miércoles, 20 de junio de 2012

BIRDS


BIRDS from csobrada on Vimeo.
Traballo e exposición final sobre as aves do alumnado de 3º. Despois de que cada equipo traballase previamente unha ave, en inglés simplemente se fixo unha continuidade dese traballo xa realizado en lingua galega. Ó resultado final chegouse despois de empregar distintas estruturas de traballo cooperativo como lapis ó medio, folio xiratorio, xogo de palabras e grupo de expertos ou quebracabezas.

sábado, 16 de junio de 2012

Montaxe e explicación sobre como construir un circuíto eléctrico


Experimento dun circuíto eléctrico para coñecemento do medio realizado e explicado por Samuel, Alex G. e Luismi.

Poemas cantandos 6ºB

Canción de Toñin pola tolerancia from ceip sobrada on Vimeo



Canción pola tolerancia de Toñín, de 6º B.

Poema pola tolerancia de Luismi

Untitled from ceip sobrada on Vimeo.


Poema escrito e cantado por Luismi de 6ºB.

viernes, 15 de junio de 2012

Poema pola paz e a tolerancia Alex P.


Poema polo Día da Paz from ceip sobrada on Vimeo.


Poema pola paz e a tolerancia de Alex P.

Alba F. e Alba G. cantando no Día da Paz


Untitled from ceip sobrada on Vimeo.


Cancións polo Día da Paz de Alba F. e Alba G. de 6º B

Taller de informática do 3º Ciclo



Video presentación de parte do traballo realizado nos talleres de informática do 3º Ciclo ao longo de todo o presente curso 2011-2012.

TORNEO BÁDMINTON EN VIGO

 Varios alumnos do colexio animámonos a asistir a un torneo organizado polo clube Rachaplumas de Bádminton que se celebraría en Vigo, neste torneo estaban invitados clubs de bábminton e tamén colexios. Participamos Evelin Benítez, Samunel Moreno e Elsa Roldan de 6º curso e Eva Roldan de 4º, o nivel de competición foi bastante elevado, Eva Roldan competiu con brillantez facendose co 4º posto, conseguindo subir ao podio, ademais acompañouna a sorte neste día, xa que no sorteo de agasallos foi agraciada cunha boa raqueta; en categoría alevín Samuel Moreno acadou a 8º posición e Elsa Roldan a 12º, Evelin a 12º posición en categoría infantil. En xeral sentímonos satisfeitos polo papel que xogamos e por poder asistir a este tipo de torneos, e practicar un deporte que nos encanta.                                       

Na aula de 6ºB estivemos realizando experimentos volcáns, un barco e un cohete. Aquí vos deixo para que vexades un dos volcáns realizado por Évelin, Luismi e Alba Quinteiro.

lunes, 11 de junio de 2012

FESTIVAL 2012

O festival en imaxes.

FESTIVAL 2012 from ceip sobrada on Vimeo.

Baile de despedida do festival no que participaron alumnado, profesorado, familias e todo o mundo que alí estivo.

BAILE DE DESPEDIDA from cole de sobrada on Vimeo.

Performance titulada "Armando Graffiti", realizada e interpretada polo alumnado do 3º ciclo.

ARMANDO GRAFFITI from csobrada on Vimeo.

Baile interpretado polo alumnado do 2º ciclo como remate final da súa obra.

BAILE 2º CICLO from cole de sobrada on Vimeo.

Obra titulada "A lenda de Kirikú" realizada polo alumnado do 2º ciclo.

A LENDA DE KIRIKÚ from cole de sobrada on Vimeo.

Baile realizado polo alumnado do 1º ciclo.

BAILE 1º CICLO from csobrada on Vimeo.

Obra de teatro titulada "O consello de Facundo" realizada polo alumnado do 1º ciclo.

O CONSELLO DE FACUNDO from ceip sobrada on Vimeo.

Canción titulada "A cor do corazón" e interpretada polo alumnado de infantil.

CANCIÓN A COR DO CORAZÓN from ceip sobrada on Vimeo.

Obra de teatro titulada "A cor do corazón" realizada polo alumnado de infantil.

A COR DO CORAZÓN from ceip sobrada on Vimeo.

viernes, 8 de junio de 2012

URUGUAI

Desta vez aprendemos de Uruguai. Silvia Olivero é uruguaia e nai dun alumno do noso cole. 
Falounos do seu país, da súa gastronomía, costumes, música, etc. 
Co alumnado de 2º ciclo fixo uns Alfajores coa súa posterior degustación. 
No apartado musical, todo o alumnado de 2º ciclo construiu unha especie de tamborciño co que tentaron imitar un tipo de música tradicional uruguaia, o Candombé.

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 O 8 de xuño celébrase o Día Internacional dos Océanos.
Hai que lembrar que dúas terceiras partes do planeta Terra están cubertas por océanos, que constitúen unha fonte de infinitos recursos: alimentos, enerxía, auga, recursos minerais...
O mar en interacción coa atmosfera, a litosfera e a biosfera favorece unhas condicións que posibilitan as distintas formas de vida no planeta. Son os pulmóns do noso planeta, proporcionando a maior parte do oxíxeno que respiramos.
Pensemos nisto e sexamos conscientes e responsables na prevención, redución e control da contaminación dos nosos océanos e mares.


jueves, 7 de junio de 2012

DÍA DOS AVÓS

Outra actividade das xornadas culturais deste ano foi a visita dos avós e avoas do alumnado do colexio. Previamente os nenos e nenas fixéronlles un debuxo e escribiron uns textos nos que dicían o que significaban para eles os seus avós e avoas. O alumnado de 5º e 2º realizaron unha obra de teatro conxunta para esta visita. Como remate, todo o colexio cantou e representou a canción "Me gustaría enseñar al mundo a cantar". Podedes ver algunhas fotos do evento facendo clic en FOTOS.
OS NETOS ÓS AVOS por ceipsobrada Canción representada e cantada por todo o colexio.

martes, 5 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día mundial do medio ambiente é un evento anual que se leva a cabo o 5 de xuño. Estableceuno a Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de decembro de 1972.
Este día é un dos principais veículos que as Nacións Unidas empregan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ó respecto. Os obxectivos son motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro.

LINGUAXE DE SIGNOS

O martes 29 tivemos a visita de Toño e Raquel que viñeron a ensinarnos como se comunica a xente con problemas de audición. Ó alumnado de infantil e 1º ciclo contáronlles o conto da "Xoaniña Rosmona", e ó alumnado do terceiro ciclo contáronlles o "Camaleón camaleónico". Foi un pracer disfrutar con vós.
MOI AGRADECIDOS. O camaleón camaleónico. A xoaniña rosmona.

viernes, 1 de junio de 2012

COLOMBIA

Desta vez o alumnado de 1º e 3º ciclo recibiu a visita dun familiar de Colombia. 
Ensinounos como era o seu país, falounos de persoas importantes colombianas e, como non, conotounos un pouquiño como eran as súas costumes e a súa cultura. 
Estámoslle moi agradecidos por poder compartila con nós.

FRANCIA


O pasado venres 25 tivemos a visita dunha nai francesa chamada Dely. Ela contoulles ó alumnado de 3º un pouquiño como era o seu país, así como os seus aspectos culturais. Para rematar fíxonos un postre salgado típco de Francia, un "Quiche Lorraine". Mmmmm..riquísimo!!!
Agradecidos Dely!