jueves, 29 de abril de 2010

SAÍDA Á CORUÑA

VISITA A AMORÍN


As nenas e nenos de 5 anos foron á Escola unitaria de Amorín para pasar unha mañá divertidísima cos nenos do Cra de Tomiño.

martes, 27 de abril de 2010

TENIS DE MESA

O tenis de mesa logrou congregar a un gran número de participantes durante tres xornadas aos centros de Tui Nº1 e Nº2,CEIP de Pazos,Colexio Marista, Ceip de Randufe, IES San Paio, IES Francisco Sánchez, CEP Pedro Caselles, CEIP Barrantes, CEIP de GOIAN, CEIP de Sobrada.
Unha actividade moi animada na que os xogadores tamén colaboran como árbritos.Desexamos que continuedes con este entusiasmo que animedes a outros a practicar e participar en este deporte.

ILUSTRACIÓNS DE CONTOS DE FADAS



TRABALLO FEITO POLO ALUMNADO DE ALTERNATIVA DO 1º CICLO, BASADO NA ESCOITA E LECTURA DE CONTOS.
NA SÚA ELABORACIÓN UTILIZOUSE A TÉCNICA DO PASTEL, TÉMPERA E CERA BLANDA.

lunes, 26 de abril de 2010

II FERIA DO LIBRO USADO

ATENCIÓN, ATENCIÓN!
Hoxe comeza a 2ª edición da FERIA DO LIBRO USADO do Ceip de Sobrada. Achegádevos ó noso cole e poderedes mercar fantásticos libros por unha cantidade tan simbólica coma 1 euro ou 50 céntimos.


Non deixedes pasar esta oportunidade!

26 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO

Hoxe, 26 de Abril, celebramos en todo o mundo o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO. Así que fagamos un pouco de silencio e teñamos en conta as molestias que poderiamos causarlle aos nosos veciños e a nós mesmos.
Este día foi instaurado pola liga para o Deficiente Auditivo, en Nova York. O obxectivo é informar e sensibilizar sobre os efectos do ruído na audición, a saúde e a calidade de vida.
As consecuencias que a contaminación acústica provoca na saúde reflíctense tanto a nivel fisiológico como psicolóxico e os efectos destes poden levar á persoa que o padece a sufrir tensión, diminución do rendemento laboral ou alteracións do soño.
Outro dos efectos psicolóxicos da contaminación acústica é a perda de atención, concentración e rendemento. En certos casos as consecuencias será duradeira, por exemplo, os nenos sometidos a altos niveis de ruído durante a súa idade escolar non só aprenden a ler con maior dificultade senón que tamén tenden a alcanzar graos inferiores de dominio da lectura.
Para contrarrestar un ruído excesivo, hai métodos activos e pasivos, e en efecto estes últimos son os máis empregados. As persoas tentan insonorizar as súas vivendas con pantallas acústicas, materiais porosos, soportes antivibratorios, etc.
En calquera caso, nós, podemos contribuír a que diminúa a contaminación acústica. Iso significa evitar producir ruído, por unha banda, pero tamén ser capaces de chamar a atención a quen o provoque de forma innecesaria e excesiva. Hai moitos ruídos que se poderían evitar: golpes fortes de portas, música alta en casa, televisores a todo volume, falar mentres explica o/a mestre/a...

viernes, 23 de abril de 2010

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar cunha rosa ao comprador dun libro.

SE TI LES, ELES LEN



Dende o Ceip de Sobrada quixemos contribuir á celebración deste día tan importante coa realización de actividades relacionadas co fomento da lectura que se levaron a cabo na BIBLIOTECA ó longo de toda a mañá, e que estiveron dirixidas a todo o alumnado do centro.
Xa vos teremos informados do ben que o pasamos no Día do Libro!

jueves, 22 de abril de 2010

22 DE ABRIL: DÍA DA TERRA


Dende o ano 1970 celébrase en todo o mundo o 22 de abril o DÍA DA TERRA. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.




miércoles, 21 de abril de 2010

O MAR



No segundo trimestre, na aula de 4 anos, estivemos investigando cousas sobre o MAR: canta auga hai no noso planeta, a qué sabe o mar, que especies podemos atopar nel, que é a baixamar e a preamar...Tamén falamos da contaminación da auga, os verquidos e catástrofes coma a do petroleiro "PRESTIGE" e a maneira de poder evitalas tomando conciencia da importancia de coidar o noso contorno.

jueves, 15 de abril de 2010

15 DE ABRIL: DÍA DO NEN@


Hoxe, 15 de Abril, celebramos o DÍA DO NEN@ en España. Trátase dun día consagrado á fraternidade e á comprensión entre os nenos e nenas e destinado a actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos nen@s do mundo.
Con todo non se celebra este día en todo o mundo, xa que moitos países teñen unha data distinta.


Pinchade na imaxe para saber máis da historia deste día e dos dereitos dos nen@s.


miércoles, 14 de abril de 2010

5º VISITA PROGAPLANT

Aquí podedes ver algunha das imaxes da saída do alumnado de quinto a un viveiro de Goián.

COLLAGE DE PRIMAVERA

martes, 13 de abril de 2010

MURAL 5º


O alumnado 5º está seleccionando artigos de Voz Natura para por no mural da clase.


lunes, 12 de abril de 2010

AS ÁRBORES DO NOSO ENTORNO

O alumnado do terceiro ciclo elaborou este pequeno libriño de árbores do noso entorno. Os pasos que deron para a súa confección: realización dunha enquisa no seu entorno, selección de 10 árbores da zona, distribución destas por grupos para traballar segundo unha ficha-tipo, exposición por cada grupo da súa árbore ó resto do ciclo e por último a montaxe.



miércoles, 7 de abril de 2010

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE está adicado ao urbanismo e a saúde. A campaña pon de relevo os efectos que ten na saúde humana a vida nas cidades e promove iniciativas para convertelas en lugares máis saudables.
Durante esta semana (do 7 ao 11 de abril de 2010) organizaranse eventos en todo o mundo.

Os obxectivos mundiais da campaña son:

Mil cidades: abrir os espazos públicos á saúde, xa sexa para realizar actividades nos parques, reunións cidadás, campañas de limpeza, ou pechar parte das rúas ao tránsito de vehículos motorizados.

Mil vidas: reunir mil relatos de promotores da saúde urbana que, polas súas iniciativas, teñan un impacto considerable na saúde das súas cidades.

Para ter máis información pincha na imaxe

sábado, 3 de abril de 2010

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de Abril conmemórase por terceiro ano consecutivo o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. Calcúlase que en España unha de cada 150 persoas sofre algún Trastorno do Espectro Autista (TEA). Exprésase de distinta maneira e en distinto grao, por iso en ocasións é moi dificil detectala.
Trátase dunha desorde do desenvolvemento do cerebro, de orixe neurobiolóxico, que deteriora a comunicación e interación social da persoa.
Adóitase identificar durante os 3 primeiros anos de vida e preséntase de moi distintas formas: illamento social, alteracións das habilidades de comunicación verbal e non verbal, desinterese, problemas para afrontar cambios ou a mostra de poucas emocións.
Os expertos afirman que se ten unha idea equivocada do autismo. Crese que son nenos que viven noutro mundo, illados e que non teñen afectividad, pero con traballo comprobouse que son persoas moi receptivas. NON É QUE VIVAN NOUTRO MUNDO, SENÓN QUE TEÑEN DIFICULTADES PARA ENTENDER ESTE.



Dende hai 20 anos as asociacións dedicadas a esta enfermidade, a maioría creadas a partir de familiares e voluntarios, traballan para mellorar a calidade de vida destas persoas.
Blogs que non debedes deixar de visitar: