domingo, 7 de abril de 2013

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Dende 1948, o Día Mundial da Saúde vense celebrando cada 7 de abril. Todos os anos elíxese para esta xornada un tema de saúde específico a fin de destacar un área prioritaria de interese para a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE (O.M.S.)
Este día brinda unha oportunidade de ámbito mundial para centrar a atención en importantes cuestións de saúde pública que afectan á comunidade internacional.  Durante este día, centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
A saúde debe ser unha compañeira máis no día a día, esa persoa coa que tamén convivimos e á que hai que mimar constantemente. Fundamentalmente porque dela depende a nosa vida. Pero isto, a grande parte das veces, non é así. Por iso, unha vez ao ano, celebrase o Día Mundial da Saúde, para promover conciencias, e cada año cun tema central. Nesta ocasión, o tema é a HIPERTENSIÓN.
A hipertensión, tamén coñecida como a "tensión arterial alta", aumenta o risco de infartos de miocardio, accidentes cerebrovasculares e insuficiencia renal.
 Un de cada tres adultos do mundo padece hipertensión. Esa proporción aumenta coa idade.
Por én, a hipertensión pódese previr e tratar. O risco de padecela pódese reducir:
  • diminuíndo o sal
  • seguindo unha dieta equilibrada
  • evitando o uso nocivo de alcol
  • facendo exercicio con regularidade
  • mantendo un peso saudable
  • evitando o consumo de tabaco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario