jueves, 27 de junio de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO

" A SOPA VERDE"
TEATRO
EDUCACIÓN INFANTIL "BABY SHARK"
CANTIGA
EDUCACIÓN INFANTIL "COME, BEBE E DESCANSA"
 MUSICAL
 1º CICLO "BAILANDO A AUGA"
COMEDIA NATACIÓN
2º CICLO "AGULLA DE MAREAR"
TEATRO
5º CURSO "20 ANOS DESPOIS"
TEATRO
 6º CURSO
  "EU CHORAR CHOREI"
CANTIGA
EDUCACION INFANTIL
VÍDEO RESUMO DO CURSO O FESTIVAL EN IMAXES

ETWINNING PROJECT "Tongue-twisters:European Day of Languages"


O curso de 4º de primaria na área de inglés participou nun proxecto etwinning en colaboración con outros centros escolares europeos chamado “Tongue-Twisters - European Day of Languages”. En concreto os países participantes foron Croacia, Polonia e España.
O obxectivo principal foi a celebración do Día Europeo dos Idiomas, onde o alumnado intercambiou diversos trabalinguas en inglés e tamén nas súas linguas de orixe (español, galego, croata, polaco), fomentando a interculturalidade e enrequecemento lingüístico, poñendo en valor e defendendo todas as linguas que falamos.
Elaboraron dous vídeos, un de presentación dos equipos cooperativos de traballo diario, e outro no que recitan uns trabalinguas en inglés, castelán e galego.


INTRODUCE YOUR TEAM TONGUE-TWISTERS

ETWINNING PROJECT "My family and I"

O curso de 1º de primaria na área de inglés participou nun proxecto etwinning en colaboración con outros centros escolares europeos chamado “My family and I”. En concreto os países participantes foron Rumanía, Polonia, Macedonia, Turquía, Lituania, Italia, Portugal, Azerbaian,Serbia e España.
Elaboramos dous vídeos, un de presentación sinxela de cada alumno/a e outro en onde presentan as súas familias.

PARABÉNS POLO ESFORZO!


INTRODUCTIONS 1º A INTRODUCTIONS 1ºB FAMILY 1ºA FAMILY 1ºB

miércoles, 26 de junio de 2019

DEIXANDO PEGADA

Un novo curso máis, o pintor de Tebra, Basilio Calzado, colaborou co alumnado de 6º na ilustración dun muro. Desta vez fixeron un collage de varios debuxos realizados polo alumnado, ó que Basilio lle deu forma para plasmalo e axudarlles a que deixaran a súa pegada no momento en que rematan a súa escolaridade de primaria. Moitas Gracias Basilio!!! Sorte alumnado nesa nova andaina!

domingo, 23 de junio de 2019

TURONIA 2019

E un ano máis... chegou o Turonia! Esa actividade que nos permite convivir con nenos doutros centros; que nos convida a axudar, a aprender, a observar e pensar dun xeito diferente, desfrutando do noso entorno. E coma vimos facendo noutras edicións, as protagonistas seguen a ser as rutas a pé e en bicicleta, a través das que imos descubrindo e valorando toda esa riqueza que agocha o noso concello. 

Detrás deste proxecto atopamos a vontade e dedicación de moitas persoas e entidades ás que nos mostramos moi agradecidos: profesorado, expertos en distintas materias (Jesús, Jose, María, Alfonso...) cociñeiros, Concello de Tomiño , Anpas, Comunidades de montes, Protección Civil, panadería Currás, bar la Picadita, fiambres Argal y Tamuche e Auga Disgobe.


martes, 18 de junio de 2019

CHEGOU A HORA, CON TODOS E TODAS VOSTEDES...O FESTIVAL DE FIN DE CURSO!

Ola familias! Xa sabedes que mañá tedes unha cita no AUDITORIO DE GOIÁN ás 10:30 da mañá. Poderedes ver todo o que estivemos a traballar nestas derradeiras semanas.

Vai ser un momento de moitas emocións compartidas entre toda a comunidade educativa!