miércoles, 28 de junio de 2017

LIBROS DE TEXTO 2017/2018

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2017-2018

EDUCACIÓN INFANTILSen libros

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º de PRIMARIA:

  • MATEMÁTICAS 1 “Aprender es crecer” (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-6503-5

  • MÚSICA: “MELODÍA 1” ( Galego ). Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-222-0


  • RELIXIÓN CATÓLICA 1 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7604-8


2º de PRIMARIA:

  • MATEMÁTICAS 2 “Aprender es crecer” (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-7422-8

  • MÚSICA: “MELODÍA 2” ( Galego ). Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-238-1


  • RELIXIÓN CATÓLICA 2 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7606-2



RESTO DOS CURSOS: SEN LIBROS

lunes, 26 de junio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

VIDEO FIN DE CURSO

PROXECTO TOMIÑO NO CAMIÑO.VISITAMOS SANTIAGO

A finais do terceiro trimestre tal e como estaba programado correspondiá facer a última das etapas deste gran proxecto común entre os dous centros. Viaxamos ata Santiago de Compostela, paseamos polas antigas rúas e prazas empedradas que rodean a Catedral, polos seus soportales e fontes.Gozamos descubrindo gárgolas e interpretando a linguaxe dos escudos, os símbolos do camiño e posiblemente como aqueles antigos peregrinos quedamos maravillados pola grandeza e esplendor da Catedral.

PROXECTO TOMIÑO NO CAMIÑO.VISITA Ó COLEXIO ALUMNADO DE GOIÁN

A finais do segundo trimeste agardábanos o segundo tramo do Camiño de Santiago, previamente recibimos aos nosos compañeiros de proxecto do colexio de Goián, desta vez tocoulles a eles visitar as nosas exposicións relacionadas co camiño, os mais maiores ensinaron como obter información empregando o código QR , e os máis pequenos, non menos modernos empregaron robótica para ensinar a ruta que nos agardaba na xornada. Despois de degustar a bica do peregrino retomamos o camiño en Hospital chegando ata o Monte Tetón, no límite do Concello de Tomiño.

TURONIA 2017

viernes, 23 de junio de 2017

XOGOS POPULARES 2017

Unha boa despedida do curso escolar é facelo xogando cos nosos compañeiros,  e esto foi posible gracias  ó esforzo, coordinación  e paciencia do alumnado de sexto curso, que ano tras ano dan o mellor deles para que o pasemos ben. Rematamos a xornada cunha merendola aportada polas  familias.
Moitas gracias a todos e todas!!!

ETWINNING

O noso centro participou neste curso no proxecto europeo ETWINNING. Trátase dun proxecto colaborativo entre varios colexios europeos, no que dende a área de inglés tratamos de darlle un sentido máis significativo e motivador no emprego da lingua estranxeira. 
Colaboramos cos proxectos "My town" e "Me and my country" cos seguintes colexios:
  • Scoala Gimnaziala Nr.3 Lugoj, Rumania.
  • Skola Podstawowa im. Króla Zygmunta Augusta w Wasilkowie, Polonia.
  • Arkarasi Likokulu, Turquía.
  • Colegio Madre María Rosa Molas, España.
  • Colegiul Tehnic de Transport Ferroviar Anghel Saligny, Rumanía.
  • Edirne Bahcesehir Koleji, Turquía.
  • ICS P. Mattej di Formia, Italia.
  • Ozel Corlu Bahcesehir Orta Okulu, Turquía.
  • Özel GOP Sefkat Likögretim Okulu, Turquía.

Estes foron algúns dos traballos elaborados polo noso alumnado.


PROFIT IN PEACE



Playback grabado polo alumnado de 6º pola conmemoración do día da Paz.

martes, 20 de junio de 2017

AITOR E OSCAR NOVOS CAMPIÓNS DE LIGA


Felicitamos ós nosos compañeiros do cole, Aitor e Óscar que o  pasado venres 9 de xuño proclamáronse gañadores da
Copa da Deputación de Pontevedra  e da Liga na categoría alevín de fútbol base.
Os dous levan xa algúns anos xogando ó fútbol e nesta tempada  a liga foilles moi ben, adestraron moi duro dous días a semana co seu equipo Tomiñes de "A.D. Tomiño".


Aitor como bo dianteiro encaixou dous goles moi importantes na semifinal e na final.
 
                           Noraboa polos vosos éxitos!!!



jueves, 15 de junio de 2017

DEPORTE ARTISTICO SOBRE RODAS



Chamome Laura, gústame moito patinar e por iso animeime a  entrenar nun club de patinaxe artística. O meu club chámase RIBEX  con eles aprendo e me divirto   moito,  ademais este ano probei  unha modalidade que se chama SHOW e xa conseguín algúns trofeos: 
  1. En  Redondela subindo acadando o 2º posto.
  2.  En Mos  1º posto.
  3.  Na Coruña subindo ó 2º posto
Na foto levo colgada a medalla que logrei na Coruña, unha recompensa a sesións de entrenamento durante todo o curso, fíxome moita ilusión. Invítovos a participar neste deporte porque é moi bonito, poñeredes o corpo en forma e  o pasaredes xenial co voso equipo.
A continuación vos deixo  un video dun show do meu clube, e do meu grupo, a ver se me atopades..

Vídeo actuación  grupo Ribex Pereza. Pavillón de Riazor A Coruña             video actuación club Ribex