lunes, 31 de diciembre de 2012

PAPÁ NOEL EN SOBRADA!

Antes de rematar as clases do 1º trimestre, Papá Noel non quixo perderse a súa visita anual ao noso cole. Apareceu cargadiño de chuches para todos os nen@s de Infantil e 1º ciclo, que lle entregaron a súa carta e lle ofreceron o seu mellor sorriso. Foi unha mañá máxica! 
 
PAPÁ NOEL EN SOBRADA from ceip sobrada on Vimeo.

SORPRESA DOS NEN@S DE 2º

O penúltimo día antes das vacacións de nadal, o alumnado de 2º de Primaria coas súas mestras ELENA e Mª JOSÉ visitaron a aula de 4 anos para darlles unha sorpresa marabillosa. Dos 31 nenos que alí foron, 13 puideron rememorar os tempos nos que eles estiveron en infantil, xa que voltaron á que fora a súa aula. Todos se portaron estupendamente. Os maiores recitaron unha fermosa poesía utilizando todas as letras do abecedario e os peques quixeron corresponderlles cantando e bailando unha panxoliña. Ademais houbo agasallos para todos!
GRACIÑAS POR ESTA SORPRESA TAN ESPECIAL! 
FOI MOI EMOCIONANTE E INESQUECIBLE! 

sábado, 29 de diciembre de 2012

EXPOSICIÓN DE INVERNO


EXPOSICIÓN DE INVERNO 2012 from ceip sobrada on Vimeo.

Grazas a todas as familias por colaborar co noso alumnado e conseguir elaborar estas marabillosas e creativas obras de arte.
 Desexámoslles unhas felices festas e un mellor ano 2013.
 BO NADAL!!!

domingo, 23 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Gracias á profe Pili por elaborar todas estas recomendacións que non debemos esquecer. Bo Nadal.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Novos AMIGOS

 

Este curso comezamos unha actividade diferente.
Trátase de escribirnos cartas con outros compañeiros de 5º dun cole de Mourente.
Estes somos nós:

domingo, 16 de diciembre de 2012

POSTAIS GAÑADORAS

POSTAL GAÑADORA DE INFANTIL




POSTAL GAÑADORA DE 1º CICLO



POSTAL GAÑADORA DE 2º CICLO



POSTAL GAÑADORA DE 3º CICLO




Parabéns a tod@s os participantes e, especialmente, aos gañadores e gañadoras. Este ano o listón estivo moi alto e o xurado tivo moitísimas dúbidas á hora de elixir as mellores.

PEGADAS DO NOSO PASADO

Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo saímos a coñecer dous lugares importantes na nosa historia, e que temos bastante cerca.
Vaia!, o caso é que a miña memoria non vai moi ben, e vou ter que preguntar para que me axudedes a lembrar esta saída:

1. Que día fixemos estas visitas? (Paréceme que vai ser difícil atopar respostas correctas)


A ver se publicado deste xeito podemos vernos mellor:



Video

2.- Que lugares visitamos ese día? (Esta vai ser doada de acertar)

Para máis información:
Visita 1
Visita 2
Valoración

jueves, 13 de diciembre de 2012

NENOS/AS DE SOBRADA CELEBRAN UN PLENO MUNICIPAL

O alumnado do 1º ciclo visitou o Concello de Tomiño, participando activamente nun "PLENO MUNICIPAL" onde foron atendidos pola alcaldesa, Sandra González.


miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITANDO CELSO EMILIO FERREIRO

Co gallo do centenario de Celso Emilio Ferreiro, o 12 do 12 do 2012 e ás 12 horas, o alumnado do noso cole homenaxeou ó escritor galego recitando.




CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Día Internacional dos Dereitos Universais

A canción dos dereitos

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


Hoxe 10 de Decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Universais. Un día para reflexionar. Deixámosvos uns enlaces para que poidades votarlle un vistazo ao documento íntegro da Declaración Universal dos Dereitos Humáns.



viernes, 7 de diciembre de 2012

2ª Excursión 1º Ciclo

Os nenos e nenas de 1º e 2º Primaria fomos de excursión a visitar á POLICÍA LOCAL e a CASA DE CONCELLO. Coñecimos as instalacións e montamos no coche da Policía  e logo, coñecimos á alcaldesa, Sandra, á que lle fixemos unha entrevista na sala de plenos.
Ao rematar, antes de voltar ao cole fomos ao parque da Praza da Mina a merendar.
Foi un día moi divertido!

Excursión Concello from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 3 de diciembre de 2012

PEQUECHEFS: CHULAS DE CABAZA

No taller de cociña de Educación Infantil, as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos, fixemos unha riquísimas CHULAS DE CABAZA. Queredes saber como? Neste video atoparedes o proceso de elaboración e de degustación, jeje. Menudos pequecociñeiros temos! Puxémonos as botas!

domingo, 2 de diciembre de 2012

Día Internacional das persoas con discapacidade

O 3 de decembro celébrase como  o día internacional das persoas con discapacidade, un colectivo de persoas que sufren obstáculos, día a día, ao sufrir algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Por iso, conmemórase este día para sensibilizarse e axudar a estas persoas a que se integren e a que obteñan unha maior aceptación por parte de tod@s. 

Este ano, ademais, celébrase co seguinte lema: "Eliminar as barreiras para crear unha sociedade incluínte e accesible a todos."