martes, 14 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: MACEDONIA DE FROITAS

Outra das receitas elaboradas polos nosos "pequechefs" no TALLER DE COCIÑA foi a MACEDONIA. Apreciámola moito sobre todo nestes días de primavera en que apetece tanto a froita fresca. Os nenos e nenas de Infantil cortárona en anaquiños e mesturáronos nun bol con zume de laranxa e azucre. Gustounos moitísimo facela e tamén probala!! Mmmmm!!
MACEDONIA from ceip sobrada on Vimeo.

PEQUECHEFS: GALLETAS DE CHOCOLATE

No taller de cociña que temos en Infantil, os PEQUECHEFS fixeron moitas receitas. Unha delas foron as GALLETAS DE CHOCOLATE utilizando moldes de distintas e variadas formas: corazón, estrela, anxiño, flor... Pasámolo en grande amasando! Menudos reposteiros!
GALLETAS DE FORMAS from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 13 de mayo de 2013

RECEITAS DE MILLO

Os nenos e nenas de 1º CICLO estivemos traballando e profundizando no proxecto do MILLO. Aproveitando isto, fomos ao taller de cociña e preparamos dúas receitas.
Os nen@s de 1º de primaria preparamos un BISCOITO DE MILLO e os nen@s de 2º de primaria ROSQUILLAS DE MILLO.
MMMMMMmmmmm! Que rico estaba todo!
Nos videos aparecen os ingredientes e os pasos que realizaron como bos pasteleiros que foron.

Biscoito de millo 1º Primaria from ceip sobrada on Vimeo.

Rosquillas de millo 2º Primaria from ceip sobrada on Vimeo.

TENIS DE MESA

Os pasados días 17 e 24 de abril e o 8 de maio no pavillón de Sobrada desenvolvéronse as xornadas de TENIS DE MESA.  Do noso cole participaron e disfrutaron moitos nen@s.
Na páxina de AGRUDEBAM están publicadas as clasificacións en cada unha das categorías.

sábado, 11 de mayo de 2013

Proxecto de Investigación acerca do Viño

Levou o seu tempo pero aquí temos o resultado de investigar un pouco acerca dun producto tan propio do noso entorno.

Resultado das Enquisas previas: (Facer clic nas imaxes para ver máis grande)






Historia do Viño from ceip sobrada on Vimeo.
Adegas from ceip sobrada on Vimeo.