jueves, 27 de junio de 2013

ACTIONS SONG


ACTIONS SONG from ceip sobrada on Vimeo.
Canción interpretada polo alumnado de 4º na área de inglés.

jueves, 20 de junio de 2013

MATRÍCULA CURSO 2013-2014

Do 20 ó 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico 2013-2014.
Podedes recoller os impresos de matrícula no propio centro, ou ben descargalos nos seguintes enlaces:

Documento 3

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Impreso de solicitude cuberto ( documentos 1-2 e 3 citados anteriormente )
  • Certificado de empadroamento.
  • Presentación do libro de familia e fotocopia da folla na que está inscrito o neno ou nena ( se non se entregou coa solicitude de admisión )
  • DNI do neno/a se o posúe ( se non se entregou na solicitude de admisión )
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
A documentación entregarase na SECRETARÍA do centro en horario de seccretaría ou durante o recreo     ( de 11:30 a 12 h )

HORARIO DE SECRETARÍA: 

  • Luns e martes de 9 a 9:50 h.
  • Xoves e venres de 13:10 a 14 h.


martes, 18 de junio de 2013

Construimos xogos e xoguetes

O alumnado de 3º  curso demostra toda a súa creatividade no deseño de xoguetes e xogos a partir dunha botella.
Estas foron as súas orixinais creacións.

xgts from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 17 de junio de 2013

Convivencia de Xogos Populares

Os nen@s do 1º ciclo e de infantil xuntos cos nen@s do cole de Amorín, Taborda e Piñeiro tivemos unha xornada de XOGOS POPULARES.
Os nen@s de 2º de Primaria foron os monitores destes xogos. 
Os nen@s de 5 anos e dos dous primeiros do cole foron repartidos en 5 equipos xunto cos nen@s do CRA. Deste xeito, cada equipo foi rotando, en quendas de 10 minutos, nos 5 xogos que disfrutaron: O PANO POR DETRÁS, O PANO, A PETANCA, O TROCO E CHAPAS E O FRESBEE. 
Foi unha xornada moi divertida!

TURONIA 2013


Unha nova edición do Turonia, que despertou grande interese entre o noso alumnado, unha actividade escolar que xa está consolidada, e que trata de dar a coñecer a riqueza natural e paisaxística na nosa terra.
Foron dous días de convivencia, deporte e aprendizaxe no que participaron nenos e nenas de 6º dos colexios de. Barrantes, Pedro Caselles, Tebra e Sobrada. 
Esta actividade non sería posible sen o patrocinio e colaboraración de diversas entidades e persoal polo que dende o Centro queremos agradecer a colaboración ó  Concello de Tomiño, Protección Civil, Comunidades de Montes, Anpa de Sobrada, Supermercado Froiz, pais e nais, profesorado, cociñeiros e a tódalas persoas que colaboraron desinteresadamente para que unha vez máis esta actividade fora un éxito.  
TURONIA 2013 from ceip sobrada on Vimeo.
Este foi o caderno de campo que utilizamos
Aqui podes atopar mais información sobre os lugares polos que pasamos

domingo, 16 de junio de 2013

TALLER DE XOGOS MATEMÁTICOS

Isto foi o que deu de sí o taller de XOGOS MATEMÁTICOS DO 1º CICLO durante o presente curso académico.
As actividades deste taller fundamentáronse na valoración do mundo matemático preciso para o desenvolvemento na vida social.
As actividades realizadas nos distintos talleres foron as seguintes:
  •     Atopar diferencias entre imaxes.
  •     Traballar a numeración cun xogo de mesa chamado “Cóidate” basado no tema transversal deste ano.
  •     Realización de puzles.
  •     Numeración de pares e impares, empregando dados e os dedos das mans.
  •     Realizar construcións con tangran.
  •   Traballar a numeración con ábacos.
  •   Traballar a numeración e as operacións de sumas e restas con baralla española.


GRUPO A from ceip sobrada on Vimeo.

TALLER DE XOGOS MATEMÁTICOS: GRUPO B from csobrada on Vimeo.

TALLER DE XOGOS MATEMÁTICOS: GRUPO C from csobrada on Vimeo.

TALLER DE XOGOS MATEMÁTICOS: GRUPO D from ceip sobrada on Vimeo.

TALLER DE XOGOS MATEMÁTICOS: GRUPO E from csobrada on Vimeo.

sábado, 15 de junio de 2013

XVII XORNADA DE CONVIVENCIA


XVII XORNADA DE CONVIVENCIA from ceip sobrada on Vimeo.

O pasado 1 de xuño a nosa ANPA A Mimosa, celebrou a XVII Xornada de Convivencia. Foi toda unha demostración do aprendido nas actividades extraescolares que se levaron a cabo este curso académico: Debuxo e Pintura, Balonmán, Baile moderno, Patinaxe... Ademais había diferentes actividades lúdicas para os asistentes: Obradoiros de globoflexia, maquillaxe, material de refugallo, xogos como a petanca, a rá, a chave, a corda, aros, zancos, inchables... e como non, o 14º Concurso de biscoitos. Unha tarde chea de actividades en onde todos puidemos disfrutar dunha tarde en familia. Todo rematou cunha merendola para os asistentes.
 PARABÉNS ÓS ORGANIZADORES!!!

viernes, 14 de junio de 2013

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES 2013-2014

Estes son os libros de texto e materiais curriculares que se van a precisar no noso centro o vindeiro curso 2013.2014.
Lembrar que a etapa de Educación Infantil non emprega libros.


Tamén podedes descargar a lista facendo clic en LIBROS.

sábado, 8 de junio de 2013

CHARLA SOBRE FLORES: VISITA DA MAMÁ DE OLGA

O pasado luns os peques de infantil tivemos a sorte de recibir unha charla sobre plantas e flores da man de TERE, a mamá de OLGA de 5 anos! Mostrounos como medran as plantas, as partes de que se compoñen as flores e o proceso de polinización! Pasámolo en grande, aprendimos moitas cousas interesantes e ademais agasallounos cunha flor para cada un! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, TERE, POR ACHEGARNOS AO MUNDO FLORAL DUN XEITO TAN LÚDICO E DIVERTIDO!
CHARLA FLORES MAMÁ OLGA - presentacion imagenes

lunes, 3 de junio de 2013

AXUDAS PARA MATERIAIS CURRICULARES, DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO

No DOG do venres 31 de maio, saiu publicada a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014. 


Facendo clic na imaxe tedes toda a información necesaria.

O prazo para solicitar ditas axudas é do 3 de xuño ó 3 de xullo do 2013.

Podedes descargar o impreso para entregar no centro facendo clic en IMPRESO. 

De todos xeitos,estes impresos están dispoñibles no centro educativo.