viernes, 26 de abril de 2013

Saída ao muíño de Porto (Vilameán) e ao Monte Tetón

Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria fomos de excursión aos muíños de Porto en Vilameán. Alí vimos como funciona un muíño, centrándonos así no PROXECTO DO MILLO, e como os grans de millo se convertían en fariña.
Logo, fomos a pasear e a merendar ao Monte Tetón, onde vimos PETROGLIFOS.
Pasámolo con moita calor pero, divertímonos moito!
Saída 1º ciclo Muíños e Monte Tetón from ceip sobrada on Vimeo.

Campionato provincial de BÁDMINTON en Tomiño

O día 27 de abril terá lugar no Pavillón Municipal de Tomiño o campionato provincial de Bádminton no que participarán os mellores xogadores de toda a provincia, das categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete; tanto femenina coma masculina. Entre eles, van tres nen@s do noso cole que resultaran clasificados. 

ÁNIMO E SORTE PARA TOD@S ELES!

A xornada terá lugar en horario de 10.00 a 20:30 horas e os participantes comerán alí coa comida que lle facilitará a organización.
Tedes máis información na páxina de AGRUDEBAM.

martes, 16 de abril de 2013

SEMANA DA DEGUSTACIÓN DE COMIDAS

Do 19 ao 22 de marzo tivemos a SEMANA DA DEGUSTACIÓN DE COMIDAS no noso cole. Cada ciclo encargábase de preparar para o resto do cole alimentos que no recreo iamos comer. 
Os nen@s de Infantil fixeron IOGUR, que podiamos acompañar de cereais ou froitos secos, os de 1º ciclo BOCATAS DE QUEIXO E MARMELO, os de 2º ciclo ENSALADAS e os de 3º ciclo BROCHETAS DE FROITAS VARIADAS.

TODO TIÑA BOA PINTA E ESTABA RIQUÍSIMO!

AGRADECER AO SUPERMERCADOS FROIZ DE TUI DA RÚA CASAL ABOY POLA SÚA COLABORACIÓN!



DEGUSTACIÓN IOGUR from ceip sobrada on Vimeo.

BOCATAS QUEIXO E MARMELO from ceip sobrada on Vimeo.

SEMANA DEGUSTACIÓN COMIDAS - ENSALADAS - 2º CICLO from ceip sobrada on Vimeo.


BROCHETAS from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 15 de abril de 2013

Comenza o tenis de mesa


O pavillón de Sobrada acollerá unha vez mais a competición de tenis de mesa que se vai a desenvolver durante os días 17 e 24 de abril e o 8 de maio.Poderás seguir os resultados  na páxina da agrupación deportiva do Baixo Miño www.agrudebam.es
Agardamos que se  sexan estas, unhas animadas  xornadas deportivas para todos e todas e ANIMO CAMPIÓNS!

E seguimos a facer deporte! Carreira de San Telmo

O pasado domingo día 7 de abril, celebrouse en Tui a tradicional carreira de San Telmo. O alumnado do centro amosou unha grande deportividade ademáis de tesón e esforzo personal, xa que o día non estaba moi agradable para correr.
Ademáis, nas distintas categorías, quedaron moi ben clasificados, aínda que xa saibamos que o importante é participar e pasalo ben. Vos deixamos unha pequena montaxe coas fotos que tiñamos.
ÁNIMO E ATA OUTRA CARREIRA!
Carreira San Telmo 2013 from Esperanza Vázquez López on Vimeo.
resultados das carreiras 

E para non perder a forma pronto haberá outra carreira na zona, esta vez será en Salceda de Caselas o domingo 6 de maio, aquí atoparedes toda a información.Ó igual que na carreira de San Telmo, o Centro colabora na inscricción. I CARREIRA CONCELLO DE SALCEDA  

miércoles, 10 de abril de 2013

CARREIRA VACACIÓNS EN PAZ

Aquí vos deixamos un video coas fotos da carreira que tivo lugar en febreiro e que como xa dixeramos nunha entrada anterior, o noso cole conseguira recadar 658,14 euros para nen@s saharauis.

CARREIRA SOLIDARIA VACACIÓNS EN PAZ from Agrupación Baixomiño on Vimeo.

domingo, 7 de abril de 2013

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Dende 1948, o Día Mundial da Saúde vense celebrando cada 7 de abril. Todos os anos elíxese para esta xornada un tema de saúde específico a fin de destacar un área prioritaria de interese para a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE (O.M.S.)
Este día brinda unha oportunidade de ámbito mundial para centrar a atención en importantes cuestións de saúde pública que afectan á comunidade internacional.  Durante este día, centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
A saúde debe ser unha compañeira máis no día a día, esa persoa coa que tamén convivimos e á que hai que mimar constantemente. Fundamentalmente porque dela depende a nosa vida. Pero isto, a grande parte das veces, non é así. Por iso, unha vez ao ano, celebrase o Día Mundial da Saúde, para promover conciencias, e cada año cun tema central. Nesta ocasión, o tema é a HIPERTENSIÓN.
A hipertensión, tamén coñecida como a "tensión arterial alta", aumenta o risco de infartos de miocardio, accidentes cerebrovasculares e insuficiencia renal.
 Un de cada tres adultos do mundo padece hipertensión. Esa proporción aumenta coa idade.
Por én, a hipertensión pódese previr e tratar. O risco de padecela pódese reducir:
  • diminuíndo o sal
  • seguindo unha dieta equilibrada
  • evitando o uso nocivo de alcol
  • facendo exercicio con regularidade
  • mantendo un peso saudable
  • evitando o consumo de tabaco.

miércoles, 3 de abril de 2013

MATRÍCULA 2013-2014



Para ver mellor as imaxes facede clic enriba delas.
Se queredes descargar o impreso de admisión podedes facelo facendo clic AQUÍ

martes, 2 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL SOBRE A CONCIENCIA DO AUTISMO

A asamblea xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo", para poñer de relevo a necesidade de axudar a mellorar as condicións de vida dos nenos e adultos que sufren este trastorno.


A nosa ANPA quixo lembrar este día decorando o colexio con globos azuis.
Non deixedes de ver este fermoso conto proposto polo noso equipo de biblioteca e Normalización lingüística.

lunes, 1 de abril de 2013

EDUCACIÓN!!

Invitarvos a ver un vídeo de youtube no que se observa o que fan algúns cativos para poder ir a escola. Un "Dereito" recollido na "Declaración Universal dos Dereitos Humáns" como un DEREITO FUNDAMENTAL de todo individuo.

Como non me deixa cargalo vos deixo o enlace. Titúlase "Os nenos do cable" http://www.youtube.com/watch?v=qfuDTwanjaw

1 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe máis que nunca defendamos unha Educación Pública e de Calidade de tod@s e para tod@s.