
A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos,
en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar cunha rosa ao comprador dun libro.

Dende o Ceip de Sobrada quixemos contribuir á celebración deste día tan importante coa realización de actividades relacionadas co fomento da lectura que se levaron a cabo na BIBLIOTECA ó longo de toda a mañá, e que estiveron dirixidas a todo o alumnado do centro.
Xa vos teremos informados do ben que o pasamos no Día do Libro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario