sábado, 29 de enero de 2011

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ como cada ano dende 1964. Con esta data preténdese conmemorar o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, un home que coas súas accións pacifistas chegou a conseguir a independencia da India.


Dende o Ceip de Sobrada seguiremos, hoxe e todos os días do ano, na procura dunha educación para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos dereitos humanos, á non violencia e á paz.

Dalle ó play:


lunes, 24 de enero de 2011

jueves, 20 de enero de 2011

DARLLE UNHA APERTA Á VIDA

Aquí vos deixamos un spot publicitario que busca sensibilizar acerca da importancia do uso do cinturón de seguridade.

viernes, 14 de enero de 2011

LECTURA DOS NEN@S DE 4º A INFANTIL

Todas as semanas, cada neno e nena de 4º de Primaria prepara un conto para contárllelo a un nen@ de Infantil na biblioteca do cole. Fano con moita ilusión e póñenlle moitas ganas.
Ós nenos/as pequenos encántalles este momento de lectura e agradéceno moitísimo.
Mirade que ben o pasan!
Mirade que ben o pasan!

martes, 11 de enero de 2011

"O OURIZO CACHO NON TEN COCHE"

As nenas e os nenos de 3 e 4 anos curioseamos na natureza,
velaiquí o traballo que realizamos coa axuda da nosa profe de prácticas.

É un proxecto de investigación e descubrimento dos ourizos cachos,
con el divertímonos moito.



Este é o proxecto que realizamos os nenos/as de 5 anos:

RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE

No primeiro trimestre, os nen@s de 5 anos reescribiron este conto de Kiko da Silva da editorial kalandraka. Neste video podedes escoitar como eles mesmos vos contan a historia.