martes, 22 de diciembre de 2020

FELICITACIÓN NADAL

 


Toda a comunidade educativa do Ceip de Sobrada desexamos que teñades moi boas Festas, coidadevos moito e voltamos en xaneiro. Ata o Ano que vén!!

 

 

 


PAPA NOEL VISITA O COLE

Hoxe recibimos unha visita  moi agardada por estas datas, a de  Papá Noel. Foi toda unha sorpresa xa que debido ao coronavirus non contábamos con poder velo este ano,  pero atención,  de forma máxica conectouse virtualmente a través  da pantalla!! foi un momento moi especial, contounos algunhas novas, animounos moito a continuar sendo bos rapaces e tamén poidemos falar un pouco con él. Antes de marchar deixounos un pequeno agasallo agochado detrás da porta.

Ata pronto Papá Nöel!!

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Este ano no cole, como ven sendo tradición polo Nadal, celebramos un concurso de postais entre o alumnado, baixo o lema "Aulas compartidas, abre a túa xanela". Despois dunha difícil escolla resultaron seleccionadas as seguintes postais:

BRAIS 6º

XAVI 4ºB
SOFÍA 2ºA

VALERIA 5 ANOS

Con elas elaboramos a Felicitación de Nadal de parte da ANPA e do profesorado para toda a comunidade educativa. 

viernes, 18 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DE INVERNO

 Como neste curso as familias non podedes entrar no colexio de xeito ordinario, publicamos aquí esta visita virtual da exposición de inverno, realizada coas maquetas aportadas polas familias e das postais feitas polo alumnado do colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración e... BO NADAL!!!


jueves, 17 de diciembre de 2020

PIÑAS DE NADAL

Sabedes que na árbore de nadal do Concello hai adornos feitos por nós? mirade que ben nos quedaron as piñas de nadal! Que curriñas!

ARTE PIXELADO

Tranquilidade!! no necesitas facerlle unha visita ao oculista, o que estades a ver son os nosos incribles traballos do obradoiro de arte. Collemos algúns dos nosos debuxos preferidos e fixémolles una pequeña transformación, aprendendo a pixelalos. E velaquí o resultado!!

OBRADOIRO PLÁSTICA. TEXTURAS E BODEGÓNS

Buscando na nosa contorna descubrimos texturas chulísimas para as nosas creacións. Tamén probamos a realizar bodegóns; un deseñaba e os demais plasmaban o que vían, que curioso que partindo do mesmo modelo os resultados sexan tan variados, non creedes?

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA.

Si hay algo que tienen en común todos los niños del mundo, sin excepción, son sus derechos. Hayan nacido donde hayan nacido, tengan el color de piel que tengan y sea cual sea su condición económica o sexual, todos los niños del mundo tienen los mismos derechos (UNICEF).

jueves, 10 de diciembre de 2020

FESTEXAMOS SANMAÍN

 



O día 30 de outubro na escola foi terrorífico!

Disfrazámonos de esqueletos, vampiros, bruxas, demos, zombies...que medo pasamos!

Ademais fixemos manualidades con papel e cartolinas (caretas e  unha bruxiña chulísima con vasoira).

Vimos a película de Coco e comimos palomitas nas nosas cestas de papel con forma de cabaza.


PASÁMOLO DE MEDOOOOOOO!!

 1ºA





1ºB