutinas que facemos no cole antes de comenzar as sesións: rotacións, estiramentos, pequenas carreiras, elevación de xeonllos...
exercicios para quecer
exercicios para articulacións 
video move todo o corpo
Os de cuarto  tendes unha actividade pendente, se é posible mantela, para cando volvades que é a de xogaloita nestos días deixarei un vídeo para que vexades que actividades ides a facer.
Aqui tendes un enlace de xogos populares para que vaiades investigando e collendo ideas
xogos populares

Podes ver nestes vídeos como se xoga a algúns dos xogos tradicionais e poñelo en práctica
chapas, canicas
 

INDICACIÓNS DE 1º CICLO PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

INDICACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

INDICACIÓNS A DÍA 21 DE MARZO DE 2020

Boas familias! Facémosvos de parte dunha mamá de Infantil outra proposta de actividade para levar mellor estes días:
UN DEBUXO PARA CADA COMPAÑEIRO/A
Cada neno/a de Infantil pode facer un debuxo para cada neno/a da súa aula ( Cada neno/a da aula de 3 lle fará un debuxo aos restantes 10 nenos/as da aula, polo tanto cada neno/a fará 10 debuxos; cada neno/a da aula de 4 fará 13 debuxos, un por cada neno/a restante que hai na súa aula; e cada neno/a da aula de 5 fará 15 debuxos) Cando voltemos ás aulas, ollaremos todos os debuxos e poderán levar un agasallo dos seus compañeiros/as para casa. 
É unha actividade voluntaria, como todas as que vos propoñemos e nos vindeiros días propoñerémosvos máis cousiñas para ter aos cativos entretidos nestes días de obrigada estacia na casa.
MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!

IDEAS  PARA  FACER  NA  CAS


RECOMENDACIÓNS ALUMNADO 3 ANOS

  
RECOMENDACIÓNS ALUMNADO DE 4 ANOS



RECOMENDACIÓNS ALUMNADO 5 ANOS

domingo, 15 de marzo de 2020

SOLIDARIEDADE DENDE AS EDITORIAIS.


Son bastantes as editoriais que están a aportar recursos educativos para axudar neste momento en que os nenos e nenas están na casa. Pouco a pouco iremos dándoas a coñecer.
Hoxe deixámosvos a do grupo S.M, que ofrece de xeito gratuíto acceso á súa plataforma con libros e xogos da súa aula virtual de aprendizaxe, M.A.R.S, durante o período de corentena.

Son recursos de distintas áreas que abranguen dende Educación Infantil ata Secundaria.

Deixámosvos o enlace desta interesante proposta:
M.A.R.S

E se visitamos museos dende casa?

 "A arte é un instrumento de instrucción masiva", esperta a imaxinación, agudiza o inxenio, remove a nosa sensibilidade e agudiza os sentidos.
Toda unha receita que vai sentar ben a toda a familia e en especial aos máis pequechos e pequechas. Aquí deixámosvos algúns enlaces e fermosas e suxerentes imaxes que convidan a colarse sen entrada:)
 

 

                                               LOUVRE-PARIGI (París)           
                                 BRITISH MUSEUM LONDON (Londres)

Son moitos máis, pouco a pouco iremos convidándovos. Non o perdades!

Unha interesante iniciativa educativa dende RTVE durante o peche preventivo dos centros educativos.

Dende este luns día 16 de marzo, nos medios dixitais do canal infantil CLAN (web, apps e televisións conectadas), estarán dispoñibles contidos audiovisuais para nenos e nenas dende os 4 aos 10 anos.
Esta iniciativa lévase a cabo de xeito coordinado, entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional a través  do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado)e coa colaboración desinteresada de editoriais educativas.

Os contidos estarán agrupados en tres canais:

EduClan 3 a 5 anos

EduClan 6 a 8 anos.

EduClan 9 a 10 anos.

As familias poderedes atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lengua Castellana, Lóxica e Matemáticas, Educación Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías e Convivencia.

Para máis información deixámosvos o seguinte enlace:
EduClan unha ferramenta educativa.

CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA A CORENTENA

viernes, 13 de marzo de 2020

SAÍMOS OU NON SAÍMOS DA CASA?


INFORMACIÓN CORONAVIRUS PARA PEQUES

Sabedes a diferencia entre é ou e?

 O alumnado de quinto estamos estudando o acento diacrítico.
Se tedes algunha dúbida podedes ver os nosos Lapbook.
 Esperemos que vos guste tanto como a nos facelo!


Cales son os animais vertebrados na aula de 5º?

 Os alumnos e alumnas  de quinto,coa axuda das súas familias,  realizaron unhas maquetas de diferentes animais vertebrados.
Esperamos que vos guste!

domingo, 8 de marzo de 2020

A MULLER NA HISTORIA

Un día coma hoxe, queremos compartir con vós, esta excelente cantiga que "visibiliza a invisibilidade" á que a muller foi sometida nos distintos períodos da historia, sen deixar un momento de seguir adiante, de loitar polo que lle corresponde por dereito. Non somentes somos a metade...SOMOS TODO!