sábado, 30 de enero de 2010

PEACE THROUGH MUSIC

Que mellor maneira de reclamar a PAZ a través da música dende distintas partes do planeta. A versión desta canción de Bob Marley é a gañadora dun documental titulado "Playing for change:Peace through Music".

martes, 26 de enero de 2010

The Universe

Estes son os alumnos e alumnas de 4ºB convertidos en corpos celestes e falando en inglés, pódese pedir máis?

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Esta semana celebramos o Día Escolar da non violencia e a PAZ.
QUE É A PAZ?
Etimoloxicamente provén do latín "Pax, pacis"
A paz pódese definir como: Situación e relación mutua de quen non está en guerra; Pública tranquilidade e quietude dos Estados, en contraposición á guerra ou á turbulencia; Tratado ou convenio que se concorda entre os gobernantes para pór fin a unha guerra; Acougo e boa correspondencia dunhas persoas con outras, especialmente nas familias, en contraposición ás disensións, rifas e preitos...


A paz é unha forma de interpretar as relacións sociais e unha forma de resolver os conflitos que a mesma diversidade que se presenta na sociedade fan inevitables. E cando falamos de conflitos, non nos referimos tan só ao conflito bélico senón tamén á contraposición de intereses entre persoas ou grupos ou as diferentes formas de entender o mundo.

O día 30 de Xaneiro conmemoramos a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, unha das personalidades máis importantes e transcendentes do século XX, que permanece na memoria colectiva da Humanidade como símbolo da acción política e reivindicativa fundamentada no espiritualismo e na resistencia pacífica.


Por iso celébrase o Día Escolar da Non-violencia e a Paz o 30 de xaneiro, unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos alumnos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".
Trátase de concienciar ao alumnado na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano, que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

O MUNDO É GRANDE!


viernes, 15 de enero de 2010

ATA SEMPRE, TEACHER MARÍA!



Dende aquí, mestres/as e alumnos/as, queremos mandarlle un bico grande e desexarlle todo o mellor á teacher María, que estivo sustituíndo ó teacher Domingo, á quen lle damos unha calorosa benvida agora que se incorpora.
María, non te esqueceremos!
Boa sorte na túa nova andaina!

jueves, 14 de enero de 2010

TALLER DE RECICLAXE : CAMPÁ



Unha botella de plástico pode dar moito xogo. Nesta ocasión aproveitámola para... facer música! Si, si, grazas a ela puidemos elaborar unha campá coa que tocar por todas partes, seguro que xa escoitas o seu tintineo dentro da túa cabeza. Anímate a facela! É moi doado.

miércoles, 13 de enero de 2010

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA !


O pasado 11 de Decembro estivemos de festa, xa que inauguramos a nova BIBLIOTECA do noso cole! Agora dispomos dun servizo de empréstito informatizado co programa Meiga e fixéronnos entrega a todos os nenos e nenas dun carné chulísimo persoalizado.
Deámoslle un grande uso á nosa BIBLIOTECA!

lunes, 11 de enero de 2010

PAPÁ NOEL EN SOBRADA!


Aquí tedes as fotos da visita que fixo Papá Noel ós nenos e nenas do cole o día 22 de Decembro, xusto antes de baixar polas chemineas dos fogares galegos a repartir agasallos.

viernes, 8 de enero de 2010

2ª RECEITA: CHULAS DE CABAZA

A segunda receita que fixeron os nenos e nenas de infantil neste curso consistiu nunhas saborosas CHULAS DE CABAZA. Que ben o pasaron cociñando e como disfrutaron probándoas! Aquí tedes unha mostra de como se levou a cabo a receita e tamén vola deixamos no blogue para quen lle apeteza pórse "coas mans na masa" e facelas na casa. É moi sinxela!

INGREDIENTES (para 6 persoas)
. 6 ovos
. sal
. auga
. 400 gr. de fariña
. 1 sobre de lavadura en pó.
. Zume de dúas laranxas
. 1 kg. de cabaza
. 300 gr. de azucre
. Aceite de oliva para fritir
. Azucre glass para espolvorear.

PREPARACIÓN
Móndase a cabaza, córtase en anacos e cócese en abundante auga con sal. Unha vez cocida, escórrese e déixase secar moi ben. De seguido esmagámola cun garfo e deixámola enfriar.
Nun recipiente fondo bátense os ovos co azucre e a lavadura. Engadímoslle o zume de laranxa e despois a cabaza cocida e xa fría.
Pouco a pouco, imos botando a fariña ata que colla un espesor non moi denso (máis ben líquido para poder collelo cunha culler).
De seguido, tomamos a masa cunha culler sopera en forma de bólas e fritímola en abundante aceite.
Cando estean dourados sacámolos da tixola e espolvoreámolos con azucre glass. (Podedes engadirlle un pouquiño de canela moída, ao gusto).

BO PROVEITO!

lunes, 4 de enero de 2010

PLANET EARTH FOREVER


Un bó propósito para comezar ben este 2010 é disfrutar de toda a beleza que podemos atopar no noso planeta. Unha pequena mostra dela témola neste video. Non volo perdades e lembrade que temos que coidalo moito!!
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Dende o Ceip de Sobrada queremos desexarvos a toda a comunidade educativa un próspero e FELIZ 2010!