miércoles, 30 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ!

Hoxe conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Este día foi declarado por primeira vez no ano 1964 co obxectivo de conseguir unha educación por e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto ós Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Dende os centros, non somentes nesta data, senón todos os días, procuramos contribuir, a través da educación, á concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz. 
 PARA REFLEXIONAR...
PARA XOGAR... PARA LEMBRAR: O NOSO DÍA DA PAZ DO ANO PASADO

A PAZ EN SOBRADA from ceip sobrada on Vimeo.

miércoles, 23 de enero de 2013

Odaiko e Naturnova




O 3º Ciclo tivo a sorte de disfrutar dunha actuación xenial do grupo ODAIKO no auditorio do centro cultural de Novacaixagalicia.



E logo completamos cunha visita ao centro de Naturnova, onde aprendemos cousas sobre a Natureza, o Universo ... ¡e ata viaxamos nun SUBMARINO pola Ría de Vigo!



Aquí temos un resume en imaxes.
 Profe's Slidely from Profe Sobrada on Slide.ly.

IRMAUS, UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Con motivo da conmemoración do DÍA DA PAZ, que celebraremos o vindeiro 30 de Xaneiro, queremos compartir con vós esta canción do grupo "FUXAN OS VENTOS" pola paz e a tolerancia.

Camiñan o meu rente moitos homes, 
non os ceñezo. Sonme estrano. 
Pero tí que te alcontras alá lonxe, 
mais alá dos desertos e dos lagos, 
mais alá das sabanas e das illas, 
coma un irmau che falo. 
Si é tua a miña noite, 
si choran os meus ollos o teu pranto,
 si os nosos soños son iguales,
 coma un irmáu che falo. 
Anque as nosas palabras sexan distintas 
e tí negro i eu branco, 
e tendo semellantes as feridas, 
coma un irmáu che falo. 
Por enriba de tódalas fronteiras, 
por enriba de muros e valados, 
si os nosos berros son igoales, 
coma un irmáu che falo. 
Común témo-la patria, 
común a loita ambos, 
a miña amu che dou, 
coma un irmáu che falo. 
Se sintes en probeza, 
se sofres inxusticia, 
se cheo de rabexa 
encirras á cobiza 
do teu peito o can, 
pra tí chea de forza 
vai miña mau, irmán.

jueves, 17 de enero de 2013

CANCIÓN - PARA CRECER DEBEMOS COMER

Aquí deixamos unha canción moi divertida e saúdable, na que se recomenda comer un pouco de todo, mastigar ben e incrementar o consumo de peixe, froitas e verduras fronte ás grasas (doces, larpeiradas, (..)) para evitar problemas de saúde.