miércoles, 22 de septiembre de 2010

22 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL SEN COCHE

Dentro da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, hoxe celébrase o "DÍA MUNDIAL SEN COCHES", que ten como principal obxectivo potenciar o uso do transporte público como medio alternativo e concienciar aos cidadáns dos efectos que os automóbiles teñen sobre o medio ambiente.

Os ecoloxistas chaman a atención sobre as consecuencias que o uso do vehículo ten no medio ambiente. Segundo o Instituto de Aforro da Enerxía (IDAE), por cada litro de gasolina consumido, un coche emite 2,3 kg de dióxido de carbono (CO2); e por cada litro de gasóleo, un 2,6 kg de CO2. Por iso debemos concienciar á cidadanía sobre o feito de que a moderación no uso do coche evita a emisión de gases de efecto nocivo.

O uso da bicicleta, unha alternativa clave para o futuro da mobilidade urbana, ademais de non contaminar, é bo para a nosa saúde e fai das nosas cidades e pobos espazos máis sans e sustentables lugares onde pasear en familia non supoña avanzar en ringleira; onde os nenos poidan xogar nas rúas e non sexa necesario acompañalos cada día á escola porque percibimos o camiño como un perigo; onde ir en bicicleta sexa seguro e cómodo, sexan pequenos ou maiores quen a utilizan; onde podamos sentarnos nunha terraza e ler o xornal ou un libro sen respirar fumes de coches mentres os nenos xogan na rúa e onde se poida aparcar o coche rapidamente cando teñamos realmente que utilizalo.

martes, 14 de septiembre de 2010

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010

Este ano tivemos a sorte de ser seleccionados para o programa de Inmersión lingüística que organiza o Ministerio de Educación e Cultura en colaboración coa Consellería de Educación de Galicia. Os afortunados serán 25 alumnas e alumnos que estean cursando sexto de primaria no presente curso. O noso centro compartirá campamento e experiencias con outro colexio da xeografía española usando como lingua o inglés.
As datas de celebración serán do 14 ó 20 de Novembro e o campamento será en Guijo de Ávila, Salamanca.

View Larger Map
Podedes botarlle un vistazo tamén á web do lugar onde se van a realizar as actividades se pinchades na seguinte imaxe.
Animámosvos a todos e a todas a participar nesta nova experiencia, lembrándovos que o derradeiro día para entregar as autorizacións será o vindeiro venres día 17.

CONDUCÍNDONOS POLA VIDA: EDUCACIÓN VIAL

Como sabedes, todos os anos adicamos o curso a un eixo transversal determinado e procuramos que a maioría das actividades, proxectos, festas, conmemoracións, saídas e actos en xeral que se realizan no cole teñan relación co mesmo. Lembrades canto traballamos o ano pasado na procura da mellora do medio ambiente? Pois este ano tócalle a quenda á EDUCACIÓN VIAL. Si, rapazas e rapaces, nais, pais, e comunidade educativa en xeral: Neste curso que comeza queremos fomentar no alumnado actitudes de conciencia cidadá e desenvolver hábitos encamiñados á creación do senso vial, así como actitudes de respeto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.


Para que a educación vial sexa unha realidade eficaz, precisa dunha presenza constante en todas e cada unha das fases de formación dos cidadáns dende os primeiros anos de vida, polo constante e forte protagonismo do tráfico na nosa sociedade. De aí a importancia da súa inclusión no currículo educativo. Se premedes nas imaxes que veñen de seguido poderedes acceder a máis información e na parte dereita do blog teredes acceso a webs de xogos interactivos relacionados coa Educación Vial.





viernes, 10 de septiembre de 2010

BOLETIN INFORMATIVO




Para ler mellor pincha na imaxe.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA!


O vindeiro día 10 DE SETEMBRO comezamos as clases en horario de 9 a 14h. Non vos esquezades, nenos e nenas, de vir con moitas ganas e dispostos a comezar unha nova e proveitosa andaina neste curso 2.010 - 2.011.
ESPERÁMOSVOS!