martes, 21 de julio de 2009

BYE, BYE..


E como xa vén sendo habitual para rematar o curso celebrouse a comilona que moi xenerosamente prepararou cada familia.Había de todo e,como non,todo riquísimo.Mmmm..!
Agora toca descansar e pasalo pero que moi ben nas vacacións de verán.
Queremos desexarlle todo o mellor a aqueles nenos/as e mestres/as que se van do cole.Moitísima boa sorte!!

lunes, 13 de julio de 2009

PROXECTO INFANTIL: OS TRANSPORTES


Aqui tedes unha mostra dun dos proxectos traballados no terceiro trimestre en Infantil: "As viaxes e os medios de transporte", tendo en conta o eixo transversal polo que nos guiamos neste curso 08/09:"Educación para o Lecer"

jueves, 9 de julio de 2009

AXEXO 2009


Por fin temos xa o Axexo 2009 en formato dixital!!
Podedes atopar todo tipo de actividades realizadas neste curso no noso cole:Cultura,conmemoracións,educación para o lecer,viaxes,proxectos,deportes,talleres...
As solucións dos pasatempos que viñan coa revista podedes miralas na entrada anterior a esta.

SOLUCIÓNS PASATEMPOS AXEXO 09


Aquí están as solucións dos pasatempos do Axexo 2009!! Máis vale tarde que nunca!
Non busquedes a solución do encrucillado porque non está..Se alguén foi capaz de solucionalo correctamente sen sobrarlle ou faltarlle ningunha casiña que o faga saber porque terá un premio especial,ja,ja..cousas das présas..

miércoles, 8 de julio de 2009

COCIÑEIROS/AS 2008-09


Dende aqui, esta merecida homenaxe aos nenos de infantil que fixeron uns platos de rechupete no taller de cociña!

CONTACONTOS KALANDRAKA

No mes de Maio, coincidindo coas Xornadas Culturais, os nenos/as de Infantil e 1º recibiron a visita de dous contacontos da editorial Kalandraka. Que atentos estiveron e como se divertiron!!

martes, 7 de julio de 2009

1ª FEIRA DO LIBRO USADO

A 1ª feira do libro usado do C.EI.P. de Sobrada foi un éxito total de vendas!Pais,nais,alumnas,alumnos,mestras,mestres e demais colaboraron dunha maneira espectacular nesta primeira edición.Para o ano haberá que repetila!