jueves, 30 de junio de 2011

MEDIOS DE TRANSPORTE

Historia da evolución dos medios de transporte desde a aparición do ser humano na terra ata a actualidade

CAMIÑOS LITERARIOS

Aprendemos dos grandes clásicos, partimos das súas estructuras e temáticas; ilustramos; creamos a partires de estratexias e dinámicas; dun xeito espontáneo...







miércoles, 29 de junio de 2011

FESTA COS DE 6º


SORPRESA DO ALUMNADO DE 6º por ceipsobrada
Esta é unha pequena reportaxe sobre a festa que o alumnado de sexto celebrou o penúltimo día de clase.

lunes, 27 de junio de 2011

XORNAL AXEXO 2011

Velaquí tedes o XORNAL AXEXO que, coma todos os anos, sae á luz por estas datas para dar a coñecer todas as actividades, proxectos, saídas, talleres...que se levaron a cabo no noso centro durante o curso 2010-11.

XOGOS POPULARES 2011

Un ano mais o alumnado de 6º dirixiu a xornada de xogos populares na que participou todo o centro, que coma sempre foi un éxito.

domingo, 26 de junio de 2011

O FESTIVAL EN IMAXES


Aquí tedes un pequeno resumo do que deu de sí o Festival das Letras Galegas deste curso. Noraboa a todo o alumnado e profesorado que nos fixo pasar unha desas mañás inesquecibles.

RAP


A derradeira actuación do festival fíxoa o alumnado do 3º ciclo amosándonos as súas dotes de rapeir@s.

AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS TERRAS


AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS... por ceipsobrada
Obra de teatro do 3º ciclo en onde nos contas as disparatadas aventuras de Don Quixote por estas terras, cheas de coches e semáforos.

THE TIME OF MY LIFE


Alumnado do 3º ciclo representa unha coreografía da canción "The time of my life" versioneada polo grupo The black eyed peas.

DANZA ANTIGA


BAILE DO 3º CICLO por ceipsobrada
O alumnado do 3º ciclo interpreta unha danza tradicional.

RECITAL DE POESÍAS


RECITAL DE POESÍAS por ceipsobrada
Recital de poesías acompañado dunha proxección audiovisual a cargo do alumnado do 3º ciclo de primaria.

UNHA VIAXE POR ESPAÑA


UNHA VIAXE POR ESPAÑA por ceipsobrada
O alumnado do 2º ciclo levounos a través dunha viaxe pola xeografía española.Partindo dende o Val Miñor lévannos atravesando distintas cidades, amosándonos os seus aspectos máis interesantes e dándonos a coñecer as súas manifestacións culturais máis típicas, a través de bailes, xogos, etc.

O CARTEIRO SIMPÁTICO VAI CANTAR


O CARTEIRO SIMPÁTICO VAI CANTAR por ceipsobrada

Obra de teatro adaptada polo alumnado do 1º ciclo. Uns carteiros moi simpáticos van repartindo cartas de porta en porta, atopándose en cada casa cunhas persoaxes ben curiosas que rematan cantándolle unha canción ó carteiro acompañados dos teclados da mestra Esperanza.

TEATRO DE TÍTERES: "A NOITE DAS MUDANZAS"

Obra de teatro, adaptación dun conto, interpretada e cantada polo alumnado de educación infantil do ceip de Sobrada no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou no auditorio de Goián o pasado día 27 de maio.

Nas semanas previas á representación da obra "A NOITE DAS MUDANZAS", na que participou todo o alumando de Infantil, os nenos e nenas de 5 anos traballaron moitísimo para que todo o decorado estivera preparado: pintaron, recortaron e fixeron colaxe, debuxaron...e velaquí está o resultado do seu traballo:

PREPARANDO O DECORADO DA OBRA



jueves, 23 de junio de 2011

VIVEIRO VIPLAN


Xusto ó lado do noso cole temos un viveiro chamado Viplan. Fomos a visitalo e aprendemos o mantemento das prantas, e as tarefas que desenvolven as persoas que alí traballan.

CONFERENCIA MEDIOS DE TRANSPORTE



CONFERENCIA E.VIAL - presentacion imagenes


Os nenos e nenas de 2º, traballamos investigando sobre os medio de transporte en tres equipos: os de terra, os acuáticos e os aéreos. A información a obtivemos consultando nos libros da biblioteca, en internet e vendo DVDs, sobre este tema. Cando rematamos a investigación fixemos uns murais. Con eles, lles explicamos ós nenos e nenas de 1º o que aprendimos dos medios de transporte.

VISITA Ó CONCELLO


O alumnado do 1º ciclo visitamos o noso concello, estivemos coa alcaldesa e coñecemos as distintas dependencias e o seu funcionamento.
Tamén estivemos na praza de abastos, na oficina de correos, na OMIX e na policía local, aprendendo algo máis destes oficios.

VERMES DE SEDA



VERMES DE SEDA - presentacion imagenes
No 1º ciclo e en E infantil lavamos a cabo un traballo de coidado de vermes de seda.Tivemos que ocuparnos de darlles follas de moreira que collíamos no patio e traíamos da casa.Comprobamos como medraban e facían o casulo. Foi increible¡¡ .Cando xa todos o tiñan feito, viñeron a recollelos ós responsables do proxecto "enRedando artesanía na escola"

miércoles, 22 de junio de 2011

5ª receita: BISCOITO DE LARANXA E CHOCOLATE

Para celebrar o remate do taller de cociña durante este curso, decimos facer un BISCOITO moi rico no que empleamos os seguintes ingredientes: azucre, aceite, zume de laranxa, fariña, levadura e chocolate.





Mesturamos 9 culleradas de azucre con outras 9 de aceite nun bol grande, engadimos 2 vasos de zume de laranxa e outros 2 de fariña e por último 2 sobres de levadura. Mesturamos todo moi ben coa axuda dunha varilla. A continuación, engraxamos cun pouco de aceite un molde para forno, incorporamos a mestura e botamos perlitas de chocolate. E para rematar, precalentamos o forno a 180º durante uns 10 minutos e enfornamos o biscoito uns 20-30 minutos (depende do forno).

martes, 21 de junio de 2011

SAÍDA BAIONA 2º CICLO

A última das saídas do 2º ciclo discurriu por terras de Tomiño e Baiona. En Tomiño visitamos os petroglifos prehistóricos do Monte Tetón poidendo observar de preto os espectaculares aneis concentricos os maiores de Europa, continuamos camiño a Baiona onde nos esperaba a visita a carabela Pinta convertida en museo descubremento de America. Logo tiñamos pensado visitar o casco urbán de Baiona e rematar na praia pero lamentablemente a nosa excursión foi interrumpida polo mal tempo e tivemos que regresar antes do contado.

TURONIA 2011

Esta actividade de carácter cultural, físico e de convivencia desenvólvese no entorno do noso concello onde o alumnado de 6º en convivencia con nenos e nenas de 6º dos colexios de Pedro Caselles, Barrantes e Tebra, fixeron unha ruta de senderismo na que poideron apreciar diversas manifestacións culturais así como poñer en práctica coñecementos e apreciar a natureza.

Tamén fixemos unha acampada no pavillón do Ceip de Barrantes, alí pasamos a noite, xogamos, observamos as estrelas e dormir.. dormimos un chisco. Ó día seguinte esperábanos un largo camiño ata chegar o mais esperado, o paseo en piragua.
Despedimos o Turonia cansos pero cunha sensación agradable de convivencia, e de ter a oportunidade de vivilo.

O alumnado do cole preparou este vídeo, onde se aprecia o ben que o pasamos. hai algúns fallos motivados polas presas de fin de curso, discupade e disfrutádeo.



turonia 2011 from ceip sobrada on Vimeo.

miércoles, 15 de junio de 2011

XORNAL DO CERTAME LITERARIO

Aquí tedes o xornal do VIII CERTAME LITERARIO. Nel aparece todo o alumnado que resultou premiado (do noso centro e dos centros do concello participantes) así como as súas creacións literarias. Non deixedes de botarlle unha ollada porque non ten desperdicio! A imaxinación e creatividade dos nosos nen@s non ten límite!
Os premios divídense en catro categorías:
NARRACIÓN INDIVIDUAL
NARRACIÓN COLECTIVA
POESÍA INDIVIDUAL
POESÍA COLECTIVA
Tamén tedes o xornal editado e impreso na biblioteca do centro á vosa disposición. A entrega de premios efectuarase o vindeiro día 22 de Xuño na festa de fin de curso.
NORABOA ÓS PREMIADOS!

lunes, 13 de junio de 2011

XOGANDO Ó BEISBOL

O alumnado de 4º e de 5º tivo a ocasión de coñecer máis de preto o beisbol da man de monitores da escola de beisbol Trasnos de Vigo, foi unha primeira toma de contacto moi interesante e divertida da que deixamos unha pequena recompilación nesta presentación das actividades que fixemos.

miércoles, 8 de junio de 2011

OS DO 3º CICLO POR OURENSE E ALLARIZ









O día 31 de maio os alumnos/as do 3º ciclo fomos de excursión a Ourense e Allariz. En Ourense fixemos un percorrido pola cidade visitando as pontes, o casco antigo, a catedral e as Burgas; en Allariz gozamos das paisaxes marabillosas arredor do río e comprobamos a boa conservación da vila.


Pasámolo moi ben.

martes, 7 de junio de 2011

Visita da Policía

CARREIRA DE AMORIN


O pasado domingo 5 de xuño a asociación de veciños de Amorín celebrou a 3 edición da carreira popular de Amorín a que cada vez se suman máis participantes contando tamén coa presencia do recoñecido atleta Akka Essaadaoui vencedor da carreira absoluta, cunha exitosa participación de alumnado do noso centro que quixo estar presente neste evento, e pasar unha fantástica mañá deportiva en familia. Esperamos que continúe por moito tempo este tipo de iniciativas.

lunes, 6 de junio de 2011

ALUMNADO PREMIADO NO CERTAME LITERARIO!

Aquí podedes consultar a relación dos premiados no VIII CERTAME LITERARIO do CEIP DE SOBRADA. Se resultaches premiado, NORABOA!! e se non, non te preocupes!, para o vindeiro curso haberá outra oportunidade para ti!



ALUMNADO PREMIADO DOS CENTROS PARTICIPANTES DO CONCELLO DE TOMIÑO

Nos vindeiros días publicaremos todos os traballos que resultaron premiados no blog do cole e editarase un xornal con todos eles, que estará á vosa disposición na biblioteca do cole.
Os premios entregaranse o día 22 de Xuño, en que rematan as clases.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE!!


BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO

Neste video, o alumnado de 6º de Primaria, narra a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.

TEATRO LUME

SAÍDA AO TEATRO GUYI-GUYI E VISITA AO AEROPORTO




Excursión das nenas e nenos de Infantil a Vigo, onde puideron disfrutar da Obra de Teatro "Guyi-Guyi" e visitar o Porto e o Aeroporto de Vigo.

domingo, 5 de junio de 2011

BICICLETADA

Polo día mundial do medioambiente a planta de Peugeot Citroén de Vigo convocou unha bicicletada na que participaron 1.500 persoas, co obxectivo de que todo o que xenera a empresa poida reutilizarse,intentando eliminar todo tipo de residuos.
No blog de Voz Natura podes atopar máis información sobre o día mundial do medioambiente.

miércoles, 1 de junio de 2011

RAQUEL A CONTACONTOS


Raquel contounos contos a todos os alumnos e alumnas do colexio, axudándose dunhas marionetas de man e dunhas imaxes proxectadas.