Os nenos e nenas de 3º estabades a traballar en Ciencias Sociais sobre O QUE É UNHA LOCALIDADE e COMO É A LOCALIDADE ONDE VIVIMOS. Que non lembras nada? Non te preocupes! Aquí tes uns enlaces cos que poderás facer memoria.
A LOCALIDADE E OS SEUS SERVIZOS.
Despois de ver a animación, nun folio ou nunha libreta podes contestar a estas preguntas. Que non eres capaz de mirala? Non te preocupes!Observa atentamente as imaxes que están encima.
a) Que é unha localidade?
b) Que tipos de localidades hai?Como podemos diferencialas?
c) Que son os servizos públicos?
d) Cal é a túa localidade?Como é?(grande, pequena, rural, urbana, ten moitos servizos, poucos...)
e) Debuxa no mesmo folio (ou na mesma páxina da libreta) unha cidade e un pobo. Que diferenzas hai entre as dúas?
Despois de facer os exercicios propostos, podes repasar o que aprendiches nestes enlaces:
A LOCALIDADE. TIPOS DE LOCALIDADES.
Recomendámosche ata a páxina número 17. O resto xa o aprenderás máis adiante!
O CONCELLO.
Recomendámosche ata a páxina número 12.
TOMIÑO O NOSO CONCELLO
Na páxina do Concello de Tomiño, podes atopar moitísima información e mapas para saber máis cousas da túa localidade.
E se queres traballar un pouquiño máis...AQUÍ DEIXÁMOSCHE ESTES RECORTABLES!
Imprimibles recollidos de 20 manualidades para hacer con tus hijos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario