Adiviña 1: A ÁRBORE.
Adiviña 2: A LARANXA.
Adiviña 3: AS UVAS.
MATEO de 4º de Educación Primaria contestou a todas correctamente, incluso na árbore citou ao castiñeiro. CAMPEÓN DE ADIVIÑAS!
TEO da mesma aula, tamén respostou correctamente. Na primeira engañouse un pouco, porque opinaba que era o espantallo. Podería ser, porque no inverno non se lle fai moito caso e no verán o poñemos na leira todo chulo. Pero a 2ª e a 3ª xenial!
Para estes dous nenos teremos un detalliño cando esteamos todos xuntos no cole outra vez.
Estas son as propostas desta semana:
ADIVIÑA 1:
NO ALTO VIVE,
NO ALTO ESTÁ,
TECENDO ARREO
SEN LIÑO E SEN LÁ.
ADIVIÑA 2:
NON É UN PAXARO.
TAMPOUCO É UN RATO.
PASA O DÍA DURMINDO
E BOTA A NOITE VOANDO.
ADIVIÑA 3:
MADRUGADOR CANTAREIRO,
FACHENDOSO, PRESUMIDO,
REI NO MEDIO DO SEU REINO
E DE REMENDOS VESTIDO.
Pistas do morcego Roque: - Nas adiviñas hai un animaliño invertebrado e dous vertebrados. Eu ahí o deixo!
O PRÓXIMO LUNS RESPOSTAS!
Adiviñas recollidas dun traballo de Mon Daporta (COUSAS DAS COUSAS).
YERAY E AARON DE 4 RESPONDEMOS AS ADIVIÑANZAS.A PRIMEIRA E A ARAÑA,A SEGUNDA E O MORCEGO E A TERCEIRA O GALO.
ResponderEliminarMateo:a araña, o morcego e o galo
ResponderEliminarAntía de 4° a primeira araña a segunda morcego e a terceira o galo
ResponderEliminarUxía de 4º: a primeira é 1 araña, a segunda é 1 morcego e a tercera é o galo.
ResponderEliminarXabier, cuarto de primaria, dí o seguinte: 1) araña; 2) morcego e 3) galo.
ResponderEliminarDavinia de 4 di 1 araña, 2 morcego,3 o galo
ResponderEliminarKevin de terceiro de primaria di.1) araña 2) morcego 3) o galo
ResponderEliminarSodes xeniais!Grazas polo voso interese e por estar en contacto con nós!O blog e o colexio teñen sentido pola vosa existencia, porque aprendedes, brincades...Unha enorme aperta!
ResponderEliminarXa sabedes que esta sección publicámola os luns. Ese día daremos as respostas e haberá adiviñas novas. Vémonos chicas e chicos!
A resposta as novas adiviñaszas:
ResponderEliminar1. O buzón de correos
2. A planta do pé e as do xardín
3. A garrapata