martes, 22 de marzo de 2011

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de Marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA.
Esta celebración comezou en 1992 en Río da Plata (Arxentina),e despois foi adoptada como unha iniciativa mundial polas Nacións Unidas.
O seu obxectivo é informar, fomentar e concienciar ás persoas e ás nacións da importancia e da delicada situación da auga a nivel mundial, realizando campañas e investigacións que axuden ao desenrolo das tecnoloxías para o mellor aproveitamento dos recursos acuíferos, así como á educación para que tódalas persoas aprendamos a coidar a auga.
A auga é vital para a supervivencia do home e todo o planeta terra.
Coidémola!!!.




Para que chegue á túa casa, a auga fai un longo percorrido. Primeiro de nada, é almacenada nunha represa. De alí, envíase á planta de potabilización, onde se somete aos procesos de cloración (eliminando algas e bacterias), aireación (para eliminar malos sabores e cheiros), sedimentación, filtración (para eliminar o lodo) e unha segunda cloración. Logo, poderosas bombas eléctricas fan circular a auga a través dun complexo sistema de tubaxes. Necesítase moita enerxía e cartos para bombear auga potable as 24 horas do día. Finalmente, a auga que consomes na túa casa, desemboca nunha rede de cloacas, e desta maneira, o ciclo comeza unha e outra vez.

Só o 1% das reservas mundiais de auga está en África, América, Asia, Europa e Oceanía. A primeira vista, a auga presente nos continentes parece abundante, pero en realidade, non o é. As reservas de auga da Terra distribúense así: Océanos e mares (97%), Casquetes polares e glaciares (2%), Augas subterráneas (0,75%), e Ríos e lagos (0,25%).



No hay comentarios:

Publicar un comentario