lunes, 19 de mayo de 2014

ACTIVIDADE DE BADMINTON


 
O cole de Sobrada ten unha boa canteira de deportistas, e que estos nenos e nenas dan o mellor en cada unha das competicións nas que participan.
O pasado 10 de maio asistimos a unha competición de bádminton a Ponteareas, logo de clasificarse entre os mellores xogadores da zona Baixo Miño. Desta vez o xogo foi por equipos, 5 xogadores enfrontanse a outros 5 xogadores doutro centro ou clube.
Entre todos conseguiron manter a emoción e a intensidade ata o último dos partidos no que se decidía  o pase a seguinte fase que desta vez escapouse por moi pouquiño.
Noraboa a todos e todas por ese meritorio terceiro posto.

jueves, 15 de mayo de 2014

FROITAS NA ESCOLA


Dentro do Plan Proxecta, chegou ó noso centro o programa solicitado de "Aliménta-T Ben " coa modalidade de "Froita na Escola".

martes, 13 de mayo de 2014

PENÉLOPE

Este é o derradeiro mes do noso PDI. Comezou no mes de outubro con ENFIANDO FIOS, da man dunha  muller que tamen nos falaba de "Penélope" e rematamos no mes de maio a través da poesía de mulleres que reivindicaron esta personaxe da mitoloxía, mostrándonos as suas visións en ENFIANDO CORES.
Xosé Díaz Castro, empapouse da Penélope Rosalía de Castro, da Galicia Penélope.
A Penélope de Xohana Torres é a da reivindicación, a da acción, amosa que Penélope non espera, ela é a dona do seu destino e pasa a acción.
A de Carmen Blanco, prosegue na súa incansable teima de vivir ... PORQUE ESTÁ VIVA E ACTUA!
A de Olga Novo é a da Igualdade. Cos mesmos dereitos O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA  É O DA LIBERDADE.
Que vos parece si facemos un pequeno percorrido?...Vos deixamos uns enlaces por si queredes  investigar un chisco


                                                                                      











O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA É O DA LIBERDADE

lunes, 12 de mayo de 2014

PENÉLOPE, O POEMA MÁIS EMBLEMÁTICO DO POEMARIO "NIMBOS" DE XOSÉ MARÍA CASTRO

Neste vídeo elaborado polo CEP MARCOS DA PORTELA, poderedes comprender mellor o poema "PENÉLOPE". Con música do grupo "Madredeus" e imaxes que describen a perfección as ideas dos distintos versos do autor.