miércoles, 30 de junio de 2010

XIV XORNADA DE CONVIVENCIA



GRAZAS PROFES, POR ESTAS MARAVILLOSAS ACTIVIDADES!!!!!

A IMAXINACIÓN A VOAR





Traballo literario feito polo alumnado do de 2º ó longo de varias sesións dun trimestre no que se traballou a imaxinación e a creatividade literaria. O traballo foi realizado polas dúas clases de segundo pero baixo segredo e sorpresa de cada clase ata a última semana do curso no que cada aula lle presentou o traballo sorpresa á outra.

DINAMIZACIÓN DA LECTURA: CONTA COMIGO

Neste curso, en Infantil, desenvolvéronse diversas actividades de dinamización da lectura, entre elas o noso “CONTA COMIGO”, no que cada semana nun día estipulado algún membro da familia do alumnado de 3 e 4 anos acudía á aula a contar un conto.



Resultou unha experiencia moi proveitosa e emotiva para os nenos e nenas e dende aquí queremos agradecer a colaboración que en todo momento recibimos por parte de pais, nais, irmáns, primos...
MOITÍSIMAS GRACIAS POR ACHEGARNOS AO MÁXICO MUNDO DOS CONTOS!

martes, 29 de junio de 2010

TURONIA 2010



A finais do mes de xuño os alumnos de 6º de P. Caselles, Barrantes e de Sobrada fixeron unha actividade de senderismo que denominamos Turonia na que coñecemos aspectos arqueolóxicos, botánicos, arquitectónicos e históricos do entorno.Nesta edición ademais no CEP Pedro Caselles achegáronnos coñecementos sobre astroloxía a través do seu planetario e da exposición do universo.

Este ano coa conmemoración dun ano xacobeo a ruta fíxose polo camiño de Santiago pero en sentido inverso de Tebra a Goián, o lugar por onde cruzaban moitos peregrinos portugueses na busca dun paso polo río Miño.

Pasamos a noite no CEP Pedro Caselles para o día seguinte continuar a ruta que nos levaría a Goián onde despedimos o Turonia 2010 facendo piragüismo.
Pinchando na palabra Turonia poderedes ver máis fotos da páxina web do CEP Pedro Caselles

lunes, 28 de junio de 2010

SAÍDA ÁS ILLAS CIES

O día 14 de xuño os nenos e nenas do 2º ciclo gozamos dunha saída ao Parque Natural das Illas Cíes , saímos en autobús dende o cole á estación de Guillarei para coller un tren que nos levaría á Estación de Vigo, dende alí collemos un bus urbano ao porto de Vigo onde embarcamos no "Pirata de Ons", barco que nos levaría ás Illas Cies. Alí fixemos unha ruta pola Illa , comemos e, como non, bañámonos e xogamos coa area.....pasamolo moi ben.

sábado, 26 de junio de 2010

MERGULLÁMONOS NA CIENCIA!



O pasado día 7 de Xuño tivemos a sorte de presenciar unha conferencia-taller sobre o mundo mariño realizada por persoal do CSIC. Todos os ciclos asistiron ás conferencias, que se levaron a cabo en catro aulas simultáneamente. No video podedes ver un resumo das moitas cousas que se aprenderon. (Non hai fotos do 3º ciclo por un problema de última hora coa cámara. Desculpas!)

viernes, 25 de junio de 2010

COIDAMOS AS PLANTAS

No terceiro trimestre de educación infantil, traballamos o proxecto "Coidamos as plantas", que xurdiu como consecuencia da creación da nosa horta escolar a da plantación que se levou a cabo a raíz da nosa participación no programa VOZ NATURA. Os nenos/as mostraron moitísimo interese en coñecer diversos tipos de plantas así como en participar nos seus coidados. Cada unha das aulas plantou diversos tipos de sementes que os nenos e nenas tiveron que coidar e regar diariamente. Este é un dos traballos que se fixeron:

Open publication - Free publishing

Ademáis nas clases de Inglés tamén se estudaron as plantas facendo fincapé no vocabulario. Canto aprenderon estes nen@s!

JON PUGA


O día 9 de Xuño recibimos a visita de JON PUGA, magnífico ilustrador vigués que estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Escola de Debuxo Profesional de Madrid. Jon ensinou ao alumnado de 2º e 3º ciclo algúns trucos na arte do debuxo. Velaquí podemos ollar unha mostra da súa arte.

lunes, 21 de junio de 2010

XIII FESTIVAL





Aquí se pode ver un pequeno resumo en imaxes do que dou de sí o XIII Festival das Xornadas culturais do noso cole. Despois de tantas horas de ensaio e de traballo previo, hai que felicitar a todo o mundo polo éxito final.
PARABÉNS A TOD@S!!!

domingo, 20 de junio de 2010

VÍDEOS DO FESTIVAL: O CORAZÓN DO BOSQUE



Obra de teatro composta integramente polo alumnado do primeiro ciclo, coa axuda do seu profesorado. Os alumnos e alumnas convertéronse en autores e actores ó mesmo tempo.

VÍDEOS DO FESTIVAL: A COSTA DE GALICIA



Que mellor maneira que poñer o broche final do festival cun baile tradicional galego interpretado por Carlos Núñez. Alumnas e alumnos do terceiro ciclo amosáronnos as súas dotes na arte do baile galego.

VÍDEOS DO FESTIVAL: COIDÁMOLO MAR




Obra de teatro adaptada totalmente polo alumnado e profesorado do segundo ciclo. Máis ben poderíase categorizar como Musical, xa que a música e o baile estiveron moi presentes ó longo de toda a obra. Hai que destacar tamén que o propio alumnado tamén se ocupaba do son e das fotografías da obra.

VÍDEOS DO FESTIVAL: UNHA POZA AZUL


Este ano, os nen@s de infantil, prepararon unha actuación de TEATRO DE SOMBRAS para deleite de tod@s os que puidemos presenciala. Os nen@s de 5 anos mostraron unha habilidade para o manexo das sombras e a memorización dos textos que resultou abraiante. Os de 3 e 4 encargáronse de engadirlle o toque musical, que nunca debe faltar, e interpretaron varias cancións para presentar a cada personaxe da obra. Para @s que non puidéchedes disfrutar da súa actuación, aquí tedes a proba do artistas que poden chegar a ser nen@s tan pequenos!

VÍDEOS DO FESTIVAL: RECITAL DE POESÍA

Non podía faltar unha homenaxe a Uxío Novoneyra, polo que o alumnado do terceiro ciclo recitou unhas poesías do autor do Caurel, mentras se observaban unhas imaxes da súa terra. O ambiente creado foi incrible.

sábado, 19 de junio de 2010

PINTURA PRIMAVERAL



Traballo realizado polo alumnado do sexto curso, usando pastel, pigmentos e papel terapéutico. Tema: A primavera e as súas cores.

martes, 15 de junio de 2010

MANUEL UHÍA


Con motivo das Xornadas Culturais, recibimos a visita do ilustrador MANUEL UHÍA, quen nos ensinou técnicas moi útiles para transmitir emocións a través do debuxo. Os nenos e nenas participaron moito neste obradoiro como se pode ollar nas imaxes.

lunes, 14 de junio de 2010

APICULTURA

O 19 de maio abríronse as Xornadas Culturais do 2010 cunha degustación de mel e charla sobre a arte da apicultura.

ANXO FARIÑA



O pasado 26 de maio visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Con el descubrimos novas técnicas de debuxo.

domingo, 13 de junio de 2010

DE VISITA Ó ZOO



O pasado 31 de maio o alumnado do primeiro ciclo realizou unha visita ó zoo de Vigo. Alí puideron ver distintas especies de animais e recoller información sobre o seu animal favorito.

martes, 8 de junio de 2010

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS por unha iniciativa canadense.
Os océanos cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccións coa atmosfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel relevante na conformación das condicións que fan posible as distintas formas de vida do planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos.
Unha das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, a quenlla, o peixe espada e as poboacións de merlín.
En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o ano 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS OCÉANOS?
- Reducir de forma significativa o tamaño das frotas industriais;
- Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
- Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
- Pór en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
- Loitar contra os efectos do cambio climático;
- Acabar coa contaminación mariña;
- Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao o medio mariño;
- Protexer os ecosistemas costeiros.


lunes, 7 de junio de 2010

ESTREAMOS CARTEL DO COLE!

Mirade que chulada de cartel temos adornando a fachada do noso cole! Con este deseño tan espectacular que fixo a mestra Pili non podería haber un distintivo mellor do Ceip de Sobrada!


CIRCO DE PULGAS

Outro dos espectáculos que nos visitou nas Xornadas Culturais deste ano foi un CIRCO DE PULGAS. Parece incrible pero é certo: As pulgas pódense domar, mellor dito, convencer, porque neste circo non se maltrata a ninguén e de feito Sechu Carruselo, coñecido no mundo enteiro visitounos para probalo. Contounos a historia de tres pulgas: unha tiña medo ás alturas, outra ao público e a seguinte tíñalle medo ao lume. Para superar os seus medos decidiron ir ao circo e puidemos comprobar que o conseguiron, porque tanto mestr@s como alumn@s quedamos pasmados do que poden chegar a facer: equilibrismos sobre un arame, impulsarse cun canón e chegar ó centro dunha diana; saltar dende o alto do circo e caer dentro dunha bañeira.. IMPRESIONANTE!

domingo, 6 de junio de 2010

PREPARAMOS PIZZA!


Neste terceiro trimestre, unha das receitas que fixemos no taller de cociña foi a PIZZA. Quedamos encantados co resultado porque saíunos saborosísima!! Queredes probar a facela?

INGREDIENTES
Para a masa:
1 cunca de fariña
Medio sobre de lavadura
Un pouco de auga
3 culleradas de aceite
1 ovo
1 pizca de sal.
Para a pizza:
Salsa de tomate frito
Ourego
Pementa negra
Queixo
Pavo
Un sobre de queixo raiado
Tres lonchas de chourizo de Salamanca
Unha lata de atún
Aceitunas

viernes, 4 de junio de 2010

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.
Baixo a lema "Moitas especies. Un planeta. Un futuro", o evento deste ano celebrará a incrible diversidade de vida na Terra como parte do Ano Internacional da Biodiversidade 2010.
A sede deste ano é Ruanda, un país de excepcional biodiversidade que fixo grandes progresos en temas de protección ambiental, e liderará as celebracións con tres días de eventos de apertura.



Organizaranse tamén miles de actividades en todo o mundo desde Hong Kong a Abidján, con limpezas de praias, concertos, exposicións, festivais de cine, eventos comunitarios e moito máis.
Pola nosa parte, toda a comunidade educativa podemos contribuir á celebración deste día asistindo á FESTA DE VOZ NATURA mañá sábado, 5 de xuño, de once da mañá a oito da tarde, no parque de Acea de Ama (Culleredo – A Coruña). Esta é a gran cita do medioambiente en Galicia. Unha festa con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que queiran gozar dunha xornada chea de actividades, xogos, deportes, exposicións e... dunha magnífica OBRA DE TEATRO sobre o mar dos nenos de 2º ciclo que xa representaron maxistralmente no festival do cole e que non debedes perdervos.
Vai ser todo un acontecemento! Animádevos a vir!

(Pincha no cartel para ter máis información sobre a festa de Voz Natura)

jueves, 3 de junio de 2010

TALLER DE BIODIVERSIDADE

Este taller levouse a cabo o día 21 de Maio con todo o alumnado do centro.
Desenroláronse diversas actividades relacionadas coa biodiversidade. Os nen@s viron unha película e despois traballouse acerca do que viron nela. Déronlles un dossier con fichas nas que tiveron que identificar árbores polas súas follas, animais polas súas pegadas, polo son que emiten, etc. Resultou moi interesante!



Nos derradeiros días do mes de Maio, coincidindo coas Letras Galegas, desenvolvéronse no noso cole as XORNADAS CULTURAIS . Todas as nenas e nenos participaron en diversos talleres e actividades educativas e lúdicas. Desfilaron polo noso centro contacontos e ilustradores, biólogos, apicultores e ata un domador de pulgas!
Estade moi atentos porque en breve subiremos ao blog as fotos que se fixeron en cada actividade.

martes, 1 de junio de 2010

TEATRO: "A PEDRA E A FORMIGA"

O pasado día 6 de Maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo, fomos a ver unha obra de teatro ao Auditorio de Goián titulada: "A pedra e a formiga". Aquí vos deixamos as fotos da saída:

Pasámolo en grande e ata a mestra dos nen@s de 3 anos, Rocío, amosounos as súas dotes como actriz.
Velaquí está a proba do ben que o fixo: