domingo, 29 de marzo de 2009

VIVEIRO FORESTAL DE AREAS

O alumnado de 1º e 2º visitaron o Viveiro Forestal de Areas para saber un pouquiño máis das árbores e prantas autóctonas que os rodean.

ANXO MOURE CONTACONTOS

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

miércoles, 25 de marzo de 2009

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


Este é o segundo ano que se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo como unha reacción á elevada incidencia do autismo nos nenos/as de todo o mundo.
Trátase dun trastorno no desenrrolo do cerebro que comeza antes dos tres anos e que deteriora a comunicación e interacción social dos afectados causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

Principais síntomas:

* Déficits na interacción social.
* Problemas serios na linguaxe comunicativa verbal e non verbal.
* Non son capaces de usar xoguetes para xogo simbólico ou imaxinativo.
* Comportamentos repetitivos ou estereotipados.


Este día incentiva a tódolos países membros a tomar as medidas axeitadas para aumenta-la conciencia sobre o autismo na sociedade e a realizar diagnósticos e intervencións precoces.




Ligazóns:
www.madresparacambiarlascosas.blogspot.com
www.hablapormidiceiago.blogspot.com
www.videotecautista.blogspot.com

sábado, 21 de marzo de 2009

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Hoxe é o día mundial do Síndrome de Down. A data non é casual xa que hoxe é o día 21 do mes nº3, que nos lembra a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente Síndrome de Down (técnicamente non tódalas persoas con síndrome de Down teñen tres copias de dito cromosoma, pero sí a maioría). Trátase dunha alteración xenética ocasionada por un cromosoma extra no par 21 de cada célula, o que conleva uns rasgos morfolóxicos característicos e un variable grao de alteración no desenrrolo físico e intelectual.


As causas de tal alteración non son coñecidas pero cunha intervención temperá dende os primeiros meses de vida e cun axeitado e constante labor formativo e traballo pódese lograr unha sustancial mellora da condición física e un maior desenrrolo das capacidades intelectuais, favorecendo unha mellor integración e unha maior calidade de vida. A familia, os entes públicos responsables da súa atención (saúde, educación...) e a sociedade en xeral, debemos poñer todos os recursos, o interese e a actitude necesarios para que poidan converterse en cidadáns coas mesmas obligacións e dereitos ca os demais.
Os nenos, novos e adultos con Síndrome de Down non son diferentes, ainda que compartan características que os identifican. Teñen necesidades, soños e obxectivos igual que os temos nós.

PABLO PINEDA, PRIMER LICENCIADO CON SÍNDROME DE DOWN

Visitar enlace: es.wordpress.com/tag/pablo-pineda

martes, 17 de marzo de 2009

sábado, 14 de marzo de 2009

BELÉN DO LECER

SPORTS & BODY



Traballo realizado polas nenas e nenos de 1º coa súa teacher Lucía.

WITH OUR OWN TWO HANDS


PEACE from Mincas on Vimeo.


Murais feitos polo alumnado do segundo ciclo con motivo do día da paz.
Canción de Ben harper e Jack Johnson.

A MAXIA DO PLANETA

jueves, 12 de marzo de 2009

NADAL EN SOBRADA

AS ORDES DO MECO

NO ENTROIDO...ORELLAS E FILLOAS

CANCIÓN DA MAXIA DO PLANETA

Canción composta integramente polo alumnado do primeiro ciclo.

A MAXIA DE SOBRADA

AZUL, LARANXA,
VERDE E VIOLETA
ESAS SON AS CORES
DA MAXIA DO PLANETA

FLIS-FLI-RIS-FLAS
MAGO TI SERÁS

OS MAGOS DE AUGA
CON MOITA ALEGRÍA
FAN ENCANTAMENTOS
DE NOITE E DE DÍA

FLIS-FLI-RIS-FLAS
MAGO TI SERÁS


OS MAGOS DE LUZ
E A SÚA IMAXINACIÓN
FAN SORRIR Ó MUNDO
CON MOITA EMOCIÓN


FLIS-FLI-RIS-FLAS
MAGO TI SERÁS

VAN POLO MUNDO
OS MAGOS DE TERRA
PARA CONSEGUIR
QUE NON HAXA MÁIS GUERRAS

FLIS-FLI-RIS-FLAS
MAGO TI SERÁS


OS MAGOS DE AIRE
NON PARAN DE VOAR
TANTO POLA TERRA
COMO POLO MAR


FLIS-FLI-RIS-FLAS
MAGO TI SERÁS

miércoles, 11 de marzo de 2009

A MAXIA DE SOBRADA

DÍA DA MULLER


8 DE MARZO
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller. Esta é unha xornada instituida no ano 1910 para conmemora-los esforzos que a muller realiza por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenrolo, e serve para reflexionar sobre a evolución das condicións nas que viven e traballan as mulleres de todo o mundo.

Para traball
ar na aula: "A HISTORIA DE ARTURO E CLEMENTINA"

"Arturo e Clementina son dúas tartarugas novas e namoradas. Clementina ten moitos proxectos para a súa futura vida en común: viaxarán por todas partes e mesmo cumplirá o seu soño de ir a Venecia. Pero os plans de Arturo son moi diferentes. Arturo decidiu que él pescará para os dous mentres Clementina descansa. Clementina abúrrese moito e intenta iniciar unha serie de actividades: aprender a tocar a flauta, pintar, ... pero Arturo desanímaa unha e outra vez e para tela contenta mércalle agasallos sen parar. Clementina carga cada agasallo de Arturo sobre a súa cuncha. Chega un momento no que son tantas as cousas que leva que apenas pode moverse. Clementina síntese cada vez máis desgraciada ata que un bo día decide saír do seu caparazón e dar unha volta. Ó principio os seus paseos son curtos, pois non quere que Arturo sospeite, pero pouco a pouco vanse alongando. Un día Clementina non volta á casa. Arturo, ó darse conta enfádase moito e pensa que Clementina é unha desagradecida. Arturo nunca chegará a entender a razón da partida de Clementina.
As tartarugas viven moitísimos anos e é posible que Clementina siga viaxando feliz polo mundo. É posible que toque a flauta e faga fermosas acuarelas de plantas e flores. Se atopas unha tartaruga sen casa, intenta chamala: ¡Clementina!, ¡Clementina! E se che contesta, seguro que é ela".

PASARELA DE GUAPOS/AS EN SOBRADA

UNS CANTOS DÁLMATAS E MOITAS CRUELLAS

Este ano os nenos e nenas de infantil disfrazáronse de dálmatas e as súas profes da malvada Cruella de Vil. A creación do disfraz levou tempo pero tamén levou moito tempo vestilo o día da festa, tanto é así que...chegamos tarde!!! Se non fose pola axuda recibida...Por iso MOITÍSIMAS GRAZAS as profes Heidy, Carmen Mª e Carolina que, como se pode apreciar nas fotos, traballaron a reo para axudar a vestir e maquillar ós pequenos.

MMMMMM...QUÉ RICA ENSALADA!!


INFANTIL NO MONTE ALOIA

PASÁNDOO PIPA!!