lunes, 28 de mayo de 2012

4º Receta: COUS-COUS

Para finalizar a nosa gran viaxe desprazámonos ata África para deternos en Marruecos e facer unha comida típica como é o COUS-COUS.

domingo, 27 de mayo de 2012

CANTACONTOS SUSA HERRERA



O mércores 23 o alumnado de infantil e primeiro ciclo tivo a sorte de asistir a unha sesión de CANTACONTOS de Edelvives levada a cabo por Susa Herrera. Actividade programada dentro das Xornadas Culturais deste ano e que podedes ver tamén no BLOG DA BIBLIOTECA.


SUSA HERRERA-Cantacontos por ceipsobrada

sábado, 26 de mayo de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

O pasado mércores día dezaseis o alumnado de infantil e primeiro ciclo tiveron a visita de Olaia e Marc, contacontos e ilustrador da editorial Kalandraka. Esta actividade enmárcase dentro das Xornadas Culturais deste ano e tamén a podedes ver no BLOG DA BIBLIOTECA.

lunes, 21 de mayo de 2012

DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL

Foi no ano 2002 cando a UNESCO declarou oficial que o 21 de maio se celebraría o DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL PARA O DIÁLOGO E O DESENVOLVEMENTO.
Este día sérvenos para reflexionar e valorar a riqueza que nos aporta o poder ter e coñecer culturas distintas á nosa.
A campaña do ano 2012 anima á xente e ás organizacións de todo o mundo a tomar medidas concretas para apoiar a diversidade cos seguintes obxectivos:
  • Aumentar a conciencia mundial sobre a importancia do diálogo intercultural, a  diversidade e a inclusión.
  • Construir unha comunidade de individuos comprometida co apoio á diversidade a través de xestos verdadeiros e cotiás.
  • Combatir a polarización e os estereotipos para mellorar o entendemento e a cooperación entre a xente de distintas culturas.

domingo, 20 de mayo de 2012

O COIDADO DAS MASCOTAS

 
O pasado martes tivemos a visita de Valeria e Javi, dúas persoas que nos viñeron a falar do coidado das mascotas, especialmente de como coidar e criar ós cans. 
Esta actividade foi ofrecida polo concello de Tomiño e enmárcase dentro das Xornadas Culturais deste ano.

martes, 15 de mayo de 2012

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro xoves, día 17 de Maio, festexamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Esta celebración foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e polo seu compromiso na defensa do noso idioma.
Elixiuse esta data, o 17 de Maio, porque tal día coma ese, no ano 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural do galego.
Como sabedes, este ano homanaxeamos a un autor pontevedrés: VALENTÍN PAZ ANDRADE, un home loitador, defensor a ultranza dos seus ideais, que contribuiu enormemente á modernización do xornalismo en Galicia.
Para coñecer mellor a este autor, aquí vos deixamos os carteis que, sobre a súa traxectoria, elaborou o alumnado do cole e unha presentación confeccionada con eses mesmos carteis acompañados da interpretación de cada un deles para entender mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade:


Tenis de Mesa

Comenzou  o 9   de maio  o torneo de TENIS de MESA  que se vai a celebrar no pavillón de Sobrada ata o día 23 de maio.Este ano hai moita máis participación, coles novos e ademais moitos xogadores que xa están no instituto.
Ao celebrarse no noso pavillón tócanos organizar e montar  as mesas entre todos, un total de 23.
Esperamos que todo saía moi ben  ademais de gañar algúnha medalla.

domingo, 13 de mayo de 2012

NAVEGA CON RUMBO

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da información. Aquí tedes algúns consellos para NAVEGAR CON RUMBO pola Internet.

                        GUÍA PARA O ALUMNADO
                        GUÍA PARA AS FAMILIAS
                       GUÍA PARA O PROFESORADO

martes, 1 de mayo de 2012

BAILE DEPORTIVO


O pasado luns 30 de abril o alumnado de 3º, 4º e 5º tivemos a gran sorte de poder contar cunha actividade de baile moderno organizada polo profesorado de educación física. Tivemos, nada máis e nada menos, ós 6 veces campións de España de baile deportivo. Eles contáronnos un pouco sobre o mundo do baile deportivo, puidémoslle facer todo tipo de preguntas, ensináronnos algúns pasos e, por último, puidemos disfrutar con algunhas das súas coreografías. 
IMPRESIONANTES!!!

MAMMALS

Exposición final sobre os animais mamíferos realizada pola aula de 3º. Despois de que cada equipo traballase previamente un mamífero, en inglés simplemente se fixo unha continuidade dese traballo xa realizado en lingua galega. Ó resultado final chegouse despois de empregar distintas estruturas de traballo cooperativo como os lapis ó centro, folio xiratorio, xogo de palabras e grupo de expertos.
 Non está nada mal para ser a primeira vez que expoñen nunha lingua estranxeira. Congratulations!!!