Este día sérvenos para reflexionar e valorar a riqueza que nos aporta o poder ter e coñecer culturas distintas á nosa.
A campaña do ano 2012 anima á xente e ás organizacións de todo o mundo a tomar medidas concretas para apoiar a diversidade cos seguintes obxectivos:
- Aumentar a conciencia mundial sobre a importancia do diálogo intercultural, a diversidade e a inclusión.
- Construir unha comunidade de individuos comprometida co apoio á diversidade a través de xestos verdadeiros e cotiás.
- Combatir a polarización e os estereotipos para mellorar o entendemento e a cooperación entre a xente de distintas culturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario