lunes, 28 de marzo de 2011

SALSA, CONGA E SON CUBANO!

Aquí tedes unha mostra máis do ben que bailan os peques de infantil. Esta vez tocou taller de RITMOS LATINOS. Dende a salsa, a bachata e o merengue, pasando polo son cubano, ata as rancheras mexicanas.
Como se moven estes nen@s!

sábado, 26 de marzo de 2011

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS


Continúa aberto o prazo de solicitudes para as actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de sexto de primaria no ano 2011.
As actividades de formación en inglés para o alumnado de sexto de primaria desenvolveranse en centros residenciais da nosa comunidade autónoma no próximo verán.
Levaranse a cabo actividades de formación lúdicas e deportivas que promovan a socialización e aprendizaxe activa do idioma.
Estarán impartidas por profesorado nativo e monitores acreditados en linguas estranxeiras.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 11 de abril do 2011.
Aquí vos deixamos algúns enlaces en onde podedes adquirir máis información:

PÁXINA DA XUNTA

DOG

MÁIS INFORMACIÓN

martes, 22 de marzo de 2011

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de Marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
Esta celebración comezou en 1992 en Río da Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar, fomentar e concienciar ás persoas e ás nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial, realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos, así como á educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.
Coidémola!!!.




Para que chegue á túa casa, a auga fai un longo percorrido. Primeiro de nada, é almacenada nunha represa. De alí, envíase á planta de potabilización, onde se somete aos procesos de cloración (eliminando algas e bacterias), aireación (para eliminar malos sabores e cheiros), sedimentación, filtración (para eliminar o lodo) e unha segunda cloración. Logo, poderosas bombas eléctricas fan circular a auga a través dun complexo sistema de tubaxes. Necesítase moita enerxía e cartos para bombear auga potable as 24 horas do día. Finalmente, a auga que consomes na túa casa, desemboca nunha rede de cloacas, e desta maneira, o ciclo comeza unha e outra vez.

Só o 1% das reservas mundiais de auga está en África, América, Asia, Europa e Oceanía. A primeira vista, a auga presente nos continentes parece abundante, pero en realidade, non o é. As reservas de auga da Terra distribúense así: Océanos e mares (97%), Casquetes polares e glaciares (2%), Augas subterráneas (0,75%), e Ríos e lagos (0,25%).



jueves, 17 de marzo de 2011

PALMERITAS DE HOJALDRE. unha receita para tod@s




INGREDiENTES
- Masa de hojaldre fresca
- Azucre
MODO DE PREPARACION
- Espolvoreamos a superficie de traballo con azucre
- Extendemos a masa para impregnala de azucre.
- Doblamos ata a metade dúas veces espolvoreando azucre de cada vez
- Cortamos anaquiños de 1 cm aproximadamente.
- Metemos ao forno uns 7 minutos a 200 grados centígrados.
Nota.- un vídeo de youtube explica moi ben como se fai esta receita.

ANIMADEVOS E BO PROVEITO!!!!!!!

sábado, 12 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011


Aquí tedes unha pequena mostra das actuacións do Entroido deste ano do noso cole.Está claro que este ano o tema foi a Educación Viaria.

OS TRENS DE INFANTIL


1º CICLO:GLOBOS,FOGUETES E BARCOS

2º CICLO:CICLISTAS,MOTORISTAS E POLICÍAS

DESFILE 3º CICLO

O TRACTOR AMARILLO DE 5º

GALEGO NA LÚA DE 5º

OS AVIADORES DE 6º

OS CAPITÁNS DE NAVÍO DE 6º

jueves, 10 de marzo de 2011

Día de Convivencia

As nenas e nenos do Cole de Sobrada recibimos a visita dos nenos e nenas das Escolas de Amorín, Taborda, Carregal e Piñeiro.

Así pois vos deixamos o vídeo no que poderedes ver o ben que o pasamos neste día de convivencia.

lunes, 7 de marzo de 2011

3ª receita: FILLOAS

Que mellor momento como é o ENTROIDO para preparar unhas ricas filloas?!?!?! Eso foi o que fixemos no taller de cociña cos nenos e nenas de infantil cos seguintes ingredientes: leite, fariña, ovos, sal e azucre.



Primeiro botamos nunha fonte 2 vasos de leite e pouco a pouco fumos añadindo 1 vaso de fariña ao mesmo tempo que íamos batendo ben para que non se formasen grumos. A continuación añadimos 3 ovos e unha pizca de sal, e seguimos batendo. Deixamos reposar a mezcla uns 10 minutos. Pasados eses minutos untamos unha tixola cunhas gotiñas de aceite de oliva e estendímolas cunha servilleta. Botamos un pouco de mezcla na tixola de maneira que quedase unha masa fina e que se fixera polos 2 lados.
Unha vez feitas todas as filloas botámolles por enriba un pouco de azucre e enrolámolas.

(con estas cantidades conseguimos facer unhas 15 filloas máis ou menos)

jueves, 3 de marzo de 2011

VENRES DE ENTROIDO


Aquí tedes o programa do venres de Entroido do noso cole. Parece que vai a ser moi vistoso pola variedade de disfraces que vai haber, todos eles relacionados coa educación viaria. Comezaremos a desfilar sobre as doce da mañá. Esperámosvos!!!

miércoles, 2 de marzo de 2011

PARA O XOVES...



Xa sabedes, para mañá preparade unha gorra de maquinista!


martes, 1 de marzo de 2011

PARA O MÉRCORES...



Este Meco caprichoso, para mañá pídenos traer unha perruca. Pero que guapos imos estar todos disfrazados! Non esquezades a vosa!!