jueves, 17 de marzo de 2016

CURUXO ANDA A AXEXAR

Ola!!! 
Son o trasno Curuxo.
Levo tempo con vós e non me perdo ningunha das actividades que se fan no colexio: obradoiros,patios,clases... pero nas que mellor o paso é nas CELEBRACIÓNS como por exemplo "O ENTROIDO".
 Mirade se me atopades! 
Abride ben os ollos! 
De seguro que estou! 
Unha aperta do trasno 
 CURUXO






miércoles, 16 de marzo de 2016

PLANTACIÓN

Polo día Mundial do Medio Ambiente os nenos e nenas do cole repoboamos con nogueiras unha zona do monte comunal de Currás que se incendiara.
Contamos coa axuda de axentes forestáis, organizámonos en grupos para prantar cada un a súa arbore.
Aprendemos con esta actividade a coidar o noso entorno ademais de como plantar unha arbore para que medre ben e que coidados necesita.
Agora só nos queda esperar un tempiño para recoller as noces.



 Traballo redactado por... Uxia R., Ana M. e Aarón de 5ºA.

viernes, 4 de marzo de 2016

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 16/17

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 16/17



Postos escolares ofertados

CURSO
PRAZAS OFERTADAS
4º Educación Infantil
22 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
5º Educación Infantil
7 prazas
6º Educación Infantil
10 prazas
1º Educación Primaria
4 prazas + 2 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2º Educación Primaria
7 prazas
3º Educación Primaria
14 prazas
4º Educación Primaria
5 prazas
5º Educación Primaria
24 prazas
6º Educación Primaria
21 prazas

  • Prazo para solicitar reservas (centros adscritos): 1-15 de febreiro.
  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-29 de marzo.
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 1 de abril ao 12 de abril
  • Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril
  • Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.
  • Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño
  • Recollida de impresos no Centro ou Anexo II da presente Orde.


Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.

jueves, 3 de marzo de 2016

ENTROIDO 2016

EDUCACIÓN INFANTIL.
COMPARSA TRASNOS DO BOSQUE.


 PRIMEIRO E SEGUNDO CURSO.

COMPARSA AS BOLBORETAS.
VIDEO REALIZADO POR ALUMNOS/AS DE 2º CURSO.
MÚSICA: Paco NOGUEIRA do disco BRINCA VAI.


BOLBORETAS - Kizoa Movie Maker

TERCEIRO E CUARTO CURSO

COMPARSA: AS ÁRBORES
 VÍDEO REALIZADO POR ALUMNOS/AS  DE 4º CURSO
MÚSICA: Esperanza VÁZQUEZ coa adaptación da canción "Camino da virxe de Viseu" do disco A PUNTA DO PÉ.


ENTROIDO:2016 - Kizoa Movie Maker


QUINTO E SEXTO CURSO
COMPARSA: PELIQUEIROS DE LAZA
Video realizado por alumnado de 5º curso. 

martes, 1 de marzo de 2016

Aprendendo sobre as nubes

Os nenos e nenas de 4º,o curso pasado,xa aprendimos algunhas cousas sobre o medio ambiente. NON VOS PODEDES IMAXINAR A IMPORTANCIA DAS NUBES NAS NOSAS VIDAS!. Tamén descubrimos o relaxante que é mirar ao ceo e descubrir as formas das nubes. Vos deixamos este video para que vos fagades unha idea.