Ímos lembrar as cuestións sobre as que traballábades:
1.- O CICLO DA AUGA.
2.- RÍOS DE GALICIA.
3.- PARTES DUN RÍO.
Se xa non lembras nada ou cústache facer memoria, non tes por que preocuparte. Esta entrada do blog é a primeira parte do tema.
1.- O CICLO DA AUGA
A AUGA NA NATUREZA.ESTADOS DA AUGA.
ANIMACIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA.
Se non consegues ver os enlaces, non pasa nada, aquí tes unha imaxe sobre a que podes traballar:
a) Cal é o percorrido que realiza a auga?Explícao do mellor xeito posible coas túas palabras
b)Observa as frechas do debuxo. Cando a auga penetra na terra prodúcese a:
fertilización, irrigación, infiltración. Copia a palabra correcta.
Nesta outra imaxe aparecen os estados da auga:
Nun folio ou nunha libreta, contesta a estas preguntas:
a) Escribe unha situación na que a auga vólvase sólida.
b) Que temos que aplicarlle para que volte ao estado líquido?
c) Escribe unha situación na que a auga convírtase ao estado gasoso.
INFORMACIÓN AVANZADA SOBRE A AUGA.
Xa sabedes que a maior parte do planeta Terra é auga, de feito tamén é chamado "O PLANETA AZUL".
Unha das reflexións que fixemos na clase é a de que: "A AUGA É UN BEN LIMITADO E QUE TEMOS QUE COIDALA", que a teñamos en abundancia onde vivimos, non quere dicir que a poidamos despilfarrar.
Tamén é de vital importancia coidar os medios acuáticos.
Para reflexionar, deixovos este vídeo:
NENOS E NENAS PODEDES SER AXENTES MEDIOAMBIENTAIS. SODES O PRESENTE E O FUTURO.
Que tampouco o podes ver?...Tranquilidade!Aquí tes unha imaxe:
Para reflexionar:
a) Fai unha lista con medidas que todos podemos tomar para que os nosos ríos, mares e calquera espazo acuático non acaben deste xeito.
b) Debuxa un cartel que poñerías nunha área recreativa (praia fluvial, praia de mar, lagoa, paseo marítimo ou fluvial...)co fin de concienciar ós e ás visitantes de que coiden a contorna.
Bueno, isto é todo sobre a auga. Espero que realices algunha das propostas. MOITO ÁNIMO!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario