miércoles, 28 de noviembre de 2018

lunes, 26 de noviembre de 2018

FRUTOS DO OUTONO 5 ANOS

NA AULA DE 5 ANOS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE SENTIDOS COS FRUTOS DO OUTONO: TOCÁMOLOS, OLÉMOLOS, SABOREÁMOLOS, VÍMOLOS, NOMEÁMOLOS E FIXEMOS UN XOGO DE ADIVIÑAR. EN DEFINITIVA, PASÁMOLO XENIAL. GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

PINTAMOS AS UÑAS

GRACIAS A MAMÁ DE NAIRA E DE CARLA DA SILVA OS NENOS DE 5 ANOS PINTAMOS AS UÑAS E PASAMOS UNHA XORNADA MOI DIVETIDA, DENDE AQUÍ MOITAS GRACIAS.

jueves, 22 de noviembre de 2018

MAGOSTO

O pasado martes 13 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto. Aproveitamos o bo clima do día para realizar roteiros preto do centro, a volta degustamos as riquisimas castañas recen asadas. Xuntámonos grandes e pequenos, compartimos momentos e gozamos de diversos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

APLAZADO CAMPO A TRAVÉS DO ROSAL

Informamos de que o cross escolar que estaba anunciado para o día 24 de novembro, queda aprazado en previsión da mala climatoloxía que se espera para este día. Comunicaremos a través do alumnado a nova data na que se celebrará este cross.

O vindeiro sábado celebraremos outra proba de cross desta vez participarán as categorías benxamíns nenos nados no ano 2010 ata a categoría cadete nenos/as nados no ano 2005. Será en Tabagón  a ubicación do circuito poderedela atopar na seguinte direción web de agrudebam


CAMPO A TRAVÉS DE GUILLAREI

O pasado 16 de novembro participamos na primeira edición de campo a través por equipos  nos niveis de 2º e 3º de primaria.
Guillarei foi o escenario que acolleu ós escolares de Tomiño, Tui e Salceda.
Pola implicación dos nenos e nenas do cole a experiencia foi moi positiva; todos correron con gañas para axudar  co seu posto a súa clase e  chegaron moi ben situados!. Pronto poderemos consultar as clasificacións finais na páxina  web agrudebam.

                VIDEO (agrudebam)   FOTOS ( agrudebam)


sábado, 17 de noviembre de 2018

A ANPA PINTA O MURO DO COLEXIO

As nais e pais do alumnado co Centro colaboraron no pintado do muro do colexio no seu tempo libre. Moitas grazas a tod@s.

viernes, 9 de noviembre de 2018

10 de novembro: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.

As Nacións Unidas designaron este día, para promover que os cidadáns e as cidadás estén informados sobre os avances científicos, creando sociedades máis sostibles, ao tempo que favorece a comprensión sobre a fraxilidade do planeta no que vivimos.

A ciencia, un dereito humano.
 
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos  de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.

OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.

Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.


Para saber máis deste día     

jueves, 8 de noviembre de 2018

CAMPAMENTO STEM: VIVA A CIENCIA

No colexio estamos moi felices porque os nosos "pequenos-grandes do cole"...OS NENOS E NENAS DE 6º! Están en Santiago de Compostela nun campamento de CIENCIA E TECNOLOXÍA. Está a ser unha grande experiencia para eles e, cando regresen, para nós. Poderán amosarnos todos os coñecementos e habilidades que están a adquirir. UNHA PASADA!

Onte unha das nenas, Natalia, escribíunos unha mensaxe moi fermosa, na que explica con grande emoción o que están a facer. Moitas grazas!


"El Lunes aprendimos que era la terraformación e hicimos un microscopio y una casa espacial de botellas y piezas 3D.

El martes diseñamos piezas 3D para un cohete que lanzaremos el viernes y nos darán insignias. Por la tarde hicimos un traje espacial.

Hoy miércoles hicimos electrónica, circuitos eléctricos con plastilina conductiva hecha por nosotros y la que se compra. También soldamos.

Ahora por la tarde vamos de excursión a un museo, aunque yo soy la segunda porque hay unos grupos que se llaman Valentina Tereshkova y Cecilia Payne que van primeros y después vamos Hipatia y Mae Jamison.

Nos lo estamos pasando genial.

CHAO SALUDOS DE TODOS SE DESPIDE NATALIA. "

TERRAFORMACIÓN

DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D
 

SOLDADURA


MUSEO

lunes, 5 de noviembre de 2018

CABAZAS DE SAMAÍN

NA AULA DE 5 ANOS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS CABAZAS POR EQUIPOS DE MORCEGO. MIRADE QUE CHULAS QUEDARON.