viernes, 21 de diciembre de 2018

POSTAL FELICITACIÓN

VISITA PAPA NOËL

COMO TODOS OS ANOS, PAPÁ NOÉL VOLVEU DE VISITA A SOBRADA.
OS PEQUES DO COLE ENTREGÁRONLLE AS SÚAS CARTAS E GOZAMOS TODOS DA SÚA VISITA










E PARA COMEZAR AS VACACIÓNS DE NADAL E O INVERNO COS BANDULLOS BEN QUENTIÑOS, O ANPA INVITOUNOS A UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE.
MOITÍSIMAS GRAZAS

The Cuisines de

BOAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!!!

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO DO 2019

jueves, 20 de diciembre de 2018

VISITA PIRATA PARK INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, O PASADO DÍA 29 DE NOVEMBRO FUMOS DE EXCURSIÓN A UN PARQUE DE BOLAS: PIRATA PARK DE VIGO, ONDE DISFRUTAMOS MOITOS, XOGAMOS, SALTAMOS, ESCALAMOS, BAILAMOS.... UN DÍA DE XOGOS E DESFRUTE MÁXIMO!!

lunes, 17 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN DE INVERNO


ABERTA A EXPOSICIÓN DE INVERNO

HALLOWEEN TRADITIONS


O alumnado de 4º cóntannos algo sobre a tradición de Halloween.

HALLOWEEN QUIZ


O alumnado de 3º cóntannos unhas adiviñas baseadas na conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN PICTURE


O alumnado de 2º describe unha viñeta de Halloween.

HALLOWEEN POSTERS 1ºB

O alumnado de 1ºB elaborou uns posters de Halloween e presentoullo ó resto da clase.

HALLOWEEN POSTERS 1ºA


O alumnado de 1ºA elaborou uns posters de Halloween e presentounos ó resto da clase.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de 1º de primaria toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de infantil de 5 anos toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN INFANTIL

jueves, 13 de diciembre de 2018

PAIS CONTACONTOS NA AULA DE 4 ANOS

No pasado mes de outubro, na aula de 4 anos tivemos a sorte de contar coa visita de BELÉN e DIEGO, nai e pai de TIAGO, que viñeron a contar dous contos: "COCORICO" e "CARABUÑAS". Os nenos disfrutaron moito co ben que o fixeron e ata trouxeron títeres! 
MOITÍSIMAS GRAZAS a estes pais por empregar parte do seu tempo en implicarse nestas actividades tan motivadoras para os nenos.
GRAZAS DE CORAZÓN!

lunes, 3 de diciembre de 2018

EXCURSIÓN A VIGO

O xoves 29 de novembro os alumnos/as de 3º e 4º de primaria fomos de excursión a Vigo. Primeiro no teatro de Afundación disfrutamos dun concerto de instrumentos insólitos; quedamos impresionados cunha silla de camping que soaba coma unha frauta ou mesmo unha gaita construida cunha bolsa de aluminio e ventosas...






Logo fomos ó Estadio do Celta, Balaidos. Coñecemos o estadio por fora, gustounos moito a cuberta, semella centos de tobogáns para tirarse por eles. Dentro visitamos o museo oficial do R.C. Celta, alí contáronnos a súa historia dende o inicio e coñecemos a Celestino, a exmascota.
Tamén dimos unha volta e vimos o campo onde se xogan os partidos, merendamos nas gradas e nese momento sorprendeunos ver dous xogadores: Hjulsager, centrocampista e Nestor Araujo, defensa.


                                              Pasámolo de cine!


miércoles, 28 de noviembre de 2018

lunes, 26 de noviembre de 2018

FRUTOS DO OUTONO 5 ANOS

NA AULA DE 5 ANOS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE SENTIDOS COS FRUTOS DO OUTONO: TOCÁMOLOS, OLÉMOLOS, SABOREÁMOLOS, VÍMOLOS, NOMEÁMOLOS E FIXEMOS UN XOGO DE ADIVIÑAR. EN DEFINITIVA, PASÁMOLO XENIAL. GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

PINTAMOS AS UÑAS

GRACIAS A MAMÁ DE NAIRA E DE CARLA DA SILVA OS NENOS DE 5 ANOS PINTAMOS AS UÑAS E PASAMOS UNHA XORNADA MOI DIVETIDA, DENDE AQUÍ MOITAS GRACIAS.

jueves, 22 de noviembre de 2018

MAGOSTO

O pasado martes 13 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto. Aproveitamos o bo clima do día para realizar roteiros preto do centro, a volta degustamos as riquisimas castañas recen asadas. Xuntámonos grandes e pequenos, compartimos momentos e gozamos de diversos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

APLAZADO CAMPO A TRAVÉS DO ROSAL

Informamos de que o cross escolar que estaba anunciado para o día 24 de novembro, queda aprazado en previsión da mala climatoloxía que se espera para este día. Comunicaremos a través do alumnado a nova data na que se celebrará este cross.

O vindeiro sábado celebraremos outra proba de cross desta vez participarán as categorías benxamíns nenos nados no ano 2010 ata a categoría cadete nenos/as nados no ano 2005. Será en Tabagón  a ubicación do circuito poderedela atopar na seguinte direción web de agrudebam


CAMPO A TRAVÉS DE GUILLAREI

O pasado 16 de novembro participamos na primeira edición de campo a través por equipos  nos niveis de 2º e 3º de primaria.
Guillarei foi o escenario que acolleu ós escolares de Tomiño, Tui e Salceda.
Pola implicación dos nenos e nenas do cole a experiencia foi moi positiva; todos correron con gañas para axudar  co seu posto a súa clase e  chegaron moi ben situados!. Pronto poderemos consultar as clasificacións finais na páxina  web agrudebam.

                VIDEO (agrudebam)   FOTOS ( agrudebam)


sábado, 17 de noviembre de 2018

A ANPA PINTA O MURO DO COLEXIO

As nais e pais do alumnado co Centro colaboraron no pintado do muro do colexio no seu tempo libre. Moitas grazas a tod@s.

viernes, 9 de noviembre de 2018

10 de novembro: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.

As Nacións Unidas designaron este día, para promover que os cidadáns e as cidadás estén informados sobre os avances científicos, creando sociedades máis sostibles, ao tempo que favorece a comprensión sobre a fraxilidade do planeta no que vivimos.

A ciencia, un dereito humano.
 
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos  de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.

OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.

Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.


Para saber máis deste día     

jueves, 8 de noviembre de 2018

CAMPAMENTO STEM: VIVA A CIENCIA

No colexio estamos moi felices porque os nosos "pequenos-grandes do cole"...OS NENOS E NENAS DE 6º! Están en Santiago de Compostela nun campamento de CIENCIA E TECNOLOXÍA. Está a ser unha grande experiencia para eles e, cando regresen, para nós. Poderán amosarnos todos os coñecementos e habilidades que están a adquirir. UNHA PASADA!

Onte unha das nenas, Natalia, escribíunos unha mensaxe moi fermosa, na que explica con grande emoción o que están a facer. Moitas grazas!


"El Lunes aprendimos que era la terraformación e hicimos un microscopio y una casa espacial de botellas y piezas 3D.

El martes diseñamos piezas 3D para un cohete que lanzaremos el viernes y nos darán insignias. Por la tarde hicimos un traje espacial.

Hoy miércoles hicimos electrónica, circuitos eléctricos con plastilina conductiva hecha por nosotros y la que se compra. También soldamos.

Ahora por la tarde vamos de excursión a un museo, aunque yo soy la segunda porque hay unos grupos que se llaman Valentina Tereshkova y Cecilia Payne que van primeros y después vamos Hipatia y Mae Jamison.

Nos lo estamos pasando genial.

CHAO SALUDOS DE TODOS SE DESPIDE NATALIA. "

TERRAFORMACIÓN

DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D
 

SOLDADURA


MUSEO

lunes, 5 de noviembre de 2018

CABAZAS DE SAMAÍN

NA AULA DE 5 ANOS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS CABAZAS POR EQUIPOS DE MORCEGO. MIRADE QUE CHULAS QUEDARON.

martes, 30 de octubre de 2018

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

Ó longo deste mes de outubro, os nenos/as da aula de 4 anos trouxeron distintos FROITOS típicos desta estación: SECOS coma as castañas, as noces, avelás,... e CARNOSOS como as laranxas, uvas, granada,etc. Tamén observaron e manipularon follas de distintas especies como o carballo, castiñeiro, tamén as landras, piñas, cocas...Fixemos varias DEGUSTACIÓNS de froitos de outono e pasárono en grande! Estaban deliciosos!! Aquí tedes unha proba do que disfrutaron. 
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR APORTAR TANTOS FROITOS!

lunes, 9 de julio de 2018

ETWINNING 3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de primaria participous nun proxecto de "Etwinning" chamado "This is where I live" no 2º e 3º trimestre do curso que acaba de rematar con outros colexios de Grecia,Turquía,Italia e Polonia. 
Fixeron unha presentación dos países participantes, elaboraron unhas postais de pascua que se mandaron ó resto dos colexios por correo postal, despois déronse a coñecer presentando ós equipos cooperativos nos que traballan diariamente, logo presentaron o seu colexio e por último fixeron unha presentación do sitio en onde vivían, de Galicia. 
Estes foron os vídeos elaborados polo noso alumnado.

PARABÉNS POR TODO O ESFORZO!
 

domingo, 1 de julio de 2018

TALLERES 3º CICLO

º Un pequeno resumo dos talleres realizados en 5º e 6º de primaria. Taller de cociña, taller de plástica,taller de imaxe e son e taller de robótica.

ROBÓTICA

Taller de iniciación á robótica impartido ó alumnado de 5º e 6º polo mestre Tonecho.

Visita a Compostela

Visita a Santiago de Compostela do alumnado de 5º e 6º de primaria, en onde visitaron o Parlamento de Galica, a cidade da cultura e a Xunta de Galicia.

THE STORY OF JACK O LANTERN

A historia de Jack'O'Lantern ilustrada e narrada polo alumnado de sexto de primaria.

miércoles, 27 de junio de 2018

DEPORTE ESCOLAR. PROGRAMA XOGADE

Aqui vos deixamos un breve resumo de algnhas das actividades deportivas que se levaron a cabo no terceiro trimestre, dentro do programa xogade. Lembramos que para saber máis das actividades deportivas que se están a desenvolver podedes acceder a páxina web de agrudebam, ahí seguro que atoparas información que buscas...resultados, eventos deportivos da zona, imaxes e vídeos. Noraboa pola vosa participación e deportividade.
PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA. 
Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.



ZONAL TENIS DE MESA. Pavillón de Sobrada. 

sábado, 23 de junio de 2018

REALIDADE AUMENTADA EN INFANTIL

O alumnado da aula de 5 anos experimentou coa realidade aumentada dentro do seu proxecto cos colexios de Canadá e Nova Zelandia.

jueves, 12 de abril de 2018

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXE PROVISIONAL CURSO2018/2019

Esta é a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2018/2019.
O periodo de matricula comenza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño