miércoles, 23 de diciembre de 2009

THE FOUR SEASONS

Este é o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 4ºA en inglés sobre as catro estacións.
It´s great, isn´t it?


SPRING




SUMMER

AUTUMN




WINTER



lunes, 21 de diciembre de 2009

ESTUDIAMOS OS RAPOSOS

Investigamos e aprendemos moitas cousas sobre eles, o seu xeito de vida, a súa fama de astutos...
As nenas e os nenos de 5 anos fixemos este pequeno proxecto:



Tamén aprendemos o seu nome en inglés.



As nenas e nenos de 4 anos tamén investigamos sobre os raposos. Aqui está o noso proxecto:



A nós gustounos moito, e a vós?

viernes, 18 de diciembre de 2009

CUTE ANIMAL CHRISTMAS SONG



Do one thing for Nature this Christmas!

jueves, 17 de diciembre de 2009

SOLIDARIOS CO PLANETA



Gracias a tódolos nenos e nenas que coa colaboración das súas familias realizaron estos impresionantes e imaxinativos traballos.A exposición "Solidarios co Planeta" xa está lista para poder visitala.

CONSELLOS PARA ESCOLLER UN XOGUETE

Achégase o Nadal unha época moi esperada polos nenos e nenas xa que ademáis das vacacións haberá algún agasallo .Aquí atoparedes uns pequenos consellos para escoller un xoguete.

jueves, 10 de diciembre de 2009

NATURNOVA



O día 1 de decembro os nenos e nenas do 2º ciclo visitamos o centro interactivo de educación ambiental "NATURNOVA". Por grupos percorremos as diferentes salas: Sala do "Universo", sala "O noso Planeta" e a sala chamada "O home e o seu medio". Tamén entramos nun simulador dun submarino e observamos o fondo da ría de Vigo.
De forma lúdica, dinámica e participativa a través de xogos con ordenador, imaxes , maquetas, mapas, cheiros, sons, aprendemos un pouco máis sobre o mundo o que pertencemos .

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

"Os dereitos humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, estendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos. Son o mellor de nós.
Deámoslles vida!!" (Kofi Annan).



Hoxe conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Este ano, o tema central é a non discriminación.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous alicerces esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan estas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que a calquera formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración ía ser titulada "os dereitos do home" pero grazas a Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, expúxose que o termo excluía ás mulleres e conseguiu que no seu lugar figurase "Dereitos Humanos".

OS NENOS E NENAS TEÑEN DEREITOS!

miércoles, 9 de diciembre de 2009

DIVERSIÓN EN INDIANA BILL

O día 18 de Novembro os nenos e nenas de Infantil fixeron unha visita a INDIANA BILL, o parque de xogos que hai na Ramallosa. Para os de 4 e 5 anos foi unha saída coñecida e moi esperada!!, pero para os de 3 aniños foi a primeira excursión co cole, polo que foi moi especial. Aprenderon a ir en fila pola rúa correctamente, a comportarse no autobús, a disfrutar nun ambiente lúdico cos seus compañeiros..Vamos!, a suar do lindo e a pasalo en grande!

jueves, 3 de diciembre de 2009

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE e dentro de tres días (o 6 de Decembro), lembramos a aprobación da nosa Constitución, na que os dereitos das persoas con discapacidade están plenamente recoñecidos.
A Constitución é a norma de convivencia pola que debemos guiarnos no noso país. Esta norma toma como referencias a Declaración Universal dos Dereitos do Home e a Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

Declaración dos Dereitos do Neno e da Nena:
ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: Todos os nenos e nenas que sofren algún tipo de discapacidade física, mental ou social deben recibir tratamento, educación e coidado especial, co fin de que poidan integrarse plenamente en sociedade.

Constitución Española:
ARTIGO 14: Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.


"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

domingo, 29 de noviembre de 2009

1ª RECEITA: PASTEIS DE MAZÁ


Este curso, en Infantil, comezamos o Taller de Cociña cunha receita sinxela: PASTEIS DE MAZÁ CON CREMA PASTELERA. Cos utensilios e os ingredientes axeitados os máis peques do cole fixeron uns pasteis....Mmmmmm...para chuparse os dedos!!
Pero que cociñeir@s temos en Sobrada!!

Por se vos apetece probar a facelos na casa, aquí deixamos a receita:

1º) PARA A CREMA PASTELERA:
INGREDIENTES:
- 1/2 litro de leite
- 100 gr. de azucre
- 2 ovos
- 3 culleradas de maizena
- 1 pau de canela
PREPARACIÓN:
a)Poñer a ferver o leite co pau de canela. Deixar enfriar.
b)Nun bol, mesturar o azucre coa maizena.
c)Botar os ovos batidos á mezcla anterior e remexer ben.
d)Engadir pouco a pouco o leite e continuar remexendo.
e)Pasar todo a un cazo e deixar cocer remexendo cunha culler para que no se fagan grumos. Así ata que espese e deixar enfriar.

2º) PARA OS PASTEIS DE MAZÁ:

INGREDIENTES:
- 1 plancha de hoxaldre conxelado
- 1/2 litro de crema pastelera
- 2 mazás reineta
- Marmelada de melocotón ou albaricoque
PREPARACIÓN:
a)Desconxelar o hoxaldre (1 hora). Con axuda de fariña extender cun rodete o hoxaldre desconxelado.
b)Cortar cadrados iguais.
c)Cortar para cada cadrado dúas tiras de 2 cm de ancho e poñelas sobre os bordes. Pintalas despois con ovo batido.
d)Pelar as mazás e partilas.
e)Poñer unha capa de crema pastelera sobre os cadrados de hoxaldre.
f)Cubrir a crema coa mazá dun xeito ordenado.
g)Meter a bandexa no forno a 200º ata que o hoxaldre estea feito (25 minutos aprox.)
h)Sacar os pasteis do forno e cubrilos cun pouco de marmelada.

BO PROVEITO!!

jueves, 26 de noviembre de 2009

TEATRO E PINTURA



O día 16 de novembro os alumnos e alumnas do 2º Ciclo fomos ao auditorio do centro Cultural Caixanova a ver unha comedia musical sobre reciclaxe e medio ambiente en língua inglesa a continuación visitamos unha exposición de obras de pintores galegos como Carlos Sobrino, Alfonso Castelao ou Urbano Lugrís.

sábado, 21 de noviembre de 2009

FACEMOS UN PORTALAPIS

Este ano nas aulas de Educación Infantil contamos cun Taller de Reciclaxe que está resultando moi divertido. Desta vez fixemos un portalapis usando soamente uns cartóns, anacos de revistas e rolos de papel hixiénico. Agora vainos ser máis sinxelo ter as pinturas recollidas e así sempre saberemos onde están as nosas cores preferidas.

viernes, 20 de noviembre de 2009

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


O día 20 de Novembro quedou institucionalizado como DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO/A, ou DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

Esta foi a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
É unha data que nos fai lembrar que un neno/a non é soamente un ser fráxil que precisa que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido. E é máis! un neno/a é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos/as teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.


DEREITOS DOS NENOS E NENAS




martes, 3 de noviembre de 2009

FESTEXAMOS HALLOWEEN!



A pasada semana, tendo en conta que o 31 de Outubro foi a temida "noite das bruxas", os nenos e nenas trouxeron cabazas decoradas e os "teacher" do cole (mestra Lucía e mestre Domingo) traballaron nas súas clases de inglés a festa de HALLOWEEN!!
Que medo pasamos!!
Uuuuuhhhh!!!


viernes, 30 de octubre de 2009

NANA DOS PEIXES

Tendo en conta a importancia de coidar o medio ambiente e centrándonos un pouquiño no tema da contaminación, na clase de 4 anos aprendimos nada menos que unha nana interpretada por BUNBURY! Estes peques son sorprendentes! Ensaiaron moito, pero pagou a pena!
Agradecer, por suposto, a achega do teacher Domingo da canción, os seus aplausos e aclamacións, e a súa boa disposición para grabar a actuación.
THANKS, Teacher!

jueves, 29 de octubre de 2009

MAGOSTO 2009 INFANTIL


Ola a todos/as!
Pero que ben o pasamos os nenos/as de Infantil no Monte Aloia!
Estivemos comendo castañas, xogando no tobogán e nos columpios e tamén merendamos. Primeiro fomos á casa forestal e vimos unha peli sobre os animais que viven no monte e despois escoitamos sons de animais e tivemos que adiviñar de que animal se trataba. Escoitamos o son da serpe, do porco, do raposo, do esquío.. Foi moi divertido!

miércoles, 28 de octubre de 2009

MAGOSTO 2009 2º CICLO

MESTRE PAULO DE 5º A

Os teus alumnos e alumnas de Sobrada bótante moito de menos.Cando poidas ven a facernos unha visita sorpresa.Eres un dos mellores sustitutos do mundo enteiro.
"GRACIAS POLA TÚA PACIENCIA!!!!!"
Moitísima sorte!!! Muak,muak!

domingo, 25 de octubre de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 e grazas á iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, cada 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Como se pode deducir, o obxectivo principal é o de fomentar a utilización de bibliotecas como un servizo fundamental do dereito ao libre acceso á información.


BIBLIOTECA ESCOLAR, ESPAZO DE LECTURAS

As Bibliotecas Escolares Galegas existen, están en marcha. En moitos centros escolares é xa unha realidade este espazo vivo de encontro coa palabra e a imaxe, o lugar no que "a información pode converterse en coñecemento", a biblioteca á que acoden todos os nenos e nenas, a máis próxima, na que se inician como lectores no contacto satisfactorio coa palabra falada e coa palabra escrita.

Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades, velaí de que falamos cando falamos de lectura nestes momentos. A biblioteca escolar, espazo de lecturas: de lecturas literarias, de lecturas poéticas, dramatizadas, en compañía, en silencio, con música de fondo, en voz alta; lecturas de imaxe, lecturas de gráficos, mapas, cadros, ilustracións, lectura da banda deseñada, o cine; lecturas informativas: o xornal, a revista divulgativa, a enciclopedia, a monografía que amplía e profundiza, o diccionario; lecturas para contrastar, para ampliar... lectura en pantalla, lectura en papel... lecturas.


Celebramos o mes da biblioteca escolar, o día da biblioteca. Edítase así un novo cartel para a visibilización da biblioteca escolar e para lembrar as súas potencialidades á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.

Ligazóns:
Blog bibliotecas Xunta
Blog Hora de Ler
Librosaeito
Redelectura

24 DE OUTUBRO: DÍA DA ACCIÓN CLIMÁTICA

O 24 de Outubro é o día de acción ecoloxista con maior alcance no mundo enteiro.
Para superar o problema do cambio climático, temos que movernos rapidamente e de forma conxunta xa que este ano 2009 é un ano crucial. En decembro, diferentes líderes mundiais reuniranse en Copenhague, Dinamarca co fin de idear un novo tratado climático.


QUE SIGNIFICA O NÚMERO 350?

350 é o número máis importante do mundo, o límite máximo seguro de dióxido de carbono na atmosfera, segundo os científicos.
Hai dous anos, despois de que os principais climatólogos observasen o rápido derretimiento do xeo no Ártico e outros sinais inequívocos do cambio climático, emitiron unha serie de estudos nos que mostraban que o planeta se enfrontaría a desastres en termos humanos e naturais se a concentración atmosférica de CO2 continuaba por encima de 350 partes por millón.
Agora, todos os científicos máis importantes da ONU adoptaron este obxectivo como necesario para estabilizar o planeta e evitar un desastre absoluto. O que temos que facer é lograr que os líderes presten atención e elaboren políticas que axuden ao mundo a volver a 350.


350.org é unha campaña internacional adicada a construír un movemento que una ao mundo ao redor das solucións necesarias para a crise climática; solucións que demandan xustiza, responsabilidades comúns pero diferenciadas entre os paises. A nosa misión é servir de inspiración ao mundo enteiro e afrontar o desafío da crise climática, é dicir, crear un novo sentido de urxencia e posibilidade.

jueves, 22 de octubre de 2009

URXENTE: BÚSCASE DONO/A DE COCKER!!

Onte, mércores, apareceu nas dependencias do colexio un bonito cocker negro, sen o seu colar, que semellaba estar perdido. Se alguén o bota en falta ou cae na conta de quén pode ser o dono/a debe pórse en contacto co colexio (Tlf: 986-633369). Estas son algunhas fotos do can, por se alguén o recoñece.
Se non aparecera o dono/a ou unha persoa que queira facerse cargo del, haberá que tomar medidas como chamar a unha protectora de animais.

DÉMOSLLE A ESTE CANCIÑO UN FOGAR!

domingo, 18 de octubre de 2009

18 DE OUTUBRO: DÍA DA PROTECCIÓN Á NATUREZA

Da natureza obtemos recursos para a nosa vida de todos os días: auga, alimentos, o aire que respiramos, medicamentos, materiais para construción e para confeccionar a nosa vestimenta, entre outras tantas e variadas cousas. Tamén a usamos para envorcar os residuos das nosas casas, industrias, vehículos. A nosa relación co resto da natureza é importante.


Que valor ten para nós a natureza na que vivimos? Formamos parte dela todos os días, sen darnos conta... A auga que tomamos, que usamos nas nosas casas para lavar os pratos, estivo antes en napas subterráneas, en arroios, nas minchas e noutros seres vivos. Formamos parte da natureza cando comemos, os vexetais, carnes, froitas, proveñen tal vez de ecosistemas un pouco máis afastados ao noso, con todo estamos a formar parte deles, alimentándonos dos seus nutrientes e da enerxía que as plantas capturaron do sol. Formamos parte da natureza cando sacamos o lixo todos os días... e esquecemos que eses residuos van a algunha parte do gran ecosistema no que vivimos. Somos parte da natureza cando eliximos comprar un electrodoméstico... e non nos fixamos canta enerxía vai gastar. Enerxía que provén da natureza, e que debemos aprender a utilizar racionalmente.
A nosa capacidade de razoar, de cuestionar, é o que nos permite deternos e pensar no que facemos. Como parte integrante da natureza, e con máis razón pola nosa gran capacidade de alterala, temos a responsabilidade moral de reflexionar sobre as consecuencias das nosas accións.
Somos parte inseparable da natureza. Provenos de todo o que precisamos e énchenos de calma e pracer gozala.

COIDAR A NATUREZA DÁNOS VIDA!!


O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da Natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza. Creado no ano 1988 e reorganizado no ano 2000, o SEPRONA ten asignada a misión de evitar agresións ao medioambiente e de protección de mobles e inmobles catalogados como bens do patrimonio histórico en todo o territorio nacional español e no seu mar territorial, incluída a preservación das especies protexidas e ameazadas.
Trátase da única policía xudicial «verde» de Europa, e organizacións ecoloxistas como Greenpeace ou Adena recoñecen a súa gran importancia.

SERVIZO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA

sábado, 17 de octubre de 2009

17 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA

Este día naceu no ano 1.993 co propósito de promover unha maior conciencia sobre as necesidades para erradicar a pobreza e a indigencia en todos os países, en particular nos países en desenvolvemento.
Erradicar a pobreza é o primeiro dos oito obxectivos de desenvolvemento do milenio, que se están tentando levar a cabo para o 2015.
A verdade é un obxectivo dificil de cumprir, xa que as 356 persoas máis ricas do mundo gozan unha riqueza que excede á renda anual do 40% da humanidade. As sete maiores fortunas do mundo posuían en conxunto máis que o PIB (riqueza producida) total do grupo dos 49 países menos adiantados; e se en 1960 a riqueza dos países do primeiro grupo era 30 veces superior ao dos máis pobres, en 1990 era de 60 veces máis.
Hoxe é un día para recapacitar en que facer ante esta situación, porque nós tamén temos parte de culpa nisto.

XUNTOS PODEMOS REMATAR COA POBREZA!!


O tema do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza deste ano, "REBÉLATE CONTRA A POBREZA: MÁIS FEITOS E MENOS PALABRAS" pon de relevo a necesidade dunha alianza verdadeiramente mundial na loita contra a pobreza, na que participen de maneira activa tanto os países desenvolvidos como os países en desenvolvemento.

1º OBXECTIVO: ERRADICAR A POBREZA

POBREZA EXTREMA


PROGRAMA SEMANA DA POBREZA
(DO 8 AO 17 DE OUTUBRO)
Pinchar na imaxe para ampliala.

viernes, 16 de octubre de 2009

16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

O 16 de outubro de cada ano a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación celebra o Día Mundial da Alimentación, conmemorando a súa fundación nesa data de 1945 na cidade de Quebec.

Unha rica variedade de plantas cultivadas e animais domesticados constitúe o fundamento da biodiversidade agrícola. Con todo, as persoas dependen de tan só 14 especies de mamíferos e aves para un 90 por cento da súa subministración de alimentos de orixe animal. E tan só catro especies - o trigo, o millo, o arroz e a pataca - proporcionan a metade da enerxía de orixe vexetal que inxerimos.


A produción de alimentos dun país depende de diversos factores: traballar satisfactoriamente para mellorar o rendemento agrícola, pesqueiro e gandeiro e a conservación e distribución dos alimentos. No noso país utilízanse ao redor de 20 millóns de hectáreas á agricultura, o 75% para seméntaa de cereais, e 130 millóns de hectáreas á gandaría, o cal mostra unha clara descompensación se temos en conta que o consumo agrícola é o máis importante.

Conservar a biodiversidade para a agricultura requirirá esforzos en moitas frontes que inclúen as medidas para conservar o medio ambiente, unha mellor educación, máis investigación e axudas gobernamentais.
Nun momento en que a crise económica mundial domina a actualidade, é necesario lembrar ao mundo que a crise tamén axexa ás explotacións agrícolas en pequena escala e ás zonas rurais, onde vive e traballa o 70 % dos famentos do mundo. Cun incremento estimado de 105 millóns de famentos en 2009, hai agora 1 020 millóns de malnutridos no mundo, o que significa que case unha sexta parte da humanidade padece fame. Precísanse tanto os investimentos públicos coma os privados. Con ocasión da Semana Mundial da Alimentación e do Día Mundial da Alimentación de 2009, reflexionemos sobre estas cifras e o sufrimento humano que se atopa detrás delas. Con crise ou sen ela, temos os coñecementos precisos para facer algo con respecto á fame. Tamén temos a capacidade de reunir cartos para resolver problemas cando os consideramos importantes. Traballemos xuntos para garantir que a fame sexa recoñecida como un problema esencial e para resolver devandito problema. O Cume Mundial sobre a Seguridade Alimentaria proposta pola FAO (Food and Agriculture Organization) para novembro de 2009 podería resultar fundamental a fin de erradicar a fame.
A biodiversidade é un aliado clave na loita contra a malnutrición. A súa protección é algo que non podemos permitirnos esquecer.



miércoles, 14 de octubre de 2009

DÍA INTERNACIONAL PARA A REDUCIÓN DOS DESASTRES NATURAIS

O segundo mércores de outubro de cada ano celébrase o día internacional para a redución dos desastres naturais, instituido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1990. Este día ten como obxectivo previlos, mitigalos e lograr que esteamos preparados para enfrontalos.
O termo "desastre" fai referencia ás enormes perdas humanas e materiais ocasionadas por eventos ou fenómenos coma os terremotos, inundacións, deslizamentos de terra, deforestación, contaminación ambiental e outros. Os desastres non son naturais, senón os fenómenos que os producen.

A natureza atópase nun proceso permanente de movemento e transformación, que se manifesta de xeitos diferentes: A choiva e o vento convértense nun desastre natural cando superan un límite de normalidade medido xeralmente mediante un parámetro. Este varía dependendo do tipo de fenómeno (escala de Richter para movementos sísmicos, escala Saphir-Simpson para furacáns, etc), e de aparición extraordinaria, coma os tremores de terra, as erupcións volcánicas ou o desgaste natural do chan, que se produce pola erosión.

Outros desastres poden ser causados por certas actividades humanas, que alteran a normalidade do medio ambiente. Algúns destos son: a contaminación do medio ambiente, a explotación errónea e irracional dos recursos naturais renovables coma os bosques e o chan e non renovables coma os minerais, a construción de vivendas e edificacións en zonas de alto risco.

Os efectos dun desastre natural poden amplificarse debido a unha mala planificación dos asentamentos humanos, falta de medidas de seguridade, plans de emerxencia, etc.


PERIGOS QUE SOFRE O NOSO PLANETA

martes, 13 de octubre de 2009

GLOBOFLEXIA




Os nenos e nenas de primeiro aprendemos a facer unha espada e unha ratiña saltarina con globos coas explicacións e axuda do noso mestre.

domingo, 11 de octubre de 2009

ATA SEMPRE, MESTRA LAURA!


Os nenos e nenas de Infantil, así coma os mestres/as do cole, queremos desexarlle todo o mellor á mestra Laura, de Infantil (3 anos), que deixou Sobrada o pasado Venres porque incorpórase á súa aula a mestra Rocío, á quen lle damos unha calorosa benvida.
BOTARÉMOSTE DE MENOS, LAURA!!

lunes, 5 de octubre de 2009

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES


Hoxe celébrase, como cada ano nesta data dende 1.994, o DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES, como unha ocasión para rendirlles homenaxe polo papel esencial que desenvolven en procura dunha educación de calidade a todos os niveis.
Este día fai fincapé na escasez mundial de mestres e nos retos que o maxisterio afronta actualmente.
No noso mundo, que muda con rapidez e é moi interdependiente, os docentes non só teñen que velar porque os seus alumnos adquiran competencias sólidas en temas esenciais, senón tamén porque cheguen a ser cidadáns responsables, tanto no plano local coma no mundial, dispostos a usar as novas tecnoloxías e capaces de tomar decisións ben fundadas en materia de saúde, medio ambiente e outros asuntos.

PARABÉNS A TODOS OS MESTRES/AS DO COLE!

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT

As Nacións Unidas designaron o primeiro luns de outubro de cada ano como o DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT. Este día instaurouse no ano 1986 e persegue o obxectivo de mellorar as condicións de vida e de traballo dos habitantes.


A idea é reflexionar sobre a situación dos nosos pobos e cidades e o dereito básico de todos a unha vivenda axeitada. Tamén destínase a lembrar ó mundo a súa responsabilidade colectiva cara o futuro do hábitat humano.

Neste día selecciónase un lema, que cada ano é distinto, como guía de planificación. Este ano o lema é: "Planificando o noso futuro urbano". A ONU escolleuno para concienciar da necesidade de mellorar a planificación urbana para facer fronte ós novos e grandes desafíos do século XXI: o cambio climático, a inseguridade alimentaria, o crecemento poboacional, a inestabilidade económica e a inequidade social, entre outros.

De igual forma, as accións encamiñadas a controlar o crecemento demográfico, reducir os niveis de pobreza, e promover unha maior sostibilidade ambiental están estreitamente relacionadas cos procesos de urbanización, de tal xeito que dunha axeitada planificación urbana depende a posibilidade de xerar maiores niveis de calidade de vida na poboación e promover un desenvolvemento humano sostible.

HÁBITAT PARA A HUMANIDADE

A planificación urbana debe dar un novo enfoque a partires do Día Mundial do Hábitat 2009, compartindo as mellores solucións da maneira máis eficaz e ampla posible, mediante unha mellor e máis sensible planificación para nós e o noso medio ambiente.

domingo, 4 de octubre de 2009

4 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS


O 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos Animais en memoria a Santo Francisco de Asís. El sentía compartir algo con todas as criaturas e considerábaas fillas de Deus, e como tales debíamos respetar as súas vidas, pois eran agasallo do creador,sen as cales o home non podía sobrevivir.En tempos de San Francisco de Asís,estas ideas eran consideradas como estrañas e despreciadas.
O que está claro é a mensaxe que nos deixou: "debemos comprender o noso lugar na orde creada, xa que o noso benestar está integrado ó benestar de todo o medio ambiente".
Debemos ser conscientes acerca das moitas maneiras en que podemos axudar e respectar ós animais.
Actualmente coñécense 11.167 especies en perigo de extinción,aproximadamente.Isto xeralmente débese á fulminación dun recurso da cal dependen todas e cada unha das especies, xa sexa por parte da acción do home,como a caza ilegal ou a tala indiscriminada de árbores, ou simplemente a cambios no ecosistema da especie produto de feitos fortuito, como é o cambio climático.
Esperemos que algún día o ser humano entre en razón e se dea conta de que non podemos vivir con tantos animais es perigo de extinción,xa que sen eles nós tampouco poderíamos seguir vivindo.



sábado, 3 de octubre de 2009

DÍA MUNDIAL DAS AVES


Este fin de semana celébrase o Día Mundial das Aves.
Nos últimos trinta anos desapareceron 21 especies de aves, e actualmente están en perigo de extinción un total de 192 especies.
O que se pretende coa celebración deste día é, que o interés polas aves anime á xente a unha maior participación e apoio á conservación do medio ambiente.Así como dar a coñecer as ameazas ás que se enfrontan estas especies e as medidas de conservación necesarias para a súa sana supervivencia.



martes, 29 de septiembre de 2009

29 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL DOS MARES

O Día Marítimo Mundial foi establecido polas Nacións Unidas coa finalidade de manter e mellorar a seguridade das operacións marítimas internacionais e para previr a contaminación marina.

MAR é un nome xenérico que se utiliza para designar a todas as augas salgadas que cobren unha grande parte da superficie da Terra.


Sen mar non habería vida no noso planeta. Nembargantes, a pesares da inmensidade e enorme riqueza biolóxica que encerran, os nosos mares e océanos son fráxiles, moi pouco coñecidos e especialmente vulnerables ás ameazas.

Entre as causas que orixinan a contaminación dos mares atópanse: as augas residuais das cidades, as verteduras industriais, a incineración dos residuos tóxicos, a actividade petroleira, os sedimentos provenientes da tala de árbores e da erosión, entre outros.

Entre as súas consecuencias podemos citar as seguintes:

- Aumento de mareas negras e verteduras ó mar; as correntes do océano tenden a devolver os residuos á costa, de maneira que moitos son perigrosos e poden causar enfermidades.
- Os residuos concéntranse entre as capas térmicas e as frontes oceánicas, que son as zonas nas que se atopan os bancos de peixes máis produtivos. Polo tanto, descende o número de especies de animais e plantas.
- A proliferación de algas tóxicas.
- A perda de ecosistemas costeiros de inmenso valor.
- Unha redución na calidade do entorno dende o punto de vista turístico.


Cando os seres humanos empecemos a valorar, coidar e respectar a natureza poderemos disfrutar de todos os beneficios que proporcionan estes incribles ecosistemas.

A CONTAMINACIÓN DO MAR

domingo, 27 de septiembre de 2009

27 DE SETEMBRO: DÍA NACIONAL DA CONCIENCIA AMBIENTAL

O coidado do medio ambiente é unha das responsabilidades primarias de todos os habitantes do mundo. A conmemoración deste día debe axudar a concienciar sobre a importancia do coidado do planeta para nós e para as vindeiras xeracións.


Tal día coma o de hoxe, no ano 1.993, houbo un escape de gas cianhídrico que orixinou unha traxedia na cidade de Avellaneda (provincia de Buenos Aires). Dende entón, todos os anos nesta data, conmemórase o DÍA NACIONAL DA CONCIENCIA AMBIENTAL e lémbranse os dereitos e deberes constitucionais relacionados co medio ambiente.

É unha maneira sinxela pero moi axeitada de formar comunidades máis conscientes acerca da conveniencia de actuar con respecto e compromiso cara o lugar no que nos toca vivir, tendo sempre presente que o dano que lle facemos ó medio ambiente facémolo a nós mesmos, aos nosos concidadáns e aos habitantes futuros da nosa terra.


CREANDO CONCIENCIA...

martes, 22 de septiembre de 2009

22 DE SETEMBRO: "DÍA EUROPEO SEN COCHE"


Dende o día 16 de Setembro vimos celebrando a Semana Europea da Mobilidade. Esta semana culmina co DÍA EUROPEO SEN COCHE (22 de Setembro), co que se trata de fomentar o uso do transporte público e concienciar ós cidadáns e autoridades sobre a necesidade de reducir as emisións de CO2 provenientes dos vehículos.

Os nenos/as deben reflexionar sobre o impacto do transporte na calidade do aire e o clima e sobre os hábitos que degradan o noso contorno, como o uso particular do coche.

O ideal é que persoas que teñen que facer o mesmo traxecto se animen a compartir coche e gastos co aliciente de abaratalos e reducir as emisións de gases á atmósfera, pero non só neste día, senón todos os días.

Lembrade!: "MENOS FUME E MENOS CO2!"

OS DESASTRES DA CONTAMINACIÓN:


Para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta:
O NOSO FOGAR!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA PROTECCIÓN DA CAPA DE OZONO

Hoxe celébrase o Día Internacional da Protección da Capa de Ozono.

A chamada capa de Ozono é unha rexión atmosférica situada entre os 15 e 35 kilómetros de altura,en onde se concentra preto do 90% de todo o ozono da atmosfera.

A destrución da capa de ozono é un dos problemas ambientais máis graves co que nos debemos enfrontar hoxe en día.Entre os principais efectos da destrución da capa de ozono están os seguintes:
  • Aumento dos niveis de radiación ultravioleta, prexudicial para os seres humanos,animais e prantas.
  • Incremento dos cambios climáticos.
  • Alteración da atmosfera e intensificación das tormentas tropicais e os furacáns.
Sabendo que os gases que máis afectan negativamente á conservación da capa de ozono son os que conteñen cloro e bromuro,debemos de facer un consumo moi responsable e limitado de sustancias que conteñan estos compostos.

Ainda que imos no bo camiño,temos que seguir mellorando e concienciarnos do importante que é para a nosa vida a conservación de dita capa.


domingo, 13 de septiembre de 2009

BENVIDOS/AS Ó CURSO 2.009/10

Estimadas familias!
Aquí tedes o programa deste novo curso 2.009/10 adicado ó Medio Ambiente, onde poderedes ter acceso á información importante do noso cole relacionada cos horarios, calendario escolar, profesorado, colaboración familia-escola...
Non vos esquezades de facer clic en cada imaxe para ampliala!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

GRIPE A: INFORMACIÓN E PREVENCIÓN

1º) QUE É A GRIPE A?
Trátase dunha enfermidade respiratoria causada por un novo virus da gripe tipo A que amosou a súa capacidade para se transmitir dunha persoa a outra. É similar á gripe común e polo tanto, xeralmente é unha enfermidade leve, sempre tomando as precaucións axeitadas.
2º) CALES SON OS SÍNTOMAS DA GRIPE A?
Adoita comezar bruscamente con febre (38º ou máis), tose, dificultades para respirar, dor de cabeza, dor de gorxa, secrecións nasais, esbirros, dor muscular, malestar xeral. Poden aparecer ademáis vómitos ou diarrea.
3º) COMO SE TRANSMITE?
A transmisión é similar á da gripe común, por respirar as gotiñas que se producen cando unha persoa infectada tose ou esbirra. Esta é a forma de contaxio máis habitual e para que se produza precísase un contacto estreito coa persoa infectada.
O contaxio tamén pode producirse ao tocar algo que estea contaminado co virus da gripe e logo levar as mans á boca, ó nariz ou ós ollos sen lavalas antes.
4º) DURANTE CANTO TEMPO PODE TRANSMITIR A INFECCIÓN UNHA PERSOA ENFERMA?
Dende un día antes da aparición dos síntomas ata 7 días despois (ainda que nos nenos/as pequenos/as este periodo pode ser maior). Este é o tempo de illamento recomendado para os pacientes.
5º) PAUTAS DE PREVENCIÓN:
- Cando o espazo o permita, manterse polo menos a un metro de distancia doutras persoas.
- Cubrirse a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano de papel e logo tiralo ao lixo.
- Tusir ou esbirrar contra o brazo e non contra as mans, se non se ten un pano de papel.

- Lavar e manter as mans ben limpas con auga tibia e xabón ou ben usar xel desinfectante baseado en hidro-alcohol que non precisa auga.
- Quedar na casa se se está enfermo e non asistir á escola nin a lugares públicos durante ese período.

6º) INFORMACIÓN ADICIONAL: