miércoles, 30 de noviembre de 2011

LINGUA DE SIGNOS


O alumnado do 2º ciclo dentro do seu proxecto do corpo humano e das distintas formas de comunicación, iniciouse na lingua de signos. Despois de ver algún vídeo como este aprenderon distintas palabras nesa lingua.
Abaixo podedes ver algunhas desas representacións.



PARA PENSAR


Un video para reflexionar sobre o sistema de ensinanza e aprendizaxe. Que difícil e que bonito é o noso traballo. Seguiremos pensando...

viernes, 18 de noviembre de 2011

MAGOSTO

Polo San Martiño andan as castañas ó roliño
¡Chegou o momento! e no cole celebramos o magosto coa degustación de ricas castañas asadas e para rematar, xogamos cos compañeiros ó peón, as carreiras de zancos, as canicas.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA



Hoxe celébrase o Día Internacional da Tolerancia. Foi polo ano 1996 cando a ONU declaraou este día tan importante no que debemos aproveitar para reflexionar sobre os problemas sociais de intolerancia tanto locais como mundiais.
A UNESCO propuso dez ideas para a celebración do Día Internacional da Tolerancia:
  1. Diversidade na comunidade.
  2. Dereitos Humanos.
  3. Programa individual de tolerancia.
  4. Non á violencia.
  5. DIversidade ecolóxica e diversidade humana.
  6. Tolerancia relixiosa.
  7. Actualidades.
  8. Deportes e tolerancia.
  9. Creatividade no traballo.
  10. Vínculos Internacionais.

A UNESCO subliña o valor da tolerancia como un compoñente fundamental do respecto entre os seres humanos e un eslabón imprescincible para acadar a PAZ.

Este mundo está formado por moitos seres distintos, existindo unha gran diversidade política, económica, ideolóxica, social e cultural, o cal debemos respetar sempre por riba de todo.






domingo, 13 de noviembre de 2011

OS TEMPOS ESTÁN CAMBIANDO


Unha das sorpresas máis divertidas coas que se atoparon os máis de 1.000 docentes que asistiron ós Encontros Internacionais de Educared 2011 foi a actuación dos grupos Ron Lalá e Primital Bros. Coas súas divertidas letras reclamaron a figura dos docentes 2.0.
É que os tempos están cambiando...

viernes, 11 de noviembre de 2011

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Os nenos e nenas de 4 anos realizaron as ilustracións do seu propio conto A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA, xa que é un froito típico do outono e co cal celebramos o magosto no que puidemos degustar as castañas ben asadiñas.


Así de chulo quedou un dos contos, que esperamos que vos guste tanto como a nós!!!



jueves, 10 de noviembre de 2011

A LINGUA SABE A PAN

Dende o ceip de Sobrada queremos felicitar ó alumnado e profesorado do CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea (Ourense), que elaboraron este impresionante video, coa participación de todo o colexio, no que fan unha versión do Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Noraboa por este marabilloso traballo!


miércoles, 9 de noviembre de 2011

INFANTIL BAILA POP DOS ANOS 80

Aquí tedes o video das primeiras sesións do TALLER DE CABARET INFANTIL. Despois de abordar o curso pasado estilos coma o rock, o blues ou o folk, este ano atrevémonos co POP e, máis concretamente nesta ocasión, ca música da chamada "MOVIDA DOS 80" e con artistas tan representativos daquela época coma Michael Jackson, The Bangles, Olé olé, Radio Futura, Tina Turner e non podía faltar Alaska coa súa "Bola de Cristal".
Verdade que teñen moita marcha?

martes, 1 de noviembre de 2011

SAMAÍN 4 ANOS

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS TAMÉN CELEBRARON O SAMAÍN FACENDO, ENTRE OUTRAS COUSAS, OS SEUS PROPIOS CALACÚS. E QUEDARON ASÍ DE TERRORÍFICOS...



SAMAÍN 3 ANOS

Os máis peques do cole tamén festexamos o Samaín decorando as nosas cabaciñas para escorrentar ás bruxas e ós malos espíritos. Pasámolo en grande poñéndolles ollos, nariz, boca, cabelo... e tamén pasamos moito meeeedo cando alumeaban na escuridade!!