lunes, 29 de febrero de 2016

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016-2017

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 16/17



Postos escolares ofertados

CURSO
PRAZAS OFERTADAS
4º Educación Infantil
22 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
5º Educación Infantil
7 prazas
6º Educación Infantil
10 prazas
1º Educación Primaria
4 prazas + 2 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2º Educación Primaria
7 prazas
3º Educación Primaria
14 prazas
4º Educación Primaria
5 prazas
5º Educación Primaria
24 prazas
6º Educación Primaria
21 prazas

  • Prazo para solicitar reservas (centros adscritos): 1-15 de febreiro.
  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-29 de marzo.
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 1 de abril ao 12 de abril
  • Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril
  • Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.
  • Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño
  • Recollida de impresos no Centro ou Anexo II da presente Orde.


Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.

ENTROIDO 2016: DESFILE

ENTROIDO 2016: DEGUSTANDO POSTRES

ENTRODIO 2016: ACTUACIÓN INFANTIL

ENTROIDO 2016: ACTUACIÓN 1º CICLO

ENTROIDO 2016: ACTUACIÓN 2º CICLO

ENTROIDO 2016: ACTUACIÓN 3º CICLO

ENTROIDO 2016: QUEIMA DO MECO

jueves, 25 de febrero de 2016

FINAIS DE BÁDMINTON

Quince xogadores do Ceip de Sobrada foron os clasificados para xogar a final zonal de bádminton deste cuso que se celebrou en Tomiño, participaron alumnos  de colexios de Tomiño e Tui e tamén o recén creado Club Bádminton de Tui. Durante o mes de xaneiro e febreiro celebráronse nos pavillóns da zona as rondas clasificatorias en tódalas categorías, en función dos partidos gañados elaborouse unha clasificación para a final na que tivemos unha boa representación.
Noraboa a tódolos participantes pola deportividade e as gañas de medrar neste deporte e moi especialmente a Nayara Exposito que acadou a 2º posición, medalla de prata e a Bruno Fernández (CBT) que acadou 3º posto, medalla de bronce, e que pasan seguinte fase O Provincial de Pontevedra.

martes, 23 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

Polo día da Paz celebramos un acto solidario na defensa de valores de amizade, non violencia e solidariedade.Todos os nenos e nenas do centro aportaron a súa visión do significado da palabra PAZ con  frases, poemas e mesmo un rap.
No mesmo acto fíxose a solta de farolillos voadores cargados cos  nosos mellores desexos de PAZ.


video feito por alumnos de 4º

viernes, 5 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Hoxe celebramos o Entroido, cun vistoso desfile, actuacións  e degustación de postres típicos destas datas aportados polas familias.
Este ano o tema central das comparsas foi o do   Medio Ambiente polo que  o centro encheuse de bolboretas, trasnos, carballos....tamén contamos coa presenza dos tradicionais peliqueiros de Laza!.
Este é un pequeno avance do que vimos esta maña, nos vindeiros días subiremos vídeos.



jueves, 4 de febrero de 2016

ORDE DO MECO

Qué quentiños viñemos hoxe ó cole.

miércoles, 3 de febrero de 2016

ORDE DO MECO PARA O XOVES


ORDE DO MÉRCORES


Hoxe  sacamos todos os peluches da casa, qué divertido!!.

martes, 2 de febrero de 2016

ORDE DO MECO PARA O MÉRCORES

SE Ó MECO QUERES CONTENTAR,
UN PELUCHE DE ANIMAL TERÁS QUE TRAER.



ORDE DO MARTES

Estes foron algúns dos colares cos que nos adornamos hoxe.


lunes, 1 de febrero de 2016

ORDE DO MECO PARA O MARTES, 2 DE FEBREIRO


SI Ó MECO
QUERES VER BAILAR
NO TEU PESCOZO
UN COLAR HAS DE COLGAR

PRIMEIRA ORDE DO MECO

                                                                                                                                                      
Así lucían flores os nenos e nenas de Sobrada está mañá ó entrar ó Colexio.