martes, 29 de septiembre de 2009

29 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL DOS MARES

O Día Marítimo Mundial foi establecido polas Nacións Unidas coa finalidade de manter e mellorar a seguridade das operacións marítimas internacionais e para previr a contaminación marina.

MAR é un nome xenérico que se utiliza para designar a todas as augas salgadas que cobren unha grande parte da superficie da Terra.


Sen mar non habería vida no noso planeta. Nembargantes, a pesares da inmensidade e enorme riqueza biolóxica que encerran, os nosos mares e océanos son fráxiles, moi pouco coñecidos e especialmente vulnerables ás ameazas.

Entre as causas que orixinan a contaminación dos mares atópanse: as augas residuais das cidades, as verteduras industriais, a incineración dos residuos tóxicos, a actividade petroleira, os sedimentos provenientes da tala de árbores e da erosión, entre outros.

Entre as súas consecuencias podemos citar as seguintes:

- Aumento de mareas negras e verteduras ó mar; as correntes do océano tenden a devolver os residuos á costa, de maneira que moitos son perigrosos e poden causar enfermidades.
- Os residuos concéntranse entre as capas térmicas e as frontes oceánicas, que son as zonas nas que se atopan os bancos de peixes máis produtivos. Polo tanto, descende o número de especies de animais e plantas.
- A proliferación de algas tóxicas.
- A perda de ecosistemas costeiros de inmenso valor.
- Unha redución na calidade do entorno dende o punto de vista turístico.


Cando os seres humanos empecemos a valorar, coidar e respectar a natureza poderemos disfrutar de todos os beneficios que proporcionan estes incribles ecosistemas.

A CONTAMINACIÓN DO MAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario