domingo, 17 de febrero de 2013

DESFILE E ACTUACIÓNS DE ENTROIDO

A continuación, deixámosvos cos videos do FESTIVAL DE ENTROIDO que tivo lugar no patio do colexio de Sobrada o pasado venres 8 de febreiro. O desfile de comparsas no que participou todo o cole lucindo o seu disfrace, as marabillosas actuacións coas que nos deleitou cada ciclo e a queima do Meco. Se non puideches asistir, agora tes a oportunidade de poder velo! Fixérono xenial!

 DESFILE DE COMPARSAS:                                                                
DESFILE ENTROIDO from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL:
ACTUACION INFANTIL ENTROIDO 2013 from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 1º CICLO:
ACTUACION 1º CICLO ENTROIDO 2013 from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 2º CICLO:
ACTUACION 2º CICLO ENTROIDO 2013 from csobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN 3º CICLO:
ACTUACION 3º CICLO ENTROIDO 2013 from csobrada on Vimeo.

QUEIMA DO MECO
QUEIMA DO MECO from csobrada on Vimeo.

viernes, 15 de febrero de 2013

E non nos esquenzamos do Filloeiro... mmmmm

Que sorte tivemos de que o día anterior ao entroido nos visitou un filloeiro estupendo.
 

Aos alumnos de quinto parecéronnos deliciosas, e a vos?
filloas from ceip sobrada on Vimeo.
E a nós os de Infantil tamén nos pareceron espectaculares.

jueves, 7 de febrero de 2013

FESTIVAL DE ENTROIDO EN SOBRADA!

Mañá é o día!! Por fin chegou o DESFILE DE ENTROIDO DO NOSO COLE! Levamos moitos días preparando o noso disfrace para pasar unha marabillosa xornada de diversión carnavalesca!! Non volo podedes perder!!! Agradecer , por suposto, os deliciosos postres típicos que aportarán mañá as familias para a festa. Será un día sensacional! Viva o ENTROIDO!!

E aquí está o traballo dos rapaces e rapazas do 3º Ciclo, con todos vostedes: CANTAS GANGAS HAI !!!
Aqui poderás ver fotos

miércoles, 6 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ, XOVES...

Hoxe, o noso Meco deunos a súa derradeira orde por este ano! Imos botalo de menos porque, coa súa presenza, estamos vivindo unha semana de entroido moi divertida! Para mañá estade moi atentos á súa petición:

A ver que calcetíns máis chulos traedes!!

martes, 5 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ O MECO MANDA...



Así que vémonos mañá cun bonito antifaz de entroido!!!

lunes, 4 de febrero de 2013

LISTA DE PREMIADOS NO X CERTAME LITERARIO

Aquí tedes as listas cos gañadores e gañadoras por ciclos. Noraboa a todo@s!
Grazas a tod@s @s nen@s que participáchedes!

                                        
                                                                                                                                                                                                               

O MECO SEGUE A DAR ORDES!


Este MECO churrusqueiro, quere poñer ao colexio en forma. Mañá pantalón curto e cinta de deporte na cabeza!

viernes, 1 de febrero de 2013

CHEGOU O MECO A SOBRADA!

Como cada ano por estas datas de Entroido, apareceu o MECO no noso cole! Todo o alumnado estaba ilusionado coa súa aparición. Lembremos que este personaxe representativo do Entroido é moi particular e ordéanos vir cada día da vindeira semana disfrazados con algún elemento, prenda de roupa, maquillaxe...o que se lle antolle! Aquí tedes a ORDE DO MECO PARA O LUNS:
 
Así que xa sabedes, o LUNS temos que vir todos cun BABEIRO!