domingo, 29 de mayo de 2016

NAVEGA CON RUMBO

O pasado mércores tivemos unha charla do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia na que  alumnado e profesorado de 5º e 6º de primaria, puidemos aprender algo máis dos riscos que pode supoñer o navegar por Internet e que é o que debemos ter en conta para unha navegación segura.






Aquí vos deixamos uns enlaces en onde podedes atopar guías de navegación para alumnado, profesorado e familias, ademais de outra páxina en onde podemos aprender xogando.




viernes, 20 de mayo de 2016

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O auditorio de Goián acolleu hoxe o Festival das Letras Galegas do noso centro, homenaxe adicada ó escritor MANUEL MARIA que cunha gran variedade de  actuacións poidemos gozar  da creatividade do alumnado en poesía, teatro, baile...e empaparnos deste fermoso idioma, o resultado foi fantástico.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións, nos vindeiros días iremos subindo vídeos.



miércoles, 18 de mayo de 2016

XIX FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

Temos o pracer de achegarlles o programa do Festival das Letras Galegas, este ano adicado ó poeta chairego Manuel María, e que celebramos un ano máis para fomentar nos nenos e nenas o interese e aprecio pola nosa cultura galega. 
Gustaríanos contar coa súa presenza nas actuacións preparadas polo alumnado, que terán lugar o vindeiro
venres 20 de maio a partires das 10:30h no auditorio de Goián.




PROGRAMA
  • "O fantástico Curuxo" Teatro- Ed. Infantil
  • "Mother Nature". Vídeo-Clip-6º curso.
  • "A árbore das follas Din A4". Teatro 1º e 2º cursos.
  • Vídeo obradoiros. 6ºcurso.
  • "Desta terra". Dous poemas e unha cantiga- 3º e 4º cursos.
  • Vídeo obradoiros- 6º curso.
  • Canción " A Terra Cha", danza "Mallo de roda" e rap- 5º e 6º cursos.
  • Vídeo resumo do curso.
  • Recitado conxunto dun poema. Despedida e peche (arredor das 12:40h)
Realizarán a presentación e amenización das actividades os alumnos e almunas de 6º curso.

viernes, 13 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Hoxe os nenos de infantil, 1º e 2º fomos a un obradoiro de cestería. Xaquín ensinounos o material co que se construen os cestos: palla de centeo e bimbios. Nós axudámoslle a contar as pallas e a sacarlle as follas. Gustounos moito!!!

jueves, 12 de mayo de 2016

INFORMACIÓN DIA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro día 16 de maio de 2016  non será lectivo  segundo acordo do Consello Escolar do 22 de setembro de 2015 e resolución favorable da Xefatura Territorial 17 de novembro de 2015.

miércoles, 11 de mayo de 2016

Saída ao monte

  O venres 18 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos un roteiro polo monte que hai detrás do colexio . Acompañounos  Alberto Romero, un bo coñecedor da flora e da fauna tipicas da zona, e  explicounos moitas curiosidades  sobre as plantas : usos medicinais, forma de inxertar unha maceira e unha vide...Tamén nos contou un conto no que falaba da forma de pasalo ben os nenos en tempos dos nosos avós. Foi unha saída na que o pasamos moi ben e aprendemos  moitas cousas.
Deixámosvos un vídeo como mostra

martes, 10 de mayo de 2016

AS CORES DO RÍO MIÑO

Os alumnos de 3º e 4º , no primeiro trimestre deste curso,realizamos un taller sobre os ríos de Galicia. Pasámolo moi ben distinguindo as cores frías das cálidas. Queredes ver unhas imaxes sobre os ríos e o ben que o pasamos? Aqui vos deixamos este video sobre os ríos.

SAÍDA A VIGO

Os alumnos de 3º e 4º, no primeiro trimestre deste curso, fixemos unha saída a Vigo. Asistimos , no teatro , á representación da obra teatral "Nana para un soldado".Pasámolo ben porque tiña momentos moi cómicos... Ao terminar fomos ao Parque de Castrelos: foi moi divertido xogar con todos os nosos compañeiros! Que ben o pasamos!!! Aquí vos deixamos unhas fotos para que as vexades.

CHARLA DOS NENOS E NENAS DE 5º AOS DE 3º

O curso pasado os alumnos de 5º B déronnos unha charla sobre as formas de vida na Prehistoria. Foi moi interesante porque na zona hai moitos restos arqueolóxicos e deste xeito podemos coñecer como foi o noso pasado. Aprendemos cousas que non sabiamos e preguntámoslles as dúbidas que tiñamos. Pasámolo moi ben e quedámonos con ganas de saber máis dos nosos antepasados !!!

jueves, 5 de mayo de 2016

DINAMIZACIÓNS DEPORTIVAS

Estas foron as últimas dinamizacións que se levarón a cabo, na primeira desprazámonos ata o colexio de Randufe e na segunda das xornadas recibimos ó colexio Pedro Caselles, que ademais tivo de especial ser primeira vez que en Sobrada se organiza unha actividade de dinamización deportiva.
DINAMIZACIÓN CEIP DE RANDUFE/CEIP DE SOBRADA

DINAMIZACIÓN CEP PEDRO CASELLES/ CEIP DE SOBRADA