viernes, 29 de abril de 2011

III FEIRA DO LIBRO USADO


O vindeiro luns dous de maio inaugúrase a III Edición da Feira do libro usado do noso centro.
Xa sabedes que poderedes mercar libros a prezos realmente simbólicos!!
Esperamos que a afluencia de visitantes siga en aumento como nas edicións anteriores.

martes, 26 de abril de 2011

DA CASA Á ESCOLA

Comezamos o proxecto a partires das nosas casas, traballamos o itinerario, cos sinais de tráfico, os puntos máis relevantes do percorrido, o medio de transporte...e rematamos coa escola, o material, as normas...





VEN COÑECER TOMIÑO

Traballo de investigación realizado polo alumnado de 1º B para coñecer o noso entorno.Grazas a este traballo aprenderon diferentes tipos de localidades, un pouco de xeografía e de historia, os nosos ríos, flora, fauna...






VANDALISMO NO COLEXIO

Xusto antes das vacacións de Semana Santa comezamos a construir un estanque tan bonito como se pode amosar nas fotos...


Pois hoxe, á volta das vacacións atopámonos con isto...



o motor da fonte xa non está!!
É unha mágoa que todos os esforzos realizados polo noso alumnado foran en balde.

lunes, 25 de abril de 2011

INFANTIL BAILA A FANFARRIA

Unha fanfarria é unha peza musical corta de grande forza, interpretada por varias trompetas e outros instrumentos de vento e metal, moitas veces acompañados por instrumentos de percusión.



Trátase dun estilo musical típico da zona este de Europa: Serbia, Rumanía, Turquía... e no taller de cabaret infantil intentamos achegarnos a este tipo de música. Pasámolo en grande e moitos nen@s coincidimos en que é unha música "para volverse tolos", xa que invita ao movemento e á exaltación. Coñecemos a un grande representante da Fanfarria como é: EMIR KUSTURICA e disfrutamos moito coas súas composicións.

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO a nivel internacional. A Orixe do día do libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nesta data naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, é unha data tan simbólica para a literatura universal e foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
O vindeiro Martes, día 26, en que voltamos ás aulas despois das vacacións de Semana Santa, todos os ciclos participaremos en distintas actividades na biblioteca do cole para rendir a nosa particular homenaxe ao LIBRO.




martes, 19 de abril de 2011

4ª receita: PESTIÑOS

Que mellor que nesta Semana Santa para facer un doce típico como son os pestiños... Para facelos so necesitamos 1 vaso de aceite, un vaso de viño branco, 4 vasos de fariña, anís, a cáscara dunha laranxa e dun limón, o zume da laranxa, unha pizca de sal e azucre.





Poñemos a quentar o aceite nunha tixola coa cáscara de laranxa e de limón e unhas gotiñas de anís. Ao mesmo tempo fervemos o vaso de viño branco para evaporarlle o alcol. A continuación botamos nun bol 2 vasos de fariña, o viño branco e o sal, removemos ben. Añadimos outros 2 vasos de fariña e o aceite colado de forma intercalada, e o zume de laranxa. Amasamos todo moi ben e facemos boliñas. Ca axuda das mans extendemos as bolas ata que teñan unha forma mais ou menos ovalada. Despegamos a masa da superficie e unimos 2 dos extremos para dar a forma de lazo propia dos pestiños. Freimos os pestiños nunha tixola con aceite ben quente, deixámolas sobre papel absorbente e botámoslles azucre por enriba.

jueves, 14 de abril de 2011

OBRAS DE ARTE



No taller de plástica os nenos e nenas do 2º ciclo traballamos cunha técnica nova e creamos estes bonitos debuxos. Esperamos que disfrutedes das nosas obras de arte.

miércoles, 13 de abril de 2011

XORNADAS DE VOLEIBOL

O volei logrou congregar no pavillón de Randufe a 8 centros da zona do Baixo Miño cun total de 150 participantes que fan deste deporte, algo menos practicado ca outros mais populares,gañe cada ano mais adeptos e consiga consolidarse no calendario deportivo do centro.
O día 13 de abril remataron as xornadas adicadas a este deporte deixándonos unha moi boa sensación de disfrute. Os resultados acadados foron un 3º posto a medalla de bronce foi para o equipo A e o posto 11º para o equipo B e 14º para o equipo C.



martes, 12 de abril de 2011

MINI PIZZA DE PAN DE MOLDE

No taller de cociña aprendemos a facer unhas riquísimas PIZZAS. Ademais de estar boísimas, resultaron ser unhas auténticas obras de arte.

domingo, 10 de abril de 2011

VIII CERTAME LITERARIO

Aquí vos deixamos as bases para participar no CERTAME LITERARIO 2011 do Ceip de Sobrada. Nel teñen cabida todas as creacións literarias en galego aportadas tanto polo noso alumnado coma o dos centros do concello de Tomiño. Lembramos dende aquí aos pais e nais que tamén poden participar e optar a un premio.
A data límite para a entrega dos traballos é o 13 de Maio.
Animádevos!

sábado, 9 de abril de 2011

1-2-3 ACCIÓN


O alumnado de 2º de primaria asistiu a un taller de cine organizado polo concello de Tomiño e de Vilanova de Cerveira, co gallo da celebración dunha nova edición do festival FIlminho.
Disfrutade do vídeo!

viernes, 8 de abril de 2011

LIGA BÁDMINTON

Remata a liga de bádminton con moi boa sensación en canto a participación e resultados.As finais celebráronse no pavillón de Goian reunindo ós centros participantes de Tomiño e de Tui.De cada categoría clasificaríanse os dous primeiros postos para o provincial de bádminton que se celebraría en As Neves, o noso centro estivo moi ben representado por Miguel Pando.