domingo, 27 de octubre de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Xa queda pouquiño para a noite máxica do SAMAÍN! Que medo imos pasar! Moito coidado cos monstruos, bruxas piruxas, morcegos e malos espíritos! Para prepararnos para a escalofriante noite do 31 de outubro, aquí vos deixamos algúns videos, contos, e xogos sobre o tema. A divertirse!

XOGA A FORMAR PARELLAS (fai clic na imaxe)

CREA MONSTRUOS (fai clic na imaxe)

PINTA UNHA CABAZA (fai clic na imaxe)

domingo, 20 de octubre de 2013

CARICATURA DOS ROLES DE XÉNERO

Non deixedes de ver este video... Sen dúbida para reflexionar!

viernes, 18 de octubre de 2013

AS NENAS TERÁN O SEU SITIO!

Unha interesante iniciativa das escolas de Euskalerría con respecto ao uso discriminatorio que se fai dos espazos no patio de recreo. No noso cole tamén intentamos mudar algunhas prácticas no patio: evitando que o fútbol este presente todos os días e procurando que xoguen tanto nenos como nenas; facendo un uso rotatorio dos campos por parte dos ciclos; propoñendo en moitas ocasións distintas propostas de xogo nas que poidan participar, xogos populares, etc.

Fai clic na seguinte imaxe para acceder á noticia: